Decreto 332/2005, do 18 de agosto, polo que se modifica o Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia. - Diario Oficial de Galicia, de 19-08-2005

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 159
  • Fecha de Publicación: 19/08/2005

O Decreto 232/2005, do 11 de agosto, establece a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

O artigo 10º, que desenvolve a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, determina que queda adscrito a esta consellería o ente público Instituto para o Control do Medio Mariño de Galicia. Non obstante a denominación dada ao devandito ente na súa Lei de creación 3/2004, do 7 de xuño, é Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.

Na disposición adicional terceira créanse as delegacións provinciais do Benestar Social dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Co fin de adecuar a denominación das delegacións ao da Vicepresidencia de que dependen estas pasan a denominarse delegacións provinciais da Igualdade e do Benestar.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaoito de agosto de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º.Modifícase o artigo 10º, letra b) do Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, que quedará redactado nos seguintes termos:

«Queda adscrito a esta consellería o ente público Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia».

Artigo 2º.Modifícase a disposición adicional terceira que quedará redactada nos seguintes termos:

«Créanse as delegacións provinciais da Igualdade e do Benestar, dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar».

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaoito de agosto de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño Presidente José Luis Méndez Romeu Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza


No hay versiones para esta norma