Decreto 312/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura organica da Conselleria do Mar. - Diario Oficial de Galicia, de 05-06-2009

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 109
  • Fecha de Publicación: 05/06/2009
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

Os decretos 79/2009, do 19 de abril e 83/2009, do 21 de abril fixaron a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e dos seus departamentos respectivamente, agora procede, á súa vez, determinar a estrutura orgánica e funcional da Consellería do Mar, atendendo ao compromiso asumido na citada norma cos principios de austeridade, eficacia e eficiencia da Administración da Xunta de Galicia.

Esta norma trata de ofrecer unha resposta real ás necesidades actuais do sector da pesca, o marisqueo e a acuicultura, de importancia vital nesta comunidade autónoma. Os cambios operados na estrutura existente teñen por obxectivo acadar unha máis adecuada distribución das competencias aos niveis de subdireccións e servizos, que redundará nunha atención máis áxil e pormenorizada dos diversos aspectos que integran a política marítima galega.

Na súa virtude, por proposta da conselleira do Mar, cos informes previos da Consellería de Facenda, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de maio de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería do Mar é o órgano da Administración da comunidade autónoma ao cal lle corresponde desenvolver as competencias e funcións en materia de ordenación pesqueira en augas interiores, marisqueo, acuicultura, confrarías de pescadores e demais organizacións e asociacións dos profesionais do sector, industrias pesqueiras e conserveiras, establecementos de almacenamento, manipulación, vendas e transformación do peixe e ensinanzas marítimo-pesqueiras, náutico-deportivas e mergullo, cooperación pesqueira interinstitucional e co exterior, salvamento marítimo, loita contra a contaminación e planificación e actuacións portuarias, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía para Galicia e segundo os termos sinalados pola Constitución española, sen prexuízo das competencias que poidan corresponderlles aos outros organismos da comunidade autónoma.

Artigo 2º

Para o exercicio das súas funcións, a Consellería do Mar estrutúrase nos seguintes órganos:

I. A conselleira ou o conselleiro.

II. Secretaría Xeral.

III. Dirección Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica.

IV. Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños.

V. Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

VI. Departamentos territoriais.

Quedan adscritos a esta consellería os seguintes entes públicos:

-Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, creado pola Lei 3/2004, do 7 de xuño.

-Portos de Galicia, creado pola Lei 5/1994, do 29 de novembro.

I. A conselleira ou o conselleiro

Artigo 3º

A conselleira ou o conselleiro é a autoridade superior da consellería e con tal carácter está investida das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

Para o exercicio das súas funcións e con dependencia directa da/o conselleira/o, contará coa seguinte unidade administrativa:

A Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.

Correspóndelle:

-A coordinación das competencias en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña.

-A elaboración do plan de continxencias por contaminación mariña accidental.

-A prevención da contaminación mariña.

-As funcións de programación, planificación e control das accións de vixilancia e inspección, sen prexuízo das competencias doutros departamentos da Xunta de Galicia, tanto no sector extractivo como nos centros de comercialización e establecementos de produción, transformación e consumo, así como no transporte dos produtos, en xeral.

-Cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia.

A Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia estrutúrase nas seguintes unidades:

1. Servizo de Protección de Recursos.

Correspóndelle:

-A coordinación, organización e seguimento dos medios materiais e persoais do Servizo de Gardacostas de Galicia.

-O control dos partes, actas, informes, incidentes e demais actuacións do Servizo de Gardacostas de Galicia.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia.

2. Servizo de Busca, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación.

Correspóndelle:

-A coordinación das competencias en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña.

-A elaboración do plan de continxencias por contaminación mariña accidental.

-A planificación de actividades de prevención da contaminación mariña.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola conselleira.

II. A Secretaría Xeral

Artigo 4º

1. A Secretaría Xeral exercerá as funcións establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, así como as que lle sexan singular ou especialmente encomendadas por delegación do titular do departamento.

2. Para o exercicio das súas funcións, a Secretaría Xeral estrutúrase nas seguintes unidades:

2.1. Subdirección Xeral de Recursos Humanos e Coordinación Administrativa.

Correspóndelle a xestión do persoal; información administrativa ao cidadán, rexistro xeral e arquivo; coordinación administrativa das unidades periféricas en materias da súa competencia, a racionalización administrativa de todos os servizos e todos os asuntos referentes ao sistema de informatización, e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Secretaría Xeral.

A Subdirección Xeral de Recursos Humanos e Coordinación Administrativa estrutúrase nas seguintes unidades:

2.1.1. Servizo de Persoal e Coordinación Administrativa.

Correspóndelle:

-A xestión, control e coordinación do persoal dos servizos centrais.

-A xestión de nóminas do persoal dos servizos centrais.

-A programación das necesidades do persoal.

-A elaboración da proposta da relación de postos de traballo.

-A coordinación dos departamentos territoriais en materia de persoal.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Secretaría Xeral.

2.1.2. Servizo de Tecnoloxía da Información e Comunicación.

Correspóndelle:

-Velar pola correcta implantación dos sistemas informáticos dentro da consellería, sen prexuízo das competencias que nesta materia lle corresponden ao órgano competente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

-Elaborar os estudos e proxectos de racionalización de procesos.

-Coordinar as actuacións que en materia de informática realizan os departamentos territoriais.

-Estudar, en coordinación coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e propoñer os sistemas informáticos que precise a consellería.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Secretaría Xeral.

2.1.3. Servizo Técnico Xurídico.

Correspóndelle:

-O estudo e a tramitación dos anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral, a emisión das propostas dos correspondentes informes de legalidade, acerto e oportunidade e a elaboración das compilacións e proposta de refundicións das normas emanadas da consellería.

-Efectuar os estudos e informes que lle sexan encomendados polo secretario xeral en atención ao ámbito competencial da consellería.

-A coordinación dos trámites para a publicación no Diario Oficial de Galicia das disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da consellería.

-O estudo e proposta de resolución das reclamacións e recursos formulados contra os actos e resolucións dos distintos órganos da consellería, así como a coordinación dos órganos que interveñen na súa tramitación.

-O exercicio das funcións que a consellería teña encomendadas en relación coas fundacións de interese galego sobre as que lle corresponda exercer o protectorado.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, en razón da súa competencia, pola Secretaría Xeral.

2.2. Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación.

Correspóndenlle as funcións de elaboración do anteproxecto de orzamentos da consellería, a súa execución, o seguimento, a xestión coordinada da contratación administrativa, a xestión económica e o réxime interior.

A Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación contará coas seguintes unidades:

2.2.1. Servizo de Xestión Orzamentaria.

Correspóndelle:

-Preparar o anteproxecto do orzamento da consellería.

-A coordinación, supervisión e o seguimento en materia de xestión económica da execución dos orzamentos.

-A tramitación e o seguimento das modificacións orzamentarias.

-A coordinación, supervisión e o seguimento en materia dos fondos, por fontes de financiamento.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Secretaría Xeral.

2.2.2. Servizo de Contratación.

Correspóndelle:

-A coordinación, supervisión e o seguimento da contratación administrativa da consellería.

-A tramitación e xestión da contratación da Secretaría Xeral e as demais que lle sexan encomendadas.

-Os asuntos xerais e o réxime interior.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Secretaría Xeral.

2.3. Servizo de Apoio Técnico-Normativo.

Correspóndelle:

-O Estudo e a elaboración de informes sobre a normativa marítimo-pesqueira.

-Efectuar os estudos e informes que lle sexan encomendados polo secretario/a xeral, ademais do estudo, preparación e informe dos asuntos que teñan que elevarse á Comisión de Secretarios e ao Consello da Xunta de Galicia e o traslado dos seus acordos.

-O mantemento do rexistro, arquivo e custodia das disposicións normativas emanadas da consellería, así como levar a cabo as compilacións das ditas normas.

-O control da publicación de toda a normativa pesqueira, así como das circulares sobre a súa aplicación.

-O asesoramento en materia de organización do sector.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, en razón da súa competencia, pola Secretaría Xeral.

2.4. Dependendo organicamente da Secretaría Xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, existirán as seguintes unidades:

-Intervención Delegada.

-Asesoría Xurídica, que se rexerá polo disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia. Esta unidade administrativa contará co número de efectivos que se determine na correspondente relación de postos de traballo e dependerá funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

III. Dirección Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica

Artigo 5º

1. A Dirección Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica exercerá a dirección e coordinación das atribucións que ten asumidas a consellería en materia de organización, fomento e desenvolvemento tecnolóxico das estruturas pesqueiras e da comercialización dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura, de acordo coa política pesqueira galega e mais as regulamentacións básicas da Unión Europea e da Administración xeral do Estado, sen prexuízo das funcións da consellería competente en I+D.

Correspóndelle:

-Favorecer o fortalecemento da competitividade e da innovación tecnolóxica das empresas do sector pesqueiro, marisqueiro e da acuicultura.

-A planificación das accións precisas para a modernización tecnolóxica do sector pesqueiro, marisqueiro o da acuicultura.

-As autorizacións de construción e de reforma dos buques pesqueiros.

-O mantemento do rexistro de buques pesqueiros da comunidade autónoma.

-A regulación da primeira venda e as autorizacións correspondentes aos centros de expedición e de depuración e aos de comercialización.

-A ordenación, o fomento e control das industrias de transformación e comercialización.

-A promoción da competitividade dos produtos pesqueiros, marisqueiros e da acuicultura e o fomento da súa calidade.

-A elaboración das estatísticas da consellería.

-O mantemento dos rexistros existentes que sexan da competencia desta dirección xeral e o dos que no sucesivo se creen.

-A aplicación do previsto no artigo 39 do Regulamento (CE) nº 498/2007, sobre as operacións do Fondo Europeo de Pesca (FEP).

2. Para o desenvolvemento das anteditas funcións, esta dirección xeral estrutúrase como segue:

2.1. Servizo de Coordinación e Control de Fondos.

Correspóndelle:

-As verificacións previstas no artigo 39 do Regulamento (CE) nº 498/2007, sobre as operacións de todos os organismos intermedios da autoridade de xestión do Fondo Europeo de Pesca (FEP).

-A xestión e o seguimento da execución do orzamento da dirección xeral.

-A coordinación administrativa entre as distintas unidades da dirección xeral.

-A coordinación e seguimento dos distintos controis financeiros.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola dirección xeral.

2.2. Subdirección Xeral de Competitividade.

Correspóndelle o fomento de todas aquelas accións encamiñadas a incrementar a competitividade das empresas da pesca, o marisqueo e a acuicultura nun contexto globalizado, mediante o reforzamento da súas capacidades de innovación e adaptación ás demandas do mercado e, especialmente, no eido da regulación dos mercados pesqueiros, na mellora das canles de comercialización, na adopción de novos mecanismos de comercialización e na promoción dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura.

Para o desenvolvemento das súas funcións, esta subdirección xeral estrutúrase nas seguintes unidades:

2.2.1. Servizo de Mercados.

Correspóndelle:

-O estudo, a avaliación e o fomento de propostas de implantación de novos mecanismos de comercialización, en particular, daquelas innovacións que favorezan a competitividade das empresas.

-A regulación da primeira venda dos produtos da pesca nas lonxas pesqueiras ou en establecementos autorizados.

-A realización de accións de promoción dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura.

-A realización de accións que fomenten as denominacións de orixe e os distintivos de calidade.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola dirección xeral.

2.2.2. Servizo de Análise e de Rexistros.

Correspóndelle:

-A recollida e avaliación dos datos para a elaboración das estatísticas da actividade de aproveitamento dos recursos mariños.

-A elaboración das estatísticas da consellería.

-O estudo e elaboración de informes con base nas estatísticas e nos datos recollidos.

-A formulación de liñas de actuación, con base nos datos estatísticos encamiñadas ao incremento da produtividade, do control ou da competitividade das actividades da pesca, do marisqueo e da acuicultura.

-A elaboración e xestión dos rexistros existentes que sexan da súa competencia e a dos que no sucesivo se creen.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola dirección xeral.

2.3. Subdirección Xeral de Innovación Tecnolóxica.

Correspóndelle a execución de todas as accións desenvolvidas no eido da innovación tecnolóxica das estruturas pesqueiras galegas, especialmente no relativo á súa modernización e adecuación aos mercados globalizados e, en particular, ao desenvolvemento da frota pesqueira galega, da industria de transformación dos produtos do mar, da industria da acuicultura mariña e da acuicultura continental.

Para o desenvolvemento das súas funcións, esta subdirección xeral estrutúrase nas seguintes unidades:

2.3.1. Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota.

Correspóndelle:

-A xestión das diferentes medidas orientadas a favorecer a innovación e competitividade da frota pesqueira galega mediante accións encamiñadas á súa reestruturación, renovación e modernización.

-A tramitación das autorizacións para construír, modernizar e reconverter buques.

-O control do esforzo pesqueiro a través das modificacións na composición da frota pesqueira galega.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola dirección xeral.

2.3.2. Servizo de Innovación Tecnolóxica das Industrias.

Correspóndelle:

-A xestión das diferentes medidas dedicadas á creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de transformación e comercialización dos produtos da pesca, do marisqueo e da acuicultura.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola dirección xeral.

2.3.3. Servizo de Innovación Tecnolóxica da Acuicultura.

Correspóndelle:

-A planificación, a execución e o control das medidas e actuacións en materia de acuicultura de moluscos.

-A xestión dos títulos administrativos habilitantes para a acuicultura de moluscos.

-O seguimento da actividade de acuicultura relativa aos moluscos.

-A xestión das diferentes liñas de axuda destinadas á creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas da acuicultura mariña e continental.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola dirección xeral.

IV. A Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños

Artigo 6º

1. Correspóndenlle á Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños as competencias sobre ordenación pesqueira, tanto de carácter profesional como recreativo; ordenación do marisqueo e da acuicultura; establecemento das condicións para o exercicio das actividades pesqueiras, marisqueiras e de acuicultura mariña; conservación, protección e xestión sustentable dos recursos mariños vivos.

2. Para o exercicio das súas funcións, contará coas seguintes unidades:

2.1. Subdirección Xeral de Ordenación dos Recursos Mariños.

Correspóndelle:

-A programación, coordinación e seguimento das actuacións en materia de ordenación das actividades da pesca, do marisqueo e da acuicultura.

-A realización de estudos previos á elaboración e velar pola aplicación da normativa sobre a actividade pesqueira, marisqueira e de acuicultura mariña.

-A colaboración na defensa e promoción dos intereses galegos en materia de pesca, marisqueo e acuicultura.

-A planificación e o seguimento de instrumentos de xestión sustentable dos recursos mariños.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola dirección xeral.

Para o desenvolvemento das súas funcións, esta subdirección xeral estrutúrase nas seguintes unidades:

2.1.1. Servizo de Pesca.

Correspóndelle:

-A planificación, coordinación, execución e control das medidas e actuacións en materia de pesca profesional e recreativa.

-A xestión dos instrumentos de planificación da actividade pesqueira.

-A xestión dos títulos administrativos habilitantes para o exercicio da actividade pesqueira, tanto profesional como recreativa.

-O seguimento da actividade pesqueira.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola dirección xeral.

2.1.2. Servizo de Marisqueo.

Correspóndelle:

-A planificación, coordinación, execución e control das medidas e actuacións en materia de marisqueo.

-A xestión dos instrumentos de planificación da actividade marisqueira.

-A xestión dos títulos administrativos habilitantes para o marisqueo.

-O seguimento da actividade marisqueira.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola dirección xeral.

2.1.3. Servizo de Acuicultura:

Correspóndelle:

-A planificación, coordinación, execución e control das medidas e actuacións en materia de acuicultura mariña.

-A xestión dos instrumentos de planificación da actividade de acuicultura mariña.

-A xestión dos títulos administrativos habilitantes para a acuicultura mariña.

-O seguimento da actividade de acuicultura mariña.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola dirección xeral.

As competencias atribuídas en materia de acuicultura entenderanse sen prexuízo das que lle corresponde á Dirección Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica respecto da acuicultura referidas aos moluscos.

2.2. Subdirección Xeral de Xestión dos Recursos Mariños.

Correspóndelle:

-A programación, coordinación e seguimento de medidas e actuacións de interese colectivo.

-A programación, coordinación e seguimento das actuacións en materia de conservación e protección dos recursos mariños.

-A xestión económica e orzamentaria da dirección xeral.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Dirección Xeral.

Para o desenvolvemento das súas funcións esta subdirección xeral estrutúrase nas seguintes unidades:

2.2.1. Servizo de Xestión de Proxectos.

Correspóndelle:

-A planificación e o seguimento da execución dos orzamentos da dirección xeral.

-O seguimento e control de proxectos no marco de instrumentos financeiros comunitarios.

-A xestión das medidas de interese colectivo.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola dirección xeral.

2.2.2. Servizo de Planificación.

Correspóndelle:

-A xestión de medidas de conservación e protección da fauna e da flora acuáticas en áreas de interese pesqueiro.

-A xestión de actuacións en materia de estudo, avaliación ou seguimento dos recursos mariños naturais e da actividade pesqueira, marisqueira e acuícola.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola dirección xeral.

V. Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Artigo 7º

1. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro exercerá o fomento da organización sectorial, a ordenación, dirección e coordinación das atribucións que ten asumidas a consellería en materia de extensión pesqueira, ensino e titulacións náutico-pesqueiras e de lecer, así como a investigación mariña, que se desenvolverá en coordinación coa consellería competente en materia de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, e de acordo coa política pesqueira galega e mais as regulamentacións básicas da Unión Europea e da Administración xeral do Estado.

2. Para o exercicio das súas funcións esta dirección xeral estrutúrase nas seguintes unidades:

2.1. Subdirección Xeral de Ensino e Investigación Mariña.

Correspóndelle a programación e coordinación do ensino náutico-pesqueiro nos centros dependentes da consellería, a coordinación da formación, a coordinación e xestión do programa tecnolóxico sectorial de investigación mariña no marco do Plan Galego de I+D+I, así como a programación e xestión administrativa da dirección xeral e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola dirección xeral.

Para o exercicio das súas funcións, esta subdirección xeral estrutúrase nas seguintes unidades:

2.1.1. Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-Pesqueiras.

Correspóndelle:

-A coordinación, programación e xestión das ensinanzas náutico e marítimo pesqueiras nos centros dependentes da Consellería do Mar.

-A elaboración de estudos sobre funcionamento das ensinanzas e perfeccionamento do profesorado.

-A elaboración da memoria das actividades dos centros.

-Servir de canle nas relacións entre os centros, a administración educativa e outras entidades públicas e privadas.

-A programación e execución da formación e a reciclaxe dos profesionais do sector.

-A emisión e rexistro das titulacións náuticas de pesca e lecer.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola dirección xeral.

2.1.2. Servizo de Xestión e Coordinación da Investigación Mariña.

Correspóndelle:

-Apoio á xestión do Centro de Investigacións Mariñas (Cima) así como de calquera outra actividade relacionada co fomento da coordinación na investigación mariña en Galicia.

-A divulgación da actividade científica realizada e os resultados de interese obtidos para o sector do mar.

-A coordinación e o seguimento das actividades de cooperación interinstitucional e co exterior.

-A tramitación dos expedientes de gasto de investimentos e axudas.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola dirección xeral.

2.2. Subdirección Xeral de Desenvolvemento.

Correspóndenlle as actividades de fomento da organización sectorial, extensión pesqueira, así como a programación e execución das actuacións portuarias pesqueiras e en xeral a programación, xestión e execución do desenvolvemento pesqueiro incluíndo a supervisión, xestión e control dos grupos de acción costeira para o desenvolvemento sustentable do litoral e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola dirección xeral.

Para o exercicio das súas funcións, esta subdirección xeral estrutúrase nas seguintes unidades:

2.2.1. Servizo de Fomento da Organización Sectorial.

Correspóndelle:

-Asistencia técnica ás confrarías de pescadores, organización de produtores de pesca e demais asociacións relacionadas co sector.

-Recibir información das actividades das confrarías de pescadores.

-Servir de canle ás relacións entre os distintos órganos do departamento e as confrarías.

-Asesoramento, fomento e apoio do asociacionismo e da organización do sector.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Dirección Xeral.

2.2.2. Servizo dos Grupos de Acción Costeira.

Correspóndelle:

-Impulsar a formación, por parte dos axentes socioeconómicos das zonas costeiras, de iniciativas e programas de desenvolvemento e diversificación.

-Dinamizar e coordinar os grupos de acción costeira.

-Difundir as políticas e medidas para o desenvolvemento costeiro aplicables en cada momento.

-A supervisión, valoración e control da actividade dos grupos de acción costeira.

2.2.3. Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro.

Correspóndelle:

-A coordinación, programación, xestión e execución do desenvolvemento pesqueiro e da promoción das comunidades pesqueiras.

-A coordinación, programación e execución de accións de fomento das actividades marítimas e pesqueiras.

-A coordinación, programación e execución das actividades de divulgación, de transferencia tecnolóxica e de diversificación de actividades nas comunidades pescadoras e litorais.

-A programación e execución das accións de fomento da economía social no sector marítimo-pesqueiro, sen prexuízo das competencias na coordinación que lle correspondan ao departamento da Xunta de Galicia competente na materia.

-A coordinación e programación dos equipamentos portuarios pesqueiros.

-A programación, supervisión, realización e difusión de publicacións e outro material científico e didáctico.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola dirección xeral.

2.3. Dependendo funcionalmente da Dirección Xeral e con rango de servizo, o Centro de Investigacións Mariñas (Cima), exercerá as funcións relativas á actividade investigadora e, particularmente, as referidas ás areas de procesos oceanográficos costeiros, recursos mariños, acuicultura e patoloxía. O Cima está integrado polo Centro de Investigacións Mariñas de Corón-Vilanova e o Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo.

Correspóndelle:

-A coordinación, programación e xestión das infraestruturas e medios dispoñibles, tanto en equipamento como en persoal, dedicados á investigación mariña.

-A xestión e control de gastos de funcionamento e execución dos proxectos de investigación.

-O fomento da coordinación interinstitucional e a integración interdisciplinar para unha optimización do rendemento da investigación mariña en Galicia.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Dirección Xeral.

2.4. Dependerán funcionalmente da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro os centros públicos de ensinanzas náuticas e marítimo-pesqueiras:

-Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

-Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.

-Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

-Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa).

VI. Os departamentos territoriais

Artigo 8º

1. En cada unha das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra existe un departamento territorial, con sede na Coruña, Celeiro e Vigo respectivamente. O ámbito territorial de actuación do departamento con sede en Vigo será o correspondente á antiga delegación territorial e queda adscrito o dito departamento á nova Delegación Territorial de Vigo. O ámbito territorial do departamento territorial con sede na Coruña comprende a totalidade da provincia da Coruña. O ámbito territorial do departamento territorial con sede en Celeiro comprende toda a provincia de Lugo.

2. Á fronte de cada departamento territorial existirá un xefe territorial do cal dependerán organicamente todos os servizos e as unidades administrativas da consellería que radiquen no ámbito territorial mencionado.

3. Nos seus ámbitos territoriais de actuación, corresponderalles aos xefes territoriais desenvolver as competencias determinadas no Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia, e 87/1990 e 88/1990, ambos os dous do 15 de febreiro, en materia de contratación administrativa e de concesión de axudas e subvencións e, en xeral, todas cantas lle sexan encomendadas legal ou regulamentariamente.

4. En cada un dos departamentos territoriais existen, así mesmo, as seguintes unidades:

4.1. Servizo de Recursos Mariños.

4.2. Servizo de Competitividade e Innovación Tecnolóxica.

En Pontevedra existirá unha unidade administrativa encargada da coordinación co Departamento Territorial de Vigo.

Disposicións transitorias

Primeira.-Cando, como consecuencia da estrutura orgánica que se establece neste decreto, se modifique a denominación ou o contido funcional das subdireccións xerais ou servizos existentes, autorízase a Consellería do Mar, por proposta da Secretaría Xeral da consellería, para adscribir o persoal funcionario que ocupaba o posto existente ao posto equivalente que figura neste decreto.

No caso de supresión ou amortización das subdireccións xerais ou xefaturas de servizo será de aplicación o establecido na normativa vixente en materia de función pública.

Segunda.-As unidades e postos de traballo con nivel orgánico inferior ao de servizo correspondentes ás subdireccións xerais ou servizos suprimidos ou amortizados como consecuencia deste decreto continuarán subsistentes e retribuiranse con cargo aos mesmos créditos orzamentarios, ata que se aprobe a nova relación de postos de traballo adaptada á estrutura orgánica establecida neste decreto. As unidades e os postos de traballo encadrados nos órganos suprimidos adscribiranse provisionalmente, por resolución do conselleiro por proposta da Secretaría Xeral, aos órganos establecidos neste decreto en función das atribucións que teñen asignadas.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogados o Decreto 500/2005, do 15 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, e, en xeral, todas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ou contradigan o establecido neste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a conselleira do Mar para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e oito de maio de dous mil nove.

Alberto Nuñez Feijóo

Presidente

Rosa María Quintana Carballo

Conselleira do Mar


No hay versiones para esta norma