Decreto 437/2009, do 17 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego publico correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administracion da Comunidade Autonoma de Galicia para o ano 2009. - Diario Oficial de Galicia, de 18-12-2009

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 246
  • Fecha de Publicación: 18/12/2009
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

O artigo 31 da Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009, dispón que o número total de prazas de novo ingreso do persoal do sector público a que se refire o punto 8 do artigo 12 desta lei será, como máximo, igual ao 30% da taxa de reposición de efectivos e que se concentrarán nos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren absolutamente prioritarios ou que afecten o funcionamento dos servizos públicos esenciais. Para estes efectos consideraranse efectivos aqueles que veñan desempeñando a súa actividade en servizos que teñen carácter permanente na comunidade autónoma.

Dentro deste límite, a oferta de emprego incluirá todos os postos e prazas desempeñados por persoal laboral contratado ou persoal interino nomeado, ao cal se refire alínea a) do punto 1 do artigo 10 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, excepto aqueles sobre os cales exista unha reserva do posto ou que estean incursos en procesos de provisión. Con este fin, realizaranse as adecuacións nos orzamentos que resulten precisas e sempre de acordo co previsto no artigo 9 desta lei.

O texto refundido da Lei de función pública de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, no seu artigo 31.6º establece os criterios xerais en que se debe enmarcar a oferta de emprego público, sen prexuízo das especificidades que se poidan establecer nas convocatorias respectivas, concibida como instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección do persoal ao servizo das administracións públicas, en que deben primar os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.

Na oferta de emprego público do ano 2009 recóllese un plan de promoción interna para o persoal funcionario dos corpos xerais, que consiste en abordar unha promoción interna independente das convocatorias ordinarias. Tamén se prevé para os funcionarios/as unha promoción con reclasificación do posto que consiste en abrir as prazas ao corpo e grupo e que acceda por esta quenda.

Así mesmo, nesta oferta incorpóranse medidas de redución de temporalidade no emprego público relativas a determinadas escalas de Administración xeral de conformidade co previsto na disposición transitoria décimo cuarta do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e de persoal laboral de conformidade co disposto na disposición transitoria decima do V convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Ademais, o 22 de decembro de 2008 por autorización conxunta das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda ampliouse a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008 ata un dez por cento de prazas adicionais do total global de prazas, tal e como se establecía no artigo 2 do Decreto 88/2008, do 30 de abril de acordo co establecido no artigo 70.1º da Lei 7/2007, do 21 de abril, do Estatuto básico do empregado público e no punto 1º do artigo 30 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, e se procede a través do anexo III deste decreto a publicar as prazas autorizadas. As prazas ampliadas pola autorización conxunta e convocadas a través dos procesos selectivos realizados durante o ano 2009 xa non se publican neste anexo.

Non obstante e como consecuencia dos axustes producidos nos procesos de consolidación de persoal laboral regulados na disposición transitoria décima do V convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, cómpre volver publicar a totalidade das prazas afectadas por este proceso quedando fixadas no anexo II deste decreto, polo que o número de prazas convocadas no Decreto 88/2008, do 30 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2008 referidas no punto III.2-Plan de consolidación quedan rectificadas polas publicadas neste decreto.

Neste marco e tendo en conta os postos de traballo vacantes en distintos corpos e escalas de Administración xeral e especial e de persoal laboral desta comunidade autónoma que afectan o funcionamento dos servizos públicos esenciais, de conformidade co previsto no artigo 31 da Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009, así como no artigo 23 da Lei 2/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2009, cómpre a aprobación da oferta de emprego público relativa ao persoal funcionario de distintos corpos e escalas de Administración xeral e especial e persoal laboral no ano 2009.

Na súa virtude, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa xeral de negociación de empregados públicos, tras o informe da Dirección Xeral de Orzamentos e da Comisión de Persoal, e de conformidade co establecido no artigo 13.8º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, por proposta da conselleira de Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de decembro de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Aprobación da oferta de emprego público.

De conformidade co disposto no artigo 31.6º do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, no artigo 70 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, así como no artigo 31 da Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009, apróbase a oferta de emprego público correspondente a distintos corpos e escalas de Administración xeral e especial, así como de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia para o ano 2009 nos termos que se establecen neste decreto.

Artigo 2º.-Cuantificación da oferta de emprego público.

Nesta oferta de emprego público inclúense as necesidades de recursos humanos con asignación orzamentaria que non poden ser cubertas cos efectivos de persoal existentes, de acordo cos criterios e segundo a composición que se detalla no anexo desde decreto.

Artigo 3º.-Planificación dos recursos humanos.

A planificación dos recursos humanos na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, orientarase ao correcto dimensionamento do volume de efectivos do sector público, á mellora na distribución e capacitación dos efectivos para unha máis eficaz prestación dos servizos e potenciar a estabilidade no emprego.

Artigo 4º.-Criterios xerais de aplicación nos procesos selectivos.

1. De acordo coa Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, sinálanse os seguintes principios reitores para o acceso ao emprego público e a adquisición da relación de servizo.

a) Na selección do seu persoal, a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia garantirá, ademais dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, os principios de.

-Publicidade das convocatorias e das súas bases.

-Transparencia.

-Imparcialidade e profesionalidade dos órganos de selección e os seus membros.

-Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección.

-Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións e tarefas que se van desenvolver.

-Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos selectivos.

b) Os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna e das medidas de discriminación positiva previstas neste decreto.

c) A composición dos tribunais de selección do persoal da Administración pública galega será paritaria para o conxunto da oferta pública de emprego, tanto se se trata de acceso ao emprego como se se trata de promoción interna, de acordo co disposto no artigo 36 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes, modificado pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres en Galicia.

d) Os procesos selectivos que prevexan a realización de probas con respostas alternativas, farán públicos os modelos correctores, na páxina web da Xunta de Galicia ademais de nos lugares que se estipulen na convocatoria.

e) O funcionamento e actuación dos tribunais de selección axustaranse ás instrucións ditadas pola persoa titular da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 11 de abril de 2007, así como as modificacións que se produzan derivadas delas.

2. Se nun determinado corpo, escala, grupo ou categoría da Administración pública galega se verificase a infrarrepresentación do sexo feminino, entendendo por infrarrepresentación cando exista unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte puntos entre o número de mulleres e o número de homes, de existir méritos iguais entre dous ou máis candidatos ao finalizar o proceso selectivo e antes da proposta de nomeamento dos candidatos aprobados, deberá aplicarse como primeiro criterio de desempate a preferencia das mulleres, salvo se considerando obxectivamente todas as circunstancias concorrentes nos candidatos de ambos os sexos existen motivos non discriminatorios para preferir o home, de acordo coa Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes.

Artigo 5º.-Persoal de novo ingreso.

Nos corpos e escalas de Administración xeral e especial da Xunta de Galicia, ofertaranse as prazas que se detallan no anexo.

Artigo 6º.-Promoción interna para o persoal funcionario.

1. No ano 2009, co obxecto de fomentar a promoción interna, convocaranse as prazas que se detallan no anexo, para os/as funcionarios/as dos distintos corpos de Administración xeral da Xunta de Galicia. Estes procesos selectivos de promoción interna levaranse a cabo en convocatorias independentes das de ingreso de conformidade co previsto no artigo 63.2º do texto refundido da Lei da función pública de Galicia. A distribución das prazas é a que figura nos anexos.

2. Realizarase unha promoción interna separada para permitir que os/as funcionarios/as da Administración xeral poidan promocionar ao grupo inmediato superior sempre e cando posúan a titulación necesaria, teñan prestados servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como funcionario/a de carreira no corpo de pertenza, reúnan os requisitos e superen as probas que para cada caso estableza a consellería competente en materia de función pública.

De acordo co previsto no artigo 63.2º do texto refundido da Lei da función pública da Galicia, poderá participar nos procesos de promoción interna para o acceso ao corpo administrativo da Xunta de Galicia o persoal funcionario do corpo auxiliar da Xunta de Galicia que aínda que careza da titulación exixida para a pertenza ao grupo C1 acredite unha antigüidade mínima de 10 anos no grupo C2.

3. Aos aspirantes que superen este proceso de promoción interna adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñan desempeñando con carácter definitivo, sempre que estea aberto ao corpo do grupo de titulación a que se acceda e figure na relación de postos de traballo aberto á Administración xeral.

No caso de que o aspirante ocupe un posto con carácter definitivo que non estea aberto ao corpo do grupo de titulación a que se acceda, reclasificarase o dito posto e co nivel mínimo do grupo, a excepción dos postos ocupados por funcionarios/as que accedan por promoción interna ao grupo C2 e os postos abertos exclusivamente a escalas.

4. Os aspirantes que participen nos procesos de promoción interna e que superen a fase de oposición pero non aproben por non reunir os méritos suficientes na fase de concurso, quedarán exentos de realizar na seguinte convocatoria algún dos exercicios da fase de oposición que se determinen na nela.

5. Se unha vez superados os procesos selectivos quedan prazas vacantes, acumularanse á oferta de emprego público seguinte.

Artigo 7º.-Substitución de emprego temporal por emprego fixo.

1. Dentro das medidas de redución da temporalidade, co obxecto de aumentar a estabilidade no emprego público, convocaranse procesos extraordinarios de consolidación nas escalas de Administración xeral e de persoal laboral que se relacionan no anexo desde decreto, para dar a oportunidade ao persoal interino e persoal laboral temporal de adquirir a condición de persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo nos termos establecidos na disposición transitoria décimo cuarta do texto refundido da Lei da función pública de Galicia e na disposición transitoria décima do V convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

2. Estes procesos levaranse a cabo mediante convocatorias extraordinarias de selección con suxeición aos principios de igualdade, mérito, capacidade, publicidade e concorrencia competitiva, que se esgotarán coa súa propia resolución e terán carácter excepcional, ofertándose as prazas que figuran no anexo.

As prazas afectadas polo proceso de consolidación, serán obxecto de convocatoria independente.

Como consecuencia dos axustes producidos nos procesos de consolidación de persoal laboral regulados na disposición transitoria décima do V convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, cómpre volver publicar a totalidade das prazas afectadas por este proceso quedando fixadas no anexo II deste decreto, polo que o número de prazas convocadas no Decreto 88/2008, do 30 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2008 referidas no punto III.2-Plan de consolidación quedan rectificadas polas publicadas neste decreto.

Artigo 8º.-Persoas con discapacidade.

1. Nos procesos selectivos para o ingreso en corpos e escalas de persoal funcionario, así como nos de promoción interna, serán admitidas as persoas con discapacidade nos termos previstos neste artigo e demais normativa aplicable.

As convocatorias non establecerán exclusións por limitacións psíquicas e/ou físicas sen prexuízo das incompatibilidades co desempeño das tarefas ou funcións correspondentes.

2. De conformidade co previsto na disposición adicional sétima do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, reservarase unha cota non inferior ao sete por cento das vacantes ofertadas para seren cubertas por persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no artigo 1.2º da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal de persoas con discapacidade, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade así como a compatibilidade no desempeño das súas funcións, de modo que, progresivamente, se acade o dous por cento dos efectivos totais da Administración da Xunta de Galicia.

A reserva farase sobre o cómputo total das vacantes incluídas nesta oferta de emprego público e poderán concentrarse as prazas reservadas para persoas con discapacidade naquelas convocatorias que se refiran a corpos, escalas ou categorías cuxo desempeño se adapte mellor ás peculiaridades das persoas discapacitadas; poderanse excluír desta reserva aqueles corpos, escalas ou categorías que se consideren incompatibles coas tarefas ou funcións que requiran os postos de traballo, sen que a cota de reserva total se vexa alterada.

Cando da aplicación da porcentaxe resulten fraccións decimais redondearase por exceso para o seu cómputo.

O número de prazas reservadas quedará recollido nas correspondentes bases específicas das convocatorias.

Se as prazas reservadas e que foron cubertas polas persoas con discapacidade non acadasen a taxa do tres por cento das prazas convocadas, as prazas non cubertas acumularanse á cota do sete por cento da oferta seguinte, cun límite máximo do doce por cento.

3. A opción a prazas reservadas terá que formularse na solicitude de participación nas convocatorias con declaración expresa dos interesados de reunir a condición exixida ao respecto, que se acreditará, se obtivese praza, mediante certificación dos órganos competentes. As probas selectivas terán idéntico contido e realizaranse en condicións de igualdade co resto dos aspirantes de promoción interna ou de novo ingreso, segundo corresponda, sen prexuízo das adaptacións previstas neste artigo. Durante o proceso selectivo darase un tratamento diferenciado ás dúas quendas en que se refire ás relacións de admitidos, os chamamentos aos exercicios e á relación de aprobados. Non obstante, ao finalizar o proceso, elaborarase unha relación única en que se incluirán todos os candidatos que superen todas as probas selectivas, ordenados pola puntuación total obtida, con independencia da quenda pola que participen. A dita relación será a determinante para a petición e a adxudicación de destinos, agás o previsto no punto 7º deste artigo, de acordo co previsto no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade.

Se na súa realización o órgano de selección ten dúbidas respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios/as do corpo ou escala a que se opta, poderán solicitar o correspondente ditame do órgano competente.

4. Nas probas selectivas, incluíndo os cursos de formación ou os períodos de prácticas, estableceranse para as persoas con discapacidade que o soliciten as adaptacións e os axustes razoables necesarios de tempo e medios para a súa realización, de acordo co disposto na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade, para asegurar que estas persoas participen en condicións de igualdade. Nas convocatorias indicarase expresamente esta posibilidade, así como que os interesados deberán formular a correspondente petición concreta na solicitude de participación.

Para tal efecto os tribunais ou comisión de selección poderán requirir informe e, se é o caso, colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou dos órganos competentes.

5. Con anterioridade ao nomeamento e unha vez superado o proceso selectivo a consellería competente en materia de función pública, poderá requirir, respecto das persoas que acceden por esta cota de reserva, ditame do órgano competente sobre a compatibilidade do candidato para o posto de traballo ou sobre as adaptacións deste último.

6. Os procesos selectivos deberán incluír a posibilidade de que nas convocatorias en que se estableza unha cota de reserva para persoas con discapacidade, unha vez cubertas as prazas desta cota, os aspirantes que superen a fase de oposición, pero non obteñan praza pola cota de reserva, poidan optar, en igualdade de condicións, ás prazas do sistema xeral, tanto no caso de acceso por promoción interna como no de quenda libre.

7. Tras superar o proceso selectivo, as persoas que ingresen en corpos ou escalas de persoal funcionario ou categorías de persoal laboral da Administración autonómica e dos seus organismos autónomos e que fosen admitidas na convocatoria ordinaria con prazas reservadas para persoas con discapacidade poderanlle solicitar ao órgano convocante a alteración da orde de prelación para a escolla das prazas dentro do ámbito territorial que se determine na convocatoria, por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados. O órgano convocante decidirá a devandita alteración cando estea debidamente xustificada e deberase limitar a realizar a mínima modificación na orde de prelación necesaria para posibilitar o acceso ao posto da persoa discapacitada.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de función pública para ditar, dentro das súas competencias, as normas precisas para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de decembro de dous mil nove.

Alberto Núñez Feijoo

Presidente

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

ANEXO I

I. Administración xeral.

I.

1. Promoción interna.

Corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A1): 25.

Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A2): 25.

Corpo administrativo da Xunta de Galicia (subgrupo C1): 30.

Corpo auxiliar da Xunta de Galicia (subgrupo C2): 30.

Total: 110.

I.2. Acceso libre.

-Corpos xerais.

Corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A1): 20.

Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A2): 15.

Corpo Auxiliar da Xunta de Galicia (subgrupo C2): 30.

-Escalas.

Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A2).

-Escala técnica de estatísticos: 4.

Total: 69.

I.3. Consolidación.

-Escalas.

Corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A1).

-Escala superior de finanzas: 13.

-Escala superior de estatísticos: 1.

Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A2).

-Escala técnica de finanzas: 5.

Corpo administrativo da Xunta de Galicia (subgrupo C1).

-Escala subinspección de consumo: 1.

Total: 20.

Total administración xeral: 199.

II. Administración especial:

II.1. Acceso libre.

Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1).

-Escala de arquitectos: 10.

-Escala de enxeñeiros industriais: 4.

-Escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos: 6.

Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (subgrupo A2).

-Escala de arquitectos técnicos: 6.

-Escala enxeñeiro técnicos agrícolas: 10.

-Escala de enxeñeiros técnicos obras públicas: 10.

Corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (subgrupo C1).

-Delineantes: 2.

Total administración especial: 48.

Total de persoal funcionario: 247.

ANEXO II

Relación definitiva das prazas derivadas

dos axustes dos procesos de consolidación

de persoal laboral

I. Persoal laboral.

I.1. Plan de consolidación 1ª parte.

Grupo I: 165.

Grupo II: 47.

Grupo III: 52.

Grupo IV: 168.

Grupo V: 11.

Total: 443.

I.2. Plan consolidación 2ª parte.

Grupo I: 128.

Grupo II: 38.

Grupo III: 31.

Grupo IV: 27.

Grupo V: 3.

Total: 227.

Total global: 670.

ANEXO III

Autorización conxunta das consellerías de Presidencia,

Administracións Públicas e Xustiza e Economía e Facenda

de 22 de decembro de 2008

I. Administración especial.

Corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C, subgrupo C1).

-Escala de axentes facultativos ambientais: 20.

Total administración especial: 20.

Total oferta de emprego público: 937.


No hay versiones para esta norma