Decreto 29/2006, do 16 de febreiro, polo que se suspende a vixencia das normas subsidiarias de planeamento municipal de Sada e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento. - Diario Oficial de Galicia, de 23-02-2006

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 38
  • Fecha de Publicación: 23/02/2006
  • Este documento NO tiene versiones

1. No termo municipal de Sada o instrumento de planeamento urbanístico actualmente vixente son as normas subsidiarias de planeamento municipal, aprobadas definitivamente polo Pleno da Corporación en sesión do 10 de xaneiro de 1997, que son consecuencia da revisión das anteriores normas subsidiarias de planeamento municipal aprobadas definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña no 21 de febreiro de 1989.

As vixentes normas subsidiarias de planeamento foron elaboradas segundo o establecido na Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da do solo a Galicia, e aprobadas definitivamente polo Concello de Sada en réxime de competencia delegada ao abeiro da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, sendo o titular da competencia a comunidade autónoma segundo o disposto no artigo 27.3º do Estatuto de autonomía de Galicia e a lexislación urbanística autonómica. En exercicio das súas competencias, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, emitiu os informes preceptivos no do 29 de novembro de 1995, antes da aprobación inicial, e nas datas 31 de xullo e 20 de novembro de 1996, antes da aprobación definitiva.

A aprobación definitiva foi publicada no BOP número 26, do 1 de febreiro de 1997, xunto cos tomos de normas urbanísticas I e II, o «catálogo complementario de bens culturais, naturais e paisaxísticos suxeitos a protección» e o «estudo do sistema de núcleos», omitíndose, no entanto, a publicación do tomo correspondente ás normas reguladoras de usos e tramitación.

Segundo consta na certificación do acordo de aprobación definitiva a documentación que integra a «Revisión das normas subsidiarias de planeamento municipal» consta de memoria, estudo do medio rural, proceso de participación pública, anexo de correccións (elaborado para dar cumprimento ao informe autonómico do 31 de xullo de 1996) , normas urbanísticas tomos I e II, normas de uso e tramitación e documentación gráfica.

No texto normativo publicado sinálase expresamente que a aprobación definitiva foi acordada de conformidade co informe favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o que implica que deben entenderse aprobadas coas condicións derivadas dos informes autonómicos.

As normas subsidiarias de 1997 foron obxecto de posteriores modificacións tramitadas polo Concello de Sada. Non obstante, non se den cumprimento á condición establecida para a súa entrada en vigor, segundo o disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e o artigo 8 d) da Lei 7/1995, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, entón vixentes.

2. As normas subsidiarias de planeamento de 1997 manteñen o modelo de asentamento da poboación das anteriores normas subsidiarias de planeamento de 1989, que se estrutura nun único núcleo urbano constituído pola vila de Sada-Fontán (con 2.811 vivendas) e 52 núcleos rurais con 2.209 vivendas e unha media de 42 vivendas por núcleo.

Dentro da delimitación do solo urbano de Sada-Fontán incluíronse os tecidos históricos de ambos os dous núcleos, os terreos comprendidos entre ambos, os núcleos rurais de Riovao, Pazos e Sada de Arriba e outros terreos próximos. No entanto, na clasificación de solo urbano foron incluídos ámbitos que non reúnen os requisitos legalmente establecidos no artigo 10 do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana de 1992, entón vixente, nin no artigo 11 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, que non están integrados na trama urbana existente, non dispoñen dos servizos urbanísticos adecuados para servir á edificación existente e á permitida polo planeamento ou, dispondo dalgún deles, nin están comprendidos en áreas ocupadas pola edificación, como mínimo nas dúas terceiras partes dos espazos aptos para ela, segundo a ordenación establecida nas normas subsidiarias; este é o caso dos terreos situados ao noroeste de Fontán, respecto dos cales nos informes autonómicos do 31 de xullo e 20 de novembro de 1996 xa se sinalaba a improcedencia da súa clasificación, así como aqueles ámbitos que as anteriores normas subsidiarias de 1989 clasificaban como solo apto para urbanizar e foron reclasificados en urbanos sen a previa transformación urbanística mediante a aprobación e execución do preceptivo plan parcial.

Asemade, as vixentes normas subsidiarias non distinguen entre o solo urbano consolidado e o non consolidado e unha parte significativa dos terreos que se clasificaron como solo urbano non reúnen as condicións establecidas no artigo 12 a) da Lei 9/2002; no réxime do solo urbano non consolidado deben incluírse non só os ámbitos das unidades de execución delimitadas, senón tamén os terreos en que son necesarias obras de urbanización ou actuacións de reforma interior ou renovación urbana, ou obtención de novas dotacións urbanísticas ou xusta distribución de cargas e beneficios entre os propietarios, os ámbitos sobre os cales o planeamento urbanístico ten prevista unha ordenación substancialmente diferente da realmente preexistente e os ámbitos en que a ordenación detallada se realice mediante plan especial de reforma interior ou mediante estudo de detalle.

En todo caso, a ordenación urbanística establecida nas normas subsidiarias de planeamento de 1997 implicou o aumento da superficie de solo urbano e o desmesurado crecemento dos núcleos rurais, así como o incremento xeneralizado da densidade e da edificabilidade residencial respecto da existente, con edificabilidades en unidades de execución delimitadas que chegan ata os 3,76 m 2 /m 2 , moi superior aos límites de sustentabilidade establecidos no artigo 46 da Lei 9/2002, do 30 de decembro. Como consecuencia desta ordenación e da interpretación e aplicación que dela fai o Concello de Sada, a capacidade máxima residencial permitirá multiplicar por dez o número de vivendas existentes no termo municipal.

Este aumento da edificabilidade contrasta coa imprevisión ou insuficiencia das infraestruturas, zonas verdes e equipamentos públicos para atender adecuadamente as necesidades que derivan da capacidade residencial resultante do plan, que están moi por baixo dos estándares mínimos de calidade de vida e cohesión social establecidos no artigo 47 da Lei 9/2002, e coa ausencia de previsións de solo cualificado para atender as demandas de vivenda suxeita a algún réxime de protección pública (artigo 55.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro) .

E así, aínda que o paseo marítimo constitúe unha importante zona verde, o conxunto dos espazos destinados a zonas verdes nas normas subsidiarias de planeamento non cumpren a reserva mínima legalmente establecida e, en numerosos casos, son zonas marxinais ou residuais que, polas súas reducidas dimensións ou polo forte desnivel dos terreos, non cumpren a súa función de áreas de recreo, descanso e expansión da poboación.

Esta insuficiencia foi agravada pola xestión urbanística municipal que está a aplicar o réxime do solo urbano consolidado a terreos que non reúnen as condicións legalmente establecidas, outorga licenzas para edificar no ámbito dos núcleos que superaron os indicadores para a redacción do plan especial de protección, rehabilitación e mellora do medio rural e, incluso, desafectou varios espazos previstos para dotacións públicas.

Asemade, debe terse en conta que xa transcorreron amplamente os prazos establecidos no artigo 7 das normas subsidiarias de planeamento municipal para a execución do planeamento e para edificar en solo urbano e en solo apto para urbanizar.

3. De conformidade coa Lei 11/1985, de adaptación da do solo a Galicia, as vixentes normas subsidiarias de planeamento de 1997 delimitan o ámbito dos núcleos rurais de poboación e, dentro do seu perímetro, diferencian entre o solo urbano-que comprende os ámbitos regulados polas ordenanzas 9 (de edificación agrupada) , 10 (de edificación extensiva) e 11 (de núcleo de poboación de recente creación) -, e o solo non urbanizable que se regula pola ordenanza 12 (de núcleos rurais tradicionais) . Os núcleos delimitados son os mesmos núcleos rurais tradicionais preexistentes das normas subsidiarias de 1989, que se amplían apoiándose nos principais corredores do municipio.

No entanto, algunhas determinacións das ordenanzas 9, 10 e 11 non son congruentes coa natureza e tipoloxía características propias dos núcleos rurais e están a producir efectos indesexables que é urxente atallar.

Así, no artigo 33 da normativa publicada establécese que o uso principal é o residencial de vivenda familiar, nas súas categorías 1ª a) , b) e 2ª; pero a regulación destas categorías non se contén na normativa publicada senón na regulación de usos e tramitación que nunca foi publicada. En concreto, a regulación do uso residencial en categoría 2ª implica a introdución da tipoloxía de edificación colectiva de vivendas en pisos que resulta incongruente coa natureza e características propias dos asentamentos rurais e coa memoria das normas subsidiarias vixentes en que se sinala expresamente que «... o crecemento experimentado nas últimas décadas non danou as características ambientais do municipio, por ser un crecemento de baixa densidade en vivendas unifamiliares illadas que se adaptan e mimetizan co medio, manifestando unha harmonía exemplar entre o medio físico e o parque inmobiliario».

En efecto, o Concello de Sada, modificando o seu criterio interpretativo anterior, ven considerando que a totalidade dos terreos incluídos na delimitación do solo de núcleo rural, ordenanzas 9, 10 e 11, é solo urbano consolidado de licenza directa, outorgando licenzas para edificacións de tipoloxía urbana (bloques de vivendas colectivas) , de dimensións desproporcionadas en relación coas edificacións existentes na contorna, sen aplicar o resto das determinacións contidas no artigo 33 da normativa urbanística, así; a fronte mínima da parcela, ao permitir a realización de varias vivendas na mesma parcela sen dispoñer cadansúa vivenda da fronte mínima de 10 m; as condicións tipolóxicas e estéticas e as normas de aplicación directa establecidas no artigo 138 do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana de 1992 (invocado expresamente no número 13 do dito artigo 33) , e no artigo 104 da Lei 9/2002, e, así mesmo, as determinacións establecidas para o solo de núcleo rural na Lei 9/2002 vixente, tanto no que atinxe á tipoloxía como ás actuacións prohibidas e, particularmente, ás limitacións aplicables ás áreas de expansión dos núcleos, nas zonas que non acaden a consolidación do 50%, en virtude do disposto no parágrafo 3 da alínea e) do número 1 da súa disposición transitoria primeira, na redacción dada pola Lei 15/2004, nomeadamente a prohibición de facer segregacións ou divisións agás nos supostos previstas no artigo 206.

As referidas contradicións no planeamento e na súa aplicación levan ao grave quebrantamento do modelo de asentamento da poboación establecido no planeamento, en contravención do establecido na Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas seguintes consecuencias:

a) A degradación e desnaturalización dos asentamentos rurais e da súa contorna natural coa aparición de bloques de edificación de tipoloxía urbana entre edificacións de tipoloxía unifamiliar illada que caracterizan o modelo tradicional de asentamento no medio rural de Sada, incumprindo o artigo 104 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

b) A acelerada densificación dos núcleos rurais moi por enriba do límite máximo de 25 vivendas por hectárea establecido no artigo 72 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e no artigo 51 das normas subsidiarias de planeamento municipal.

c) A transformación urbanística dos núcleos rurais en suburbanizacións encravadas no medio rural sen as infraestruturas, zonas verdes e dotacións públicas necesarias para atender as demandas xeradas polas novas actuacións e sen cumprir os estándares de calidade de vida e cohesión social establecidos nos artigos 47 e 72 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

d) A falla de participación da comunidade nas plusvalías xeradas pola actuación urbanística dos entes públicos dado que se elude o cumprimento dos deberes básicos de cesión gratuíta de solo, execución das obras de urbanización e xusta distribución de beneficios e cargas, nos termos establecidos na Lei 6/1998, sobre o réxime do solo e valoracións e na Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

e) A insuficiencia da rede viaria que se apoia fundamentalmente nas estradas autonómicas AC-162, AC-163 e AC-183 e nas estradas provinciais LCP-1802 e LCP-1821 para atender as necesidades da edificación existente e da capacidade edificatoria resultante da ordenación dos núcleos rurais.

4. O borde litoral é o espazo de maior valor e fraxilidade do territorio que está ameazado pola crecente presión urbanística que se exerce sobre el. Hai anos que se transformou na fronte do núcleo urbano de Sada coa realización do recheo do paseo marítimo e coas infraestruturas portuarias. A partir de Fontán a costa cambia de orientación, discorrendo ao longo duns cinco km, caracterizados pola existencia de cantís, con pequenas praias, destacando a presenza do castro marítimo de San Mamede, rematando nas praias de San Pedro e Cirro, na parroquia de Veigue, entre as cales existe o castro marítimo de San Pedro. É unha zona de transición entre as costas baixas do interior da ría e os tramos máis acantilados que a partir de Lorbé inclúense no espazo natural da Costa de Dexo, incluído na Rede Natura 2000. Este tramo de costa está recollido no Catálogo de Bens Naturais, número 2.2 costas e praias, anexo á normativa, e regulado pola ordenanza 17, que ben que na letra estende o seu ámbito ás paraxes escénicas e panorámicas contiguas aos tramos de costa acantilados e bravos, a remisión as delimitacións dos planos restrínxea aos cen metros de extensión mínima da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, representada neles.

Compre sinalar que pese a que desde as normas subsidiarias de 1980 a referida zona de 100 m era inedificable, e que a zona traseira das praias da parroquia de Veigue foi remitida a Plan especial (remisión que se mantén nas actuais PE-2) , nesta zona existen numerosas edificacións que inciden negativamente na conservación e mellora do medio natural, e igualmente constátase a existencia dun número preocupante de edificacións de vivendas unifamiliares na zona entre Carnoedo e Sada, ao interior do douscentos metros de solo rústico de protección de costas.

Os terreos estremeiros co litoral, desde as praias de Morazón e Arnela, agás na zona en que se asoma ao mar o núcleo de Carnoedo, sustentan masas arbóreas que ao chegaren á parroquia de Veigue continúan cara ao interior polos montes de Taibó e O Cercado, que forman unha masa forestal supramunicipal ao estendérense ata a parroquia de Maianca, en Oleiros.

Estes montes configuran a divisoria das augas, que continúa polos altos do Muíño do Vento, Vilar, Castelo e Soñeiro ata a zona do Espírito Santo, nos cales existen importantes zonas forestais, recollidas no catálogo de bens naturais, e que constitúen os montes de cabeceira dos diferentes regatos e ríos que rematan desembocando no espazo natural das Brañas, zona húmida que conta desde o ano 1994 cun Plan especial de protección, que non foi executado.

A execución da ordenación contida nas normas subsidiarias vixentes implica a fragmentación dos espazos agrarios e a alteración das pendentes naturais dos terreos, afectando ás bacías das diferentes canles, a pesar de estaren recollidas, así mesmo, no referido catálogo de bens naturais, e que configuran a bacía hidrográfica dos ríos e regatos que despois de confluíren na zona do Tarabelo e A Chaburra dan lugar á formación do espazo natural das Brañas, que se verían seriamente ameazadas, senón condenadas, á súa desaparición.

Isto ponse de manifesto ao analizar a localización das previsións dos novos desenvolvementos, así:

-SAUR-1, se ben é estremeiro co núcleo de Costa en Soñeiro, está afectado pola zona de policía de canles do rego de Caño, co que estrema, nuns terreos de moi forte pendente, cando no número 2.2 Canles, ribeiras e zonas húmidas se recolle co nº 2 a bacía do regato de Caño.

-SAUR-2 delimítase integramente nunha zona forestal integrada nos Montes entre Castelo e Vilar, recollidos co nº 4 no citado número 2.1. (Clasificado nas NSPM 1989 como solo non urbanizable de protección forestal) .

-SAUR 5 a) sitúase nunha zona baixa no Tarabelo, e inclúe no seu ámbito o río da Fraga, despois da confluencia dos regatos de Ameixeiral-Meirás-Senra e da Ponte co rego de Caño ou de Carril, e as súas bacías están recollidas co nº 3 no número 2.2 Canles, ribeiras e zonas húmidas, e inmediatamente antes do cruzamento coa estrada LCP 1820, a partir da cal comenza o espazo natural das Brañas.

-SAUR-7 delimítase na zona onde se produce a confluencia do regato que discorre ao sur do núcleo de Osedo co rego de Caño ou de Carril, dentro das súas zonas de policía.

-SAUR 9 sitúase nunha zona desligada das vías principais e colindante coas masas arbóreas dos montes de Taibo e O Cercado, recollidos co nº 1 no número 2.1. Zonas forestais e áreas agrestes dentro dos bens naturais, nas proximidades da zona denominada Pedra da Fonte, na cal nace o regato do Ameixeiral (clasificado nas NSPM 1989, na súa maior parte como solo non urbanizable de protección forestal) .

-SAUR-10 está delimitado integramente sobre unha masa forestal incluída nos montes entre Castelo e Soñeiro que estreman co regato que se une en Campo do Sar co rego de Caño, recollidos co nº 3 no referido número 2.1. (clasificado nas NSPM 1989 como solo non urbanizable de protección forestal) .

Mención especial merece o ámbito do SAUR-4 (Porto Infanta) , con plan parcial aprobado definitivamente, ben que foi anulado, xunto coas previsións das propias normas subsidiarias para o dito ámbito, polas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 18 de novembro de 2004 e de 15 de setembro de 2005, por considerar que a ordenación contida nelas non se axusta aos principios de racionalidade da planificación e que incumpre a lexislación urbanística e de protección do litoral ao non harmonizar co medio en que se sitúa, nin xustificarse as razóns para a previsión dos novos crecementos precisamente na zona litoral e con intensidades superiores ao resto dos solos aptos para urbanizar.

O Plan parcial SAU-2, do sector residencial de alta densidade en contacto coas Brañas, a pesar do tempo transcorrido desde a súa aprobación definitiva o 7 de abril de 1994, soamente se executou a unidade de actuación A, e xa transcorreron os prazos establecidos no plan de etapas para a execución das outras dúas unidades de actuación B e C, polo que, en aplicación do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 9/2002, o plan parcial debería ter sido revisado para a súa adaptación íntegra ao disposto nela. Ademais, debe terse en conta que este sector de solo apto para urbanizar de alta densidade está en contacto co ámbito do Plan especial de protección das Brañas (aprobado definitivamente e sen executar) e está a supoñer unha ameaza que pon en perigo a conservación do espazo protexido, no que recentemente se ten feito recheos na zona de contacto co plan parcial e noutras zonas segundo resulta de denuncias e expedientes de disciplina urbanística en tramitación na Dirección Xeral de Urbanismo.

Asemade, a ordenación vixente non garantiu a preservación do patrimonio arquitectónico tradicional e representativo da identidade da zona, como a casa do Sarxento, en Souto da Igrexa, e a casa de Companioni en Riovao, recentemente demolidas, ou a casa con escudo en Sada de Arriba, parcialmente demolida.

No caso de Fontán, núcleo mariñeiro asentado na aba en pendente sobre o porto, formando unha peculiar trama de estreitos rueiros, configurado por un conxunto de edificios de valor típico e tradicional, que motivaron o seu tratamento especial cunha ordenanza específica e un catálogo con fichas particulares das edificacións existentes, a regulación establecida nas normas subsidiarias está a favorecer a desaparición das características singulares que motivaron o seu tratamento especial en contradición coa memoria urbanística e o catálogo con fichas particulares das edificacións existentes.

Se se conxugan os datos anteriores coa desmesurada extensión das delimitación dos solos de núcleo rural, coas insuficiencias das infraestruturas á capacidade prevista na ordenación e co feito da proliferación durante a vixencia das actuais normas subsidiarias de 1997 de edificacións de vivendas unifamiliares no solo rústico, tanto común como protexido, fóra das delimitacións dos núcleos, non cabe senón concluír que, de manter a súa vixencia a actual normativa, existe grave risco de que se produza a completa degradación ambiental do territorio que, de continuar, impedirá acadar o desenvolvemento territorial sustentable.

5. De canto queda exposto despréndese que xunto ás deficiencias materiais observadas na ordenación contida nas normas subsidiarias de planeamento de 1997, e na súa aplicación, coexisten toda unha serie de circunstancias que configuran unha situación de grave inseguridade xurídica para os operadores urbanísticos e para os cidadáns en xeral e, en ocasións, a arbitrariedade na aplicación das normas, entre as cales pode destacarse:

a) A obsolescencia de gran parte do articulado da normativa, con múltiples referencias a disposicións legais derrogadas e a existencia de múltiples contradicións entre os distintos documentos do plan e, así mesmo, dentro da propia normativa; a falta de publicación do tomo II-Normativa de usos, ao cale se fan remisións na normativa;

b) As modificacións das normas subsidiarias realizadas polo concello sen que se comunicase a súa aprobación definitiva, pesar dos reiterados requirimentos feitos pola consellería.

c) O incumprimento sistemático da obriga de remitir dous exemplares dos instrumentos de desenvolvemento que se aproben, e que de conformidade co artigo 92 da Lei 9/2002 determinan a falla de entrada en vigor e súa ineficacia, polo que os actos ditados para a xestión, execución e as propias licenzas que se teñan outorgado estarían incursas en nulidade.

d) A falta de diferenciación das categorías de solo urbano consolidado e non consolidado, a pesar de existiren importantes ámbitos que non reúnen as condicións establecidas no artigo 12 a) da Lei 9/2002, o que supón a non obtención de solo para dotacións, a non distribución xusta de beneficios e cargas entre os propietarios e a non participación da comunidade nas plusvalías urbanísticas xeradas polo plan.

e) A existencia de expedientes de disciplina urbanística e de sentenzas xudiciais que anularon actos administrativos e licenzas urbanísticas municipais que deixan sen soporte xurídico actuacións realizadas, como é o caso das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 12 de novembro de 1992 (confirmada pola sentenza do Tribunal Supremo do 16 de xuño de 1999) , do 15 de setembro de 1994 (confirmada por sentenza do Tribunal Supremo do 23 de marzo de 2000) , e do 28 de xaneiro de 1999, entre outras.

f) E a aprobación de estudos de detalle que, en desenvolvemento das previsións das normas subsidiarias de planeamento municipal, establecen a ordenación detallada de determinados ámbitos de solo urbano e de núcleos rurais, excedendo as funcións propias e as limitacións establecidas para esta figura de planeamento no artigo 73 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

6. As deficiencias da ordenación urbanística establecida nas normas subsidiarias de planeamento municipal de 1997, a desmesurada capacidade residencial permitida polo plan, a insuficiente previsión do sistema viario, de infraestruturas, de zonas verdes e de dotacións urbanísticas, a clasificación como solo urbano de terreos que non reúnen os requisitos legalmente establecidos, a inadecuada delimitación de solo apto para urbanizar en contradición cos valores do medio natural e do litoral, o carácter confuso e obsoleto da normativa vixente que xera inseguridade xurídica e non diferencia entre o solo urbano consolidado e non consolidado, o quebrantamento do modelo de asentamento da poboación en contradición co establecido na Lei 9/2002; todo isto, agravado pola aplicación que das normas subsidiarias de planeamento vén facendo o concello de Sada, están a poñer en grave risco o medio natural e o desenvolvemento equilibrado e sustentable do territorio.

De canto antecede só pode concluírse que concorren circunstancias obxectivas que determinan a necesidade de atallar as consecuencias indesexables que derivan da aplicación da ordenación establecida polas vixentes normas subsidiarias de planeamento municipal de Sada, e de proceder á urxente revisión do planeamento para elaborar unha nova ordenación que se adapte integramente ao ordenamento xurídico vixente e que estableza o marco para a solución adecuada dos graves problemas detectados.

Á vista do exposto, a inclusión, de xeito expreso, no acordo de iniciación da suspensión no só das licenzas de edificación, parcelación e demolición, senón, ademais, da tramitación dos instrumentos de planeamento e de xestión urbanística, foi unha medida xa non necesaria senón imprescindible, pois permitir continuar coas referidas tramitacións podería frustrar a propia finalidade da resolución de suspensión da vixencia das normas, e das previsións revisoras, dificultándoas ou facéndoas de imposible efectividade.

7. Na tramitación do expediente cumpriuse o procedemento establecido no artigo 96 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e no trámite de audiencia presentou alegacións ao Concello de Sada.

O concello alega que non procede a suspensión do planeamento por terse iniciado xa a revisión do planeamento municipal. Esta argumentación xa foi rexeitada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en sentenza do 17 de novembro de 2005, na cal se sinala que «tal alegación non pode ser aceptada, pois a finalidade cautelar a que obedece a suspensión do planeamento non queda atendida polo feito de que se encargue a elaboración dun novo PXOM ou se aprobe un avance, feitos que por si sós non impiden que se sigan producindo os efectos a evitar da ordenación vixente...».

As restantes alegacións presentadas polo Concello de Sada non desvirtúan as razóns que fundamentan a suspensión do planeamento urbanístico municipal, nin sequera se negan as graves consecuencias se derivan da ordenación vixente, exhaustivamente analizadas nos informes técnicos elaborados polos servizos da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, que constan no expediente tramitado.

8. A ordenación provisional que estará vixente con carácter transitorio ata a entrada en vigor do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sada, redactouse segundo o establecido na Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, respectando en parte os contidos das normas subsidiarias de planeamento municipal de 1997 naqueles aspectos ou determinacións que non se consideran contrarios ao ordenamento xurídico vixente e incorporando as medidas cautelares imprescindibles para evitar o agravamento dos problemas detectados, todo isto, sen prexuízo da ordenación definitiva que deberá establecer o futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Neste senso, mantense a clasificación de solo urbano do núcleo de Sada-Fontán, excluíndo exclusivamente aqueles terreos que non reúnen os requisitos legalmente establecidos e non están integrados na malla urbana existente. Distínguese entre o solo urbano consolidado e o non consolidado consonte os criterios establecidos no artigo 12, en relación co artigo 16, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, e se establecen as ordenanzas provisionais para esta clase de solo.

No solo urbano consolidado o criterio seguido é o de manter a trama urbana existente, de conformidade co establecido no artigo 46.1º da Lei 9/2002. No solo urbano non consolidado respéctanse as licenzas concedidas antes do inicio do expediente de suspensión do planeamento, sempre que sexan conformes co ordenamento xurídico vixente no momento do seu outorgamento, pero a súa ordenación urbanística é función que corresponde ao futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal no cal deberán incorporarse os límites de edificabilidade e as reservas mínimas de solo para dotacións públicas e para vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública de conformidade co establecido na Lei 9/2002.

En canto aos terreos incluídos na delimitación dos 52 núcleos rurais delimitados nos planos de ordenación das normas subsidiarias de planeamento, establecéronse as condicións de edificación adaptadas á Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e adoptáronse as medidas necesarias para evitar o crecemento desordenado dos núcleos sen as necesarias infraestruturas, servizos, equipamentos e dotacións públicas en canto non sexa aprobado o futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal que estableza a delimitación e ordenación urbanística axeitada.

Os terreos que as normas subsidiarias de planeamento clasificaron como solo non urbanizable quedan sometidos aos correspondentes réximes de especial protección establecidos na Lei 9/2002, en función dos valores naturais, paisaxísticos, culturais, forestais ou de protección do dominio público que concorren. Tamén se someten a este réxime do solo rústico os terreos clasificados como solo apto para urbanizar que aínda non foron transformados nin urbanizados, sexa porque non teñen o correspondente plan parcial ou plan de sectorización aprobado definitivamente, sexa porque foi anulada a súa aprobación ou non foron executados os polígonos nos prazos establecidos no planeamento.

9. A Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, no seu artigo 96, establece que o Consello da Xunta, por instancia do conselleiro competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, e logo de audiencia do concello afectado, poderá suspender para a súa revisión, en todo ou en parte do ámbito a que se refiran, a vixencia dos instrumentos de ordenación urbanística. Asemade, establece que coa suspensión, aprobarase a ordenación provisional que se publicará no Diario Oficial de Galicia e estará vixente con carácter transitorio ata a entrada en vigor do novo planeamento.

Na súa virtude, de conformidade co disposto polo artigo 96 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, de acordo co ditame da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de febreiro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º.Suspender para a súa revisión, en todo o termo municipal de Sada, a vixencia das normas subsidiarias de planeamento municipal aprobadas definitivamente polo pleno da corporación con data do 10 de xaneiro de 1997 e dos demais instrumentos de ordenación urbanística aprobados no seu desenvolvemento. Artigo 2º

Aprobar a ordenación urbanística provisional de aplicación no termo municipal de Sada (A Coruña) que se insire no anexo deste decreto e estará vixente con carácter transitorio ata a entrada en vigor do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Disposición adicional

Facúltase a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes para ditar cantas disposicións e resolucións sexan necesarias para a debida aplicación e execución deste decreto.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de febreiro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño Presidente

María José Caride Estévez Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes

ANEXO

Ordenación urbanística provisional do termo municipal de Sada

1. Solo urbano consolidado.

1.1.Ámbito de aplicación. As ordenanzas que de seguido se establecen serán de aplicación aos terreos clasificados como solo urbano e incluídos dentro do perímetro de núcleo urbano de Sada-Fontán, segundo a delimitación reflectida no plano de ordenación do núcleo de Sada (escala 1/1.000) das normas subsidiarias de planeamento municipal aprobadas definitivamente polo Concello Pleno con data do 10 de xaneiro de 1997, que merecesen a condición de soares ou que, polo seu grao de urbanización efectiva e asumida por esta ordenación urbanística, poidan adquirir a condición de soar mediante obras accesorias e de escasa entidade que poidan executarse simultaneamente coas de edificación e construción.

Para estes efectos, entendese que son soares edificables as parcelas que, no momento da entrada en vigor desta ordenación provisional, cumpren os requisitos establecidos no artigo 16.1º da Lei 9/2002, de 30 de decembro, e no artigo 19 das vixentes normas complementarias e subsidiarias de planeamento provinciais, aprobadas por orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 3 de abril de 1991.

E considéranse como obras accesorias de escasa entidade as de acondicionamento da vía na fronte da parcela e as de conexión ás redes de servizos existentes na fronte da parcela.

Quedarán excluídos do ámbito de aplicación do solo urbano consolidado:

a) Os ámbitos das unidades de execución delimitadas.

b) O ámbito da ordenanza 3, de solo urbano residencial de transición de cuarteirón.

c) Os ámbitos sen ordenación detallada no plano de ordenación das normas subsidiarias de planeamento aprobadas definitivamente o 10 de xaneiro de 1997.

d) Os terreos situados no noroeste de Fontán, no ámbito da ordenanza 8, que se reflicten nas follas 1 e 3 do plano de ordenación do núcleo de Sada a escala 1/1000.

e) Os terreos situados no ámbito da ordenanza 4, na prolongación da avenida Pose.

f) As parcelas que non dean fronte a vía pública pavimentada no momento da entrada en vigor desta ordenación provisional.

1.2. Condicións xerais de edificación. 1.2.1. De conformidade co sinalado no artigo 46.6º da Lei 9/2002, para a determinación da superficie edificable total permitida pola ordenanza respectiva, computaranse todas as superficies edificables de carácter lucrativo, calquera que sexa o uso a que se destinen, incluídas as construídas no subsolo e os aproveitamentos baixo cuberta, coa única excepción das construídas no subsolo con destino a rochos de superficie inferior a 10 metros cadrados vinculados ás vivendas do edificio, aparcadoiros e instalacións de calefacción, electricidade, gas ou análogas.

1.2.2. As alturas máximas permitidas nas distintas ordenanzas mediranse no centro de todas as fachadas, desde a rasante da vía pública a que dá fronte a parcela ou da rasante natural do terreo en contacto coa edificación, ata o plano inferior do último forxado. A altura en número de plantas será a determinada na correspondente ordenanza, non podendo exceder en metros as seguintes magnitudes:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

1.2.3. Permítese a construción de semisotos que non sobresaian máis de un metro en calquera das rasantes do terreo en contacto coa edificación. Tamén se permiten a construción de ata dúas plantas sotos sempre que non sobresaían en ningún punto da rasante natural do terreo en contacto coa edificación.

Non se permitirá a ocupación en planta baixo rasante fóra da proxección vertical das plantas superiores sobre rasante.

1.2.4. As cubertas das edificacións estarán formadas por planos inclinados sen quebraduras das súas vertentes e prohíbense as mansardas e outros volumes sobre as vertentes de cuberta, permitíndose unicamente chemineas. A pendente máxima permitida será de 45 grados sesaxesimais medidos desde o plano superior do último forxado, cunha altura máxima de cumieira de 4 metros.

Permítese o aproveitamento baixo cuberta para uso residencial sen alterar as condicións xeométricas establecidas neste número.

1.2.5. As aliñacións e rasantes da vía pública serán as establecidas nos planos de ordenación, aliñacións e rasantes, a escala 1/1.000, das normas subsidiarias de planeamento municipal, aprobadas definitivamente polo Pleno da Corporación no 10 de xaneiro de 1997. Naqueles casos en que non se fixen, manteranse as aliñacións consolidadas e a rasante actualmente existente.

1.2.6. Prohíbese a apertura de novas vías non existentes no momento da entrada en vigor desta ordenación provisional, así como a ampliación e urbanización das vías existentes.

1.2.7. As edificacións e construcións cumprirán as condicións de adaptación ao ambiente establecidas no artigo 104 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e as condicións establecidas nos artigos 15, 16, 17 e 18 das vixentes normas complementarias e subsidiarias de planeamento provinciais, aprobadas definitivamente por Orde do 3 de abril de 1991, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

1.2.8. Disporase obrigatoriamente, dentro da propia parcela privada, dunha praza de aparcadoiro por cada cen metros cadrados de superficie construída sobre rasante.

1.3. Ordenanza de solo urbano de edificación colectiva.

1.3.1. Ámbito de aplicación. Esta ordenanza é aplicable aos terreos que nos planos de ordenación das normas subsidiarias de planeamento municipal, aprobadas definitivamente no do 10 de xaneiro de 1997, se atopan incluídos no ámbito de aplicación das ordenanzas de solo urbano residencial en cuarteirón con patio (ordenanza 1) e de solo urbano residencial de cuarteirón compacto (ordenanza 2) .

1.3.2. Condicións específicas de edificación.

a) Tipoloxía: edificación entre medianís formando cuarteiróns pechados de uso característico residencial en vivenda colectiva.

b) Parcela mínima: 100 metros cadrados.

c) Fronte mínimo: 8 metros, con excepción daquelas que se encontren entre outras xa edificadas no momento da aprobación desta ordenación provisional.

d) Fondo máximo edificable:

-No ámbito da ordenanza 1, de solo urbano residencial en cuarteirón con patio, o fondo máximo edificable en planta baixa será de 30 metros e en plantas altas de 18 metros.

-No ámbito da ordenanza 2, de solo urbano residencial de cuarteirón compacta, o fondo máximo edificable en todas as plantas será de 18 metros.

e) A edificación deberá construírse coa liña de fachada sobre a aliñación exterior e encostarse ás estremas laterais.

f) Altura máxima: a que figura nos planos de ordenación a escala 1/1.000 das normas subsidiarias de planeamento municipal aprobadas definitivamente polo Concello Pleno no 10 de xaneiro de 1997. No caso de que non estea determinada nos planos de ordenación, a altura máxima permitida será de planta baixa e unha planta alta.

g) Chafráns: nas esquinas dos cuarteiróns correspondentes a rúas de tránsito rodado exíxese a realización de chafráns constituídos por segmentos de 3 metros de lonxitude perpendicular á bisectriz do ángulo que forman as aliñacións.

h) Voos: non se permitirán corpos voados pechados sobre as vías ou espazos públicos. Unicamente se permiten galerías ou balcóns coas seguintes condicións:

-Que estean a unha altura maior de 3,60 metros por enriba da rasante da rúa, medidas desde o punto máis desfavorable.

-Que se separen do medianil un mínimo de 1 metro.

-Nas rúas de largura inferior a 8 metros non se permiten.

-Nas rúas con largura superior a 8 metros, os saíntes poden acadar 1/20 do largo da rúa, non podendo exceder a dimensión dun metro.

1.3.3. Usos. O uso principal será o residencial. En planta baixa e primeira alta, tamén se permitirán, sempre que resulten compatibles co uso residencial, os seguintes usos: hostaleiro, comercial, artesanal, oficinas, espectáculos públicos e actividades recreativas, sociais, culturais, deportivo, relixioso, docente, sanitario, asistencial, garaxe e servizos do automóbil.

1.4. Ordenanza de solo urbano residencial dos núcleos de Riovao, Sada de Arriba e Pazos.

1.4.1. Ámbito de aplicación. Esta ordenanza é aplicable aos terreos que nos planos de ordenación das normas subsidiarias de planeamento municipal, aprobadas definitivamente no 10 de xaneiro de 1997, se atopan incluídos no ámbito de aplicación da ordenanza 4 de solo urbano residencial dos cascos de Riovao, Sada de Arriba e Pazos. Non será de aplicación nos terreos situados na prolongación da avenida Pose.

1.4.2. Condicións específicas de edificación.

a) Tipoloxía: vivenda unifamiliar illada.

b) Parcela mínima edificable: 300 metros cadrados.

c) Fronte mínimo: 8 metros.

d) A nova edificación deberá construírse coa liña de fachada na aliñación exterior ou recuarse respectando en todo caso o fondo máximo de 12 metros.

e) O recuamento mínimo das demais estremas será de 3 metros; no entanto, permitirase a edificación encostada a paramentos cegos das edificacións existentes con anterioridade á aprobación desta ordenación provisional.

f) Fondo máximo edificable en todas as plantas: 12 metros.

g) Altura máxima: dúas plantas (planta baixa e unha planta alta) .

h) Ocupación máxima da parcela pola edificación: 200 metros cadrados.

i) Voos: non se permiten sobre as vías ou espazos públicos.

j) As condicións sinaladas nas alíneas anteriores b) e c) non serán de aplicación nas parcelas que se encontren entre outras xa edificadas no momento da aprobación desta ordenación provisional.

1.4.3. Usos. O uso principal será o residencial en vivenda unifamiliar. Tamén se permitirán, sempre que resulten compatibles co uso residencial, os seguintes usos: hostaleiro, comercial, artesanal, oficinas, espectáculos públicos e actividades recreativas, sociais, culturais, deportivo, relixioso, docente, sanitario, asistencial, garaxe e servizos do automóbil.

1.5. Ordenanza de solo urbano residencial do núcleo de Fontán.

1.5.1. Ámbito de aplicación. Esta ordenanza é aplicable aos terreos que nos planos de ordenación das normas subsidiarias de planeamento municipal, aprobadas definitivamente no 10 de xaneiro de 1997, se atopan incluídos no ámbito de aplicación da ordenanza 5, de solo urbano residencial do núcleo de Fontán.

1.5.2. Condicións específicas. Neste ámbito non se permitirán novas edificacións e só poderán autorizarse obras de conservación, restauración, rehabilitación, reforma interior e reconstrución das edificacións existentes que non impliquen variación das características esencias da edificación orixinaria, nin alteración do lugar, do seu volume nin da tipoloxía edificatoria.

1.5.3. Usos. O uso principal será o residencial. En planta baixa e primeira alta tamén se permitirán, sempre que resulten compatibles co uso residencial, os seguintes usos: hostaleiro, comercial, artesanal, oficinas, espectáculos públicos e actividades recreativas,

sociais, culturais, deportivo, relixioso, docente, sanitario, asistencial, garaxe e servizos do automóbil.

1.6. Ordenanza de solo urbano de baixa densidade. 1.6.1. Ámbito de aplicación. Esta ordenanza é aplicable aos terreos que nos planos de ordenación das normas subsidiarias de planeamento municipal, aprobadas definitivamente no 10 de xaneiro de 1997, se atopan incluídos no ámbito de aplicación da ordenanza 6, de solo urbano de baixa densidade en encosta, e ordenanza 8, de edificación extensiva en baixa densidade.

Non é de aplicación aos terreos incluídos no ámbito da ordenanza 8 situados ao noroeste de Fontán que se reflicten nas follas 1 e 3 doplano de ordenación do núcleo de Sada (escala 1/1.000) .

1.6.2. Condicións específicas de edificación.

a) Tipoloxía: edificación de vivenda unifamiliar illada.

b) Parcela mínima: 500 metros cadrados.

c) Fronte mínimo de parcela: 12 metros.

d) Ocupación máxima da parcela pola edificación: 200 metros cadrados.

e) Recuamento mínimo: 3 metros de todas as estremas da parcela.

f) Altura máxima: planta baixa e unha planta alta. 1.6.3. Usos. O uso principal será o residencial en vivenda unifamiliar. Tamén se permitirán, sempre que resulten compatibles co uso residencial, os seguintes usos: hostaleiro, comercial, artesanal, oficinas, espectáculos públicos e actividades recreativas, sociais, culturais, deportivo, relixioso, docente, sanitario, asistencial, garaxe e servizos do automóbil.

1.7. Ordenanza de solo urbano de edificación unifamiliar en ringleira baixo rasante da estrada Sada-Betanzos.

1.7.1. Ámbito de aplicación. Esta ordenanza é aplicable aos terreos que nos planos de ordenación das normas subsidiarias de planeamento municipal, aprobadas definitivamente no 10 de xaneiro de 1997, se atopan incluídos no ámbito de aplicación da ordenanza 7, de solo urbano de edificación unifamiliar en ringleira baixo rasante da estrada Sada-Betanzos.

1.7.2. Condicións específicas. Neste ámbito non se permitirán novas edificacións e só poderán autorizarse obras de conservación ou de reforma interior que non impliquen variación das características esencias da edificación orixinaria, nin alteración do lugar, do seu volume nin da tipoloxía edificatoria.

O uso permitido será exclusivamente o de vivenda unifamiliar.

1.8. Ordenanza especial. 1.8.1. Ámbito de aplicación. Esta ordenanza é aplicable aos terreos que nos planos de ordenación das normas subsidiarias de planeamento municipal, aprobadas definitivamente no 10 de xaneiro de 1997, se inclúen no ámbito de aplicación das ordenanzas especiais de predios singulares (OE-1) , de actuacións unitarias de vivenda familiar na rúa Laguna, Riovao e Fontán (OE2) , e de actuacións unitarias na avenida Pose (OE-3) .

1.8.2. Condicións específicas. Non se permitirán novas edificacións e só poden autorizarse obras de conservación, restauración e rehabilitación das edificacións existentes que non impliquen variación das características esencias da edificación orixinaria, nin alteración do lugar, do seu volume nin da tipoloxía edificatoria.

1.8.3. Usos. O uso principal será o residencial. En planta baixa e primeira alta, tamén se permitirán, sempre que resulten compatibles co uso residencial, os seguintes usos: hostaleiro, comercial, artesanal, oficinas, espectáculos públicos e actividades recreativas, sociais, culturais, deportivo, relixioso, docente, sanitario, asistencial, garaxe e servizos do automóbil.

1.9. Ordenanza de solo urbano industrial. 1.9.1. Ámbito de aplicación. Esta ordenanza é aplicable aos terreos que nos planos de ordenación das normas subsidiarias de planeamento municipal, aprobadas definitivamente no 10 de xaneiro de 1997 inclúen no ámbito de aplicación da ordenanza de solo urbano industrial (IU) .

1.9.2. Condicións específicas de edificación.

a) Tipoloxía: nave industrial.

b) Parcela mínima: 500 metros cadrados.

d) Ocupación máxima da parcela: 80%.

d) Edificabilidade máxima: 1 m 2 /m 2 .

e) Recuamento mínimo: 7 metros do viario e 3 metros do fondo da parcela, sen prexuízo das maiores limitacións establecidas pola lexislación aplicable en materia de estradas.

f) Altura máxima: planta baixa e unha planta alta sen superar os 10,50 metros, medidos no centro de todas as fachadas, desde a rasante da vía pública á que da fronte á parcela ou da rasante natural do terreo en contacto coa edificación ata a liña de intersección do plano de fachada co plano de cuberta. No solo industrial do Tarabelo a altura máxima será de 7 metros.

1.9.3. Usos. O uso principal será o industrial. Tamén se permitirán o uso de almacén, oficinas, comercial e hostaleiro.

2. Solo urbano non consolidado.

2.1.Ámbito de aplicación. Será de aplicación aos terreos clasificados como solo urbano que estean incluídos no perímetro do núcleo urbano de Sada-Fontán, segundo a delimitación reflectida nos planos de ordenación do núcleo de Sada (escala 1/1.000) das normas subsidiarias de planeamento municipal aprobadas definitivamente polo Concello Pleno no 10 de xaneiro de 1997, no suposto de que non estean incluídos no ámbito de aplicación do solo urbano consolidado a que se fai referencia no anterior número 1 desta ordenación provisional.

Considéranse incluídos no solo urbano non consolidado os seguintes ámbitos:

a) Os ámbitos de polígonos ou unidades de execución números 3, 4, 6, 7, 8, 13, 14, 15, 16, 17 e 18.

b) O ámbito de aplicación da ordenanza 3, de solo urbano residencial de transición de cuarteirón, segundo se reflicte no plano de ordenación de Sada (escala 1/1.000) .

c) Os ámbitos sen ordenación detallada no plano de ordenación, alñacións e rasantes do núcleo de Sada (escala 1/1.000) das normas subsidiarias de planeamento municipal de 1997.

d) Os terreos que non reúnan a condición de soar no momento da iniciación do expediente de suspensión do planeamento.

En todo caso, quedan excluídos do solo urbano:

a) Os ámbitos das unidades de execución números 1, 2, 5-dis, 9, 10, 11, 12 e 19-dis.

b) Os terreos situados ao noroeste de Fontán, que aparecen incluídos no ámbito da ordenanza 8 nas follas 1 e 3 doplano de ordenación do núcleo de Sada a escala 1/1.000.

c) Os terreos situados no ámbito da ordenanza 4 na prolongación da avenida Pose.

d) Os ámbitos das ordenanzas 9, 10 11 e 12 das normas subsidiarias de planeamento municipal aprobadas definitivamente o 10 de xaneiro de 1997.

2.2. Condicións específicas. Neste ámbito non se permiten novas edificacións e só poderán executarse as obras de construción amparadas en licenza urbanística outorgada con anterioridade ao inicio do expediente de suspensión do planeamento, sempre que sexan conformes co ordenamento xurídico vixente no momento da concesión e non teñan transcorrido os prazos de caducidade da licenza.

3. Solo de núcleo rural.

3.1.Ámbito de aplicación. As ordenanzas que de seguido se establecen serán de aplicación exclusivamente aos terreos dos 52 núcleos rurais, que se incluíron no ámbito das ordenanzas de edificación agrupada (ordenanza 9) , de edificación extensiva (ordenanza 10) , de núcleo de poboación de recente creación (ordenanza 11) e de núcleos rurais tradicionais (ordenanza 12) , segundo a delimitación reflectida nos planos de ordenación a escala 1/2.000) das normas subsidiarias de planeamento municipal aprobadas definitivamente polo Concello Pleno no 10 de xaneiro de 1997.

Non se inclúen neste ámbito os terreos situados ao noroeste de Fontán, no ámbito da ordenanza 11, que se reflicten na folla 1 do plano de ordenación do núcleo de Sada a escala 1/1.000, nin o ámbito das unidades de execución 21, 23 e 24.

3.2. Condicións de edificación. Para edificar no ámbito desta ordenanza será de aplicación o establecido nos artigos 24 a 29, 104 e 171 a 173 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, coas seguintes particularidades:

a) Parcela mínima edificable:

-No ámbito da ordenanza 9: 300 metros cadrados.

-No ámbito das ordenanzas 10, 11 e 12: 2.000 metros cadrados.

b) Fronte mínima de parcela: 12 metros.

c) Só serán edificables as parcelas con fronte a vía pública asfaltada existente con anterioridade á entrada en vigor da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Non se permite a segregación ou división de parcelas nin serán edificables as parcelas procedentes de segregacións ou divisións realizadas despois da entrada en vigor da Lei 15/2004, de modificación da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

c) A superficie total ocupada en planta pola edificación non poderá superar os 120 metros cadrados.

d) Altura máxima: planta baixa e unha planta alta, cun máximo de 6,5 metros medidos no centro de todas as fachadas, desde a rasante natural do terreo ao arrinque inferior da vertente de cuberta.

e) Recuamentos mínimos: 3 metros de todas as estremas, sen prexuízo das limitacións establecidas pola lexislación sectorial de aplicación en materia de estradas.

No ámbito da ordenanza 9 permitirase a edificación encostada a paramentos cegos das edificacións existentes con anterioridade á aprobación desta ordenación provisional.

f) Tipoloxía edificatoria: vivenda unifamiliar illada.

g) Só se permitirá unha vivenda en cada parcela.

h) A nova edificación deberá situarse a unha distancia inferior a 50 metros doutra vivenda existente con anterioridade á entrada en vigor da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

3.3. Condicións específicas para as edificacións tradicionais.

No suposto de edificacións tradicionais ou de singular valor arquitectónico existentes no ámbito de aplicación desta ordenanza, permitiranse obras de conservación, restauración, rehabilitación e reconstrución sempre que non supoñan variación das características esenciais do edificio orixinario nin alteración do lugar, do seu volume nin da tipoloxía orixinaria, sen necesidade de cumprir as condicións de edificación deste número 3.2.

3.4. Condicións específicas para os ámbitos das unidades de execución.

No ámbito das unidades de execución delimitadas dentro do perímetro dos núcleos rurais non se permitirán novas edificacións e só poderán autorizarse obras de conservación, restauración e rehabilitación das edificacións existentes que non impliquen variación das características esencias da edificación orixinaria, nin alteración do lugar, do seu volume nin da tipoloxía edificatoria.

3.5. Usos. O uso característico das edificacións será o de vivenda unifamiliar. Ademais, nas condicións establecidas no artigo 27 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, permitiranse os usos hostaleiro, comercial, artesanal, oficinas, espectáculos públicos e actividades recreativas, sociais, culturais, deportivo, relixioso, docente, sanitario, asistencial e garaxe.

4. Solo rústico.

4.1.Ámbito de aplicación. Será de aplicación aos terreos que nesta ordenación provisional non quedaron expresamente incluídos no ámbito do solo urbano consolidado e non consolidado ou no ámbito do solo de núcleo rural.

En todo caso, inclúense no solo rústico os terreos que nos planos de ordenación das normas subsidiarias de planeamento municipal aprobadas definitivamente polo Concello Pleno no 10 de xaneiro de 1997, foron clasificados como solo non urbanizable, en calquera das súas categorías, ou como solo apto para urbanizar, agás nos ámbitos con plan parcial declarado subsistente no número 9 desta ordenación provisional.

Así mesmo, considéranse incluídos no solo rústico os seguintes ámbitos:

a) Os ámbitos das unidades de execución números 1, 2, 5-dis, 9, 10, 11, 12, 19-dis, 21, 23 e 24 así como as unidades de execución B e C delimitadas no plan parcial do SAU-2, sector residencial de alta densidade en contacto coas Brañas.

b) Os terreos situados ao noroeste de Fontán, que aparecen incluídos no ámbito das ordenanzas 8 e 11, na folla 1 do plano de ordenación do núcleo de Sada a escala 1/1.000.

c) Os terreos incluídos no ámbito da ordenanza 4 na prolongación da avenida Pose.

4.2. Categorías. Dentro do solo rústico ou non urbanizable, distinguiranse as seguintes categorías:

4.2.1. Solo rústico de protección agropecuaria: que comprende os terreos incluídos no ámbito de aplicación da ordenanza 16, de conservación e protección de áreas de cultivo de potencialidade produtiva, segundo os planos de ordenación das normas subsidiarias de planeamento municipal de 1997.

4.2.2. Solo rústico de protección forestal: que comprende os terreos que sustentaban masas arbóreas no momento da entrada en vigor da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, así como os terreos incluídos no ámbito de aplicación da ordenanza 14, de protección de masas e encraves forestais, segundo os planos de ordenación das normas subsidiarias de planeamento municipal de 1997.

4.2.3. Solo rústico de protección de infraestruturas: que comprende os terreos rústicos destinados a estradas e a redes de infraestruturas de abastecemento, saneamento e depuración de augas, así como as súas correspondentes zonas de afección.

4.2.4. Solo rústico de protección das augas: que comprende os terreos pertencentes ao dominio público hidráulico e a súa zona de policía de 100 metros de largura establecida na lexislación de augas.

4.2.5. Solo rústico de protección de costas: que comprende os terreos do dominio público marítimo-terrestre e os que se atopan a unha distancia inferior a 200 metros do límite interior da beiramar.

4.2.6. Solo rústico de protección de espazos naturais: que comprende o ámbito do plan especial de protección das Brañas (PE-3) , aprobado definitivamente no 7 de abril de 1994, e o ámbito do Plan especial de acondicionamento da praia de Veigue (PE-2) , así como as respectivas franxas de protección de 200 metros de largura.

4.2.7. Solo rústico de protección do patrimonio cultural: que comprende os terreos e as construcións suxeitos á ordenanza 18, de protección de castros e xacigos arqueolóxicos, a ordenanza 19 de predios singulares, así como os bens situados en solo rústico que figuran no catálogo ou inventario das normas subsidiarias de planeamento municipal, aprobadas no 10 de xaneiro de 1997 e das normas complementarias e subsidiarias de planeamento provincial, aprobadas por Orde do 3 de abril de 1991, así como a franxa de protección de 100 metros.

4.2.8. Solo rústico de protección paisaxística: que comprende os restantes terreos rústicos non incluídos en ningunha das categorías anteriores.

4.3. Condicións de uso e de edificación. Será de aplicación o réxime establecido nos artigos 31 a 44 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas seguintes particularidades:

a) A ocupación máxima en planta das novas edificacións non poderá superar os 200 metros cadrados.

b) En todo caso, prohíbense as novas edificacións destinadas a usos residenciais e industriais.

5. Zonas verdes e espazos libres públicos.

5.1.Ámbito de aplicación. Comprende os terreos cualificados como zonas verdes ou espazos libres en calquera instrumento de ordenación urbanística, incluídas as áreas libres (VA) , xardíns (VX) , paseos fluviais (VF) , parques urbanos (VP) reflectidas nos planos de ordenación das normas subsidiarias de planeamento municipal aprobadas definitivamente o 10 de xaneiro de 1997 e do planeamento de desenvolvemento subsistente e o paseo marítimo de Sada.

5.2. Ordenación. O único uso permitido é o dezona verde e espazo libre de uso e dominio público e as instalacións apropiadas para a expansión e recreo da poboación como son áreas de xogos ao aire libre, plantación, axardinamento, lugares acondicionados para o descanso, quioscos de música, etc.

As posibles construcións que se constrúan en cada zona verde non poderán ocupar máis do 5% da superficie do parque nin superar a altura máxima de 3 metros.

6. Equipamentos e dotacións.

6.1.Ámbito de aplicación. Comprende os terreos cualificados como equipamentos ou dotacións segundo os planos de ordenación das normas subsidiarias de planeamento ou en calquera outro instrumento de planeamento; así como os equipamentos e dotacións públicas existentes no momento da entrada en vigor desta ordenación provisional, aínda que non estean reflectidas nos planos de ordenación.

6.2. Usos. Serán de titularidade pública os resultantes das cesións obrigatorias e deberán destinarse aos usos especificamente determinados nos planos de ordenación e, no caso de que non estea determinado, destinarase a algún dos seguintes usos: docente, deportivo, sanitario, asistencial, relixioso, cultural ou administrativo de titularidade pública.

6.3. Condicións de edificación. Serán de aplicación as mesmas condicións de edificación establecidas nesta ordenación provisional que resulten de aplicación aos terreos da contorna.

7. Sistema viario.

7.1.Ámbito de aplicación. Será de aplicación:

a) Ás estradas de titularidade estatal, autonómica e local, incluídas as súas zonas de afección.

b) Aos terreos afectados polo Plan sectorial da rede viaria da Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo, aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia no 29 de xullo de 2004, no que atinxe ao termo municipal de Sada.

c) Ao sistema viario reflectido nos planos de ordenación das normas subsidiarias de planeamento municipal aprobado no 10 de xaneiro de 1997 e dos plans de desenvolvemento subsistentes, segundo esta ordenación provisional.

7.2. Réxime de protección. Será de aplicación o establecido no artigo 106 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, así como a lexislación vixente en materia de estradas.

En todo caso, prohíbese a apertura de novas vías, rúas ou camiños, así como a urbanización ou a ampliación dos existentes, sen prexuízo do establecido na lexislación aplicable ás estradas de titularidade estatal ou autonómica.

Cando se trate de terreos clasificados como solo rústico ou non urbanizable, será de aplicación o réxime establecido para o solo rústico de especial protección de infraestruturas que inclúe o dominio público e os terreos contiguos ata a liña límite de edificación.

8. Sistema xeral portuario.

8.1.Ámbito de aplicación. O ámbito desta ordenanza será o dominio público portuario delimitado no correspondente Plan de utilización do espazo portuario aprobado definitivamente pola autoridade portuaria.

8.2. Ordenación. A ordenación do ámbito portuario realizarase mediante o correspondente Plan especial de ordenación formulado pola autoridade portuaria, segundo o establecido na Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e na lexislación de portos.

En tanto non sexa aprobado o plan especial unicamente poderán realizarse construcións e instalacións directamente vinculadas coa actividade portuaria, sendo de aplicación as normas de aplicación directa establecidas nos artigos 104 e 105 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. En todo caso, a superficie total ocupada pola edificación non poderá superar o 35% do ámbito territorial portuario.

9. Planeamento subsistente. Mantense a ordenación urbanística establecida nos instrumentos que de seguido se relacionan:

-Plan especial da zona de contacto do porto con Sada-Fontán, aprobado definitivamente no 23 de febreiro de 1979, a súa modificación aprobada definitivamente no 28 de xaneiro de 1993.

-Plan especial de protección das Brañas (PE-3) , aprobado definitivamente no 7 de abril de 1994.

-Plan parcial de ordenación do SAUR-3, na praia de San Pedro de Veigue, aprobado definitivamente no 14 de xuño de 1996.

-Plan parcial de ordenación do SAUR-6, en Souto da Igrexa, Meirás, aprobado definitivamente no 1 de xuño de 1995.

-Plan parcial de ordenación do SAUR-8, en Meirás, aprobado definitivamente no 25 de xaneiro de 2001.

-Plan parcial de ordenación do SAUR-10, en Fortiñón, aprobado definitivamente no 20 de outubro de 1995.

-Plan parcial de ordenación de solo industrial SAU-5, en Soñeiro, aprobado definitivamente no 10 de abril de 1992.

-Plan parcial de ordenación do solo industrial na Ferradura, aprobado definitivamente no 22 de outubro de 1992.

-Plan parcial de ordenación do SAU-2, do sector residencial de alta densidade en contacto coas Brañas, exclusivamente no que atinxe ao ámbito da unidade de execución correspondente á fase A xa executada completamente. Non se inclúe no planeamento subsistente o ámbito das unidades de execución B e C que quedan sometidas ao réxime do solo rústico.

-Plan parcial de ordenación da actuación industrial en Espírito Santo, nos municipios de Sada e Cambre, aprobado definitivamente no 7 de outubro de 1992.

-Orde ministerial do 27 de abril de 1990, relativa ao proxecto de urbanización do paseo marítimo e ordenación do tramo de costa contiguo á vila de Sada.

10. Edificacións existentes.

10.1.Edificacións en situación de fora de ordenación.

As edificacións e instalacións amparadas na preceptiva licenza urbanística municipal que foron outorgadas con anterioridade ao inicio do expediente de suspensión do planeamento, sempre que sexan conformes co ordenamento xurídico vixente no momento da concesión e resulten desconformes con esta ordenación provisional, quedarán sometidos ao réxime de fóra de ordenación.

Dentro da situación de fora de ordenación, distínguese:

a) As construcións e instalacións só parcialmente incompatibles con esta ordenación provisional serán aquelas en que a situación de fóra de ordenación é consecuencia unicamente de non axustarse ás condicións de parcela mínima, altura e número de plantas, superficie e volume máximo edificables, distancias mínimas a estremas e ocupación permitida, segundo o establecido nesta ordenación provisional. Nelas poderanse autorizar obras de mellora ou reforma, así como o cambio de uso sempre que se trate dun uso permitido na correspondente ordenanza. Sen embargo non caben obras de ampliación da superficie construída segundo a licenza.

b) E as construcións e instalacións en situación de fora de ordenación por total incompatibilidade coas determinacións desta ordenación provisional son todas as demais que non se axustan á esta ordenación provisional e non poden considerarse incluídas na anterior alínea a) . Nestas construcións e instalacións só poden autorizarse obras de simple conservación, mantendo o uso existente.

10.2. Edificacións ilegais. No caso de construcións realizadas sen a preceptiva licenza urbanística municipal, sen axustarse ás condicións da licenza, ou con licenza anulada, deberán adoptarse as medidas necesarias para a plena restauración da legalidade urbanística, segundo o establecido na Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Se xa tivese transcorrido o prazo para a acción de reposición da legalidade urbanística, non se poderán realizar outras obras senón pequenas reparacións exixidas por razóns de seguridade e hixiene e, en ningún caso, as de consolidación, aumento do valor ou modernización, nin cambio de uso.

11. Expedientes en tramitación. As licenzas e os procedementos de aprobación de instrumentos de planeamento e xestión urbanística en tramitación no momento da iniciación do expediente de suspensión da vixencia das normas subsidiarias de planeamento de Sada, deberán resolverse de conformidade coa ordenación urbanística provisional establecida neste decreto.


No hay versiones para esta norma