DECRETO 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas., - Diario Oficial de Galicia, de 24-01-2012

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 16
  • Fecha de Publicación: 24/01/2012
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

O Decreto 1/2012, do 3 de xaneiro, modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, establecida polo Decreto 79/2009, do 19 de abril, coa finalidade de adaptala ás necesidades que o momento actual aconsella acometer, tendo en conta os criterios de eficacia, economía e austeridade que deben inspirar a actuación e a organización administrativa.

Esta nova dimensión organizativa reflíctese no Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, que no seu artigo 3 establece unha nova estrutura da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, á cal se lle adscribe a Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

En consecuencia, procede agora desenvolver esta estrutura orgánica superior co fin de facer máis áxil e eficaz a xestión administrativa, tendo en conta os criterios aludidos que, neste ámbito, se traducen nunha maior racionalidade e eficacia no desenvolvemento competencial e de xestión das funcións que ten atribuídas.

A nova estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten en conta, ademais da adscrición da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, a posta en funcionamento da Axencia Galega de Infraestruturas e a conseguinte supresión da Dirección Xeral de Infraestruturas, así como a futura posta en funcionamento do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio.

Desde un punto de vista funcional, modifícanse as funcións da Vicesecretaría Xeral, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, para acadar unha maior axilidade na xestión administrativa.

Por último, aprovéitase a modificación para adaptar a estrutura orgánica ás previsións recollidas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.4 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, co informe previo da Consellería de Facenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de xaneiro de dous mil doce,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Ámbito competencial e organización xeral da Consellería

Artigo 1. Ámbito competencial.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é o órgano de la Administración da Comunidade Autónoma ao cal lle corresponden as competencias e funcións en materia de ambiente, ordenación do territorio e urbanismo, vivenda e solo, infraestruturas, mobilidade, e conservación da natureza, consonte o establecido no Estatuto de autonomía para Galicia nos termos sinalados na Constitución española e que exercerá no nivel de desenvolvemento que se indica neste decreto para cada un dos órganos integrantes deste departamento.

Artigo 2. Estrutura da Consellería.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección:

a) O/A conselleiro/a.

b) A Secretaría Xeral Técnica.

c) A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

d) A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

e) A Dirección Xeral de Mobilidade

f) A Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe

g) A Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

Artigo 3. Organismos, entes e órganos adscritos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

1. Quedan adscritos a esta consellería en virtude do disposto no artigo 3 do Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, os seguintes organismos e entes:

a) O ente público de natureza consorcial Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, creada pola Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e cuxos estatutos establece o Decreto 213/2007.

b) O organismo autónomo Augas de Galicia, creado pola Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica galega, e cuxo regulamento foi establecido polo Decreto 108/1996, do 29 de febreiro.

c) O organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo, creado pola Lei 3/1998, do 27 de abril.

d) O ente público Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, creado pola Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica galega, e os seus estatutos foron aprobados polo Decreto 125/1996, do 7 de marzo.

e) O Xurado de Expropiación de Galicia, creado pola Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e cuxo regulamento de organización e funcionamento foi aprobado polo Decreto 223/2005, do 16 de xuño.

f) A Axencia Galega de Infraestruturas, creada, en virtude da autorización prevista na disposición adicional cuarta da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o seu estatuto.

2. Así mesmo, tamén quedan adscritos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas co carácter, labores e funcións establecidos nas súas respectivas normas reguladoras, os seguintes órganos colexiados:

a) O Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, regulado no Decreto 74/2006, do 30 de marzo.

b) A Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, prevista no artigo 225.1.d) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e no Decreto 119/1998, do 16 de abril.

c) A Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartográfica, creada polo Decreto 148/2003, do 9 de xaneiro.

d) O Consello Galego de Transportes, regulado polo Decreto 230/1986, do 10 de xullo.

e) O Comité Galego de Pesca Fluvial. A presidencia do comité será asumida pola persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

f) Os comités provinciais de pesca fluvial. A presidencia dos comités será asumida polos xefes ou xefas territoriais da Consellería.

g) O Comité Galego de Caza. A presidencia do comité será asumida pola persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

h) Os comités provinciais de Caza. A presidencia dos comités será asumida polos xefes ou xefas territoriais da Consellería.

Título II

Servizos Centrais

Capítulo I

Artigo 4. O/a conselleiro/a.

O/a conselleiro/a é a autoridade superior da Consellería e con tal carácter está investido das atribucións enumeradas no artigo 34 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

Capítulo II

Da Secretaría Xeral Técnica

Sección 1.ª Da Secretaría Xeral Técnica

Artigo 5. Atribucións.

A Secretaría Xeral Técnica exercerá as funcións e competencias establecidas no artigo 29 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e demais normativa aplicable, en relación coas diferentes unidades e servizos en que se estrutura a consellería, así como aqueloutras previstas na normativa aplicable ou mesmo as que lle sexan delegadas ou encomendadas pola persoa titular da consellería.

Artigo 6. Estrutura.

1. Para o exercicio das súas competencias, a Secretaría Xeral Técnica contará cos seguintes órganos:

a) Vicesecretaría Xeral.

b) Subdirección Xeral de Persoal e Xestión Económica.

c) Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo.

2. Adscríbense organicamente á Secretaría Xeral Técnica, con nivel de subdirección xeral, a Asesoría Xurídica de Medio Ambiente e Territorio, a Asesoría Xurídica de Infraestruturas e a Intervención Delegada, que dependerán funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, respectivamente.

As asesorías xurídicas de Medio Ambiente e Territorio e de Infraestruturas rexeranse polo disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, desenvolverán as funcións previstas no artigo 13.2 do devandito decreto en relación coas súas respectivas áreas funcionais e contarán co número de efectivos que se determine na correspondente relación de postos de traballo.

Sección 2.ª Da Vicesecretaría Xeral

Artigo 7. Funcións.

1. Con nivel orgánico de subdirección xeral a Vicesecretaría é a unidade que exercerá as seguintes funcións:

a) Xestión e control dos convenios e protocolos de colaboración en que sexa parte a Consellería e non sexan competencia doutros órganos desta.

b) A xestión dos expedientes de contratación administrativa de competencia da Consellería.

c) Xestión dos expedientes de subvencións que non sexan competencia doutros órganos da Consellería.

d) Coordinación do parque móbil da Consellería, sen prexuízo das competencias que corresponden a outros departamentos da Xunta de Galicia e coordinación das dotacións relativas ao vestiario do persoal.

e) Formación de estatísticas nas materias que sexan competencia da Consellería en coordinación co Instituto Galego de Estatística, sen prexuízo das funcións nesta materia doutras unidades da Consellería.

f) Realizar as funcións inspectoras sobre todos os órganos e servizos de carácter técnico da Consellería.

g) Recoñecer, comprobar e recibir os contratos administrativos executados polos distintos órganos e servizos da Consellería.

h) Asesorar e emitir os informes solicitados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica e, en especial, prestarlle asistencia, coordinar e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, por razón da súa competencia.

2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a Vicesecretaría Xeral contará, coas seguintes unidades, con nivel orgánico de servizo:

2.1. Servizo de Contratación.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As funcións inherentes á preparación, licitación, adxudicación dos expedientes de contratación de competencia da Consellería, así como as súas modificacións.

b) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Vicesecretaría Xeral.

2.2. Servizo de Coordinación Técnica e Inspección.

Correspóndelle a este servizo o exercicio das funcións a que se refiren as letras f) e g) do punto 1 anterior, así como prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Vicesecretaría Xeral.

Sección 3.ª Da Subdirección Xeral de Persoal e Xestión Económica

Artigo 8. Funcións e estrutura.

1. A Subdirección Xeral de Persoal e Xestión Económica exercerá as seguintes funcións:

a) A coordinación da confección e tramitación do anteproxecto de orzamentos da consellería; o seguimento e control interno da execución orzamentaria, así como a tramitación dos expedientes de modificacións orzamentarias, en coordinación cos órganos implicados.

b) A ordenación, xestión e administración ordinaria dos asuntos relativos ao persoal da Consellería.

c) A organización e supervisión das bases de datos e de rexistro de persoal, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros departamentos da Xunta de Galicia.

d) A xestión dos plans de formación do persoal da Consellería.

e) A organización dos aspectos que atinxen ao réxime interior da Consellería.

f) A organización, coordinación e supervisión da xestión administrativa do patrimonio adscrito á Consellería, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.

g) A xestión do plan de publicacións e edicións audiovisuais da Consellería e as funcións relativas á súa representación na Comisión de Publicacións da Xunta de Galicia.

h) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a Subdirección Xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.1. Servizo de Xestión Económica e Control Orzamentario.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) Coordinación e tramitación do anteproxecto de orzamentos da Consellería, control da execución económica, tramitación dos expedientes de modificación orzamentaria e a execución dos gastos que se lle atribúan.

b) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Subdirección Xeral de Persoal e Xestión Económica.

2.2. Servizo de Persoal.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) Ordenación, xestión e administración ordinaria dos recursos humanos da Consellería e seguimento e control do rexistro de persoal.

b) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Subdirección Xeral de Persoal e Xestión Económica.

2.3. Servizo de Réxime Interno.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) Xestión do réxime interno da Consellería, rexistro, arquivo e información, tramitación de reclamacións e recursos en materia de persoal e xestión do plan de formación e do plan de publicacións.

b) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Subdirección Xeral de Persoal e Xestión Económica.

Sección 4.ª Da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo

Artigo 9. Funcións e estrutura.

1. A Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo exercerá as seguintes funcións:

a) O estudo e tramitación dos anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral que elaboren os distintos centros directivos da Consellería.

b) O estudo, tramitación e proposta de resolución de reclamacións, recursos e requirimentos formulados contra os actos e resolucións ditados polos distintos órganos da Consellería, cando non estean atribuídos a outros órganos desta.

c) A tramitación dos requirimentos e peticións formuladas á Consellería polos xulgados, tribunais, Defensor/a do Pobo, Valedor/a do Pobo e outros órganos e institucións.

d) A emisión dos informes encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, ademais do estudo dos asuntos que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais.

e) A coordinación, para a súa remisión e ulterior publicación no Diario Oficial de Galicia, das disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da Consellería.

f) A coordinación, mediante a elaboración de instrucións, protocolos de actuación ou calquera outro instrumento que se considere adecuado, coas unidades da Consellería que desenvolvan funcións xurídico-administrativas.

g) Rexistro e arquivo das disposicións legais emanadas da Consellería, así como levar a cabo as compilacións e refundicións das normas emanadas desta.

h) Coordinación das actuacións da Consellería en relación coas fundacións de interese galego sobre as cales esta exerza o protectorado e xestionará para ese efecto os libros de rexistro.

i) Elaboración de propostas de resolución e resolucións de procedementos sancionadores de competencia da Dirección Xeral de Conservación da Natureza que lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

j) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a Subdirección Xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.1. Servizo Técnico-Xurídico I.

2.2. Servizo Técnico-Xurídico II.

Correspóndenlles as seguintes funcións:

a) Asistencia e apoio xurídico nas diferentes materias que sexan competencia da Consellería e que sexan atribuídas pola persoa titular da Subdirección Xeral, tanto nos proxectos de disposicións que elaboren os distintos centros directivos da Consellería, como no estudo, tramitación e proposta de resolución de reclamacións, recursos e requirimentos formulados contra os actos e resolucións ditados polos distintos órganos da Consellería, cando non estean atribuídos a outros órganos desta.

b) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo.

2.3. Servizo de Apoio Técnico-Administrativo.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A emisión dos informes encomendados, ademais do estudo dos asuntos que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais, así como a coordinación, para a súa remisión e ulterior publicación no Diario Oficial de Galicia das disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da Consellería.

b) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo.

Capítulo III

Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Artigo 10. Funcións e estrutura.

1. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo exercerá as funcións inherentes á dirección, planificación, impulso, xestión e coordinación das competencias que, en materia de urbanismo, ordenación do territorio e do litoral, así como as autorizacións e os informes na zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre e no solo rústico que ten atribuídas a consellería e, en particular, corresponderanlle:

Con carácter xeral:

a) A materialización e posta en práctica da política territorial e de utilización racional do solo coa finalidade de favorecer o desenvolvemento equilibrado e sustentable do territorio; contribuír a elevar a calidade de vida e a cohesión social da poboación e protexer e potenciar o patrimonio natural e cultural, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.

b) O exercicio das funcións que a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, lle atribúe á persoa titular da dirección xeral competente en materia de urbanismo.

c) O fomento da formación e da investigación, e a elaboración e divulgación de estudos e proxectos en materia de urbanismo, ordenación do territorio e litoral.

d) O fomento, seguimento e control da actividade urbanística, sen prexuízo das competencias dos municipios e o requirimento de anulación de actos de aprobación de instrumentos de planeamento e xestión urbanística.

e) O fomento da participación cidadá na formulación, tramitación e xestión do planeamento territorial e urbanístico.

f) O apoio e asesoramento necesario á Comisión Superior de Urbanismo de Galicia.

g) A elaboración de proxectos e anteproxectos de disposicións normativas en materia de urbanismo, ordenación do territorio e litoral.

h) A coordinación dos servizos territoriais de urbanismo.

i) A tramitación e proposta de resolución dos procedementos de responsabilidade patrimonial no ámbito das súas competencias.

j) As funcións inherentes á xestión económica e o seguimento, control e xestión da execución dos contratos administrativos e actividades de fomento no ámbito da súa competencia.

k) O exercicio de calquera competencia en materia de urbanismo que a lexislación vixente atribúa á Administración autonómica sen especificar o órgano que deba exercela.

l) A realización de actuacións de mellora de contornos urbanos, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.

m) A emisión de informes preceptivos en materia de costas, nos supostos previstos polo artigo 24 do Decreto 158/2005, do 2 de xuño, polo que se regulan as competencias autonómicas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, así como o outorgamento de autorizacións administrativas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre segundo o establecido na Lei 22/1988, do 22 de xullo, de costas.

n) A preparación dos informes que conforme a lexislación de carácter sectorial lle corresponda emitir ao órgano autonómico competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo.

ñ) Análise e proposta de informe dos expedientes de solicitude de autorización de execución de grandes establecementos comerciais sobre a súa adaptación ao planeamento vixente e en tramitación, para a posta en coñecemento da súa viabilidade á Comisión Consultiva de Equipamentos Comerciais.

o) Informe de recursos interpostos contra resolucións ditadas pola persoa titular da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo nas materias da súa competencia.

p) O asesoramento e a emisión de informes sobre a aplicación e interpretación da normativa vixente en materia de urbanismo.

En materia de ordenación do territorio e do litoral:

a) Impulso da cooperación con todas as administracións públicas con competencia no territorio, especialmente coas administracións locais, co fin de promover o desenvolvemento de políticas comúns, debidamente coordinadas e programadas, que aseguren o cumprimento dos fins de protección, xestión e ordenación do territorio.

b) A programación, dirección e control da política de ordenación do territorio e do litoral.

c) A elaboración e tramitación administrativa dos instrumentos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio, que se formulen por iniciativa desta consellería.

d) A coordinación coas restantes consellerías ou outros organismos ou entidades para a formulación dos seus correspondentes plans ou programas de carácter sectorial con incidencia sobre o territorio, así como o seguimento, arquivo e rexistro dos instrumentos de ordenación do territorio aprobados.

e) A elaboración de informes respecto dos demais instrumentos de ordenación do territorio previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio, cando así se exixa de acordo coa devandita lei e coa normativa e instrumentos que a desenvolvan.

En materia de urbanismo:

a) A preparación dos informes que, con carácter previo á aprobación inicial ou definitiva de instrumentos de planeamento urbanístico por parte dos concellos, prevé a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

b) A elaboración das propostas de resolución respecto dos instrumentos de planeamento urbanístico cuxa aprobación definitiva sexa competencia da persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade coa Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

c) A elaboración e tramitación administrativa das normas técnicas de planeamento e das normas subsidiarias e complementarias de planeamento.

d) A tramitación administrativa dos instrumentos de planeamento urbanístico.

e) O apoio técnico e económico e a colaboración coas entidades locais para a formulación e tramitación do planeamento urbanístico e a súa xestión e execución.

f) O seguimento, arquivo e rexistro dos instrumentos de planeamento urbanístico aprobados e o requirimento de anulación de actos de aprobación de instrumentos de planeamento e xestión urbanística.

g) A xestión do Rexistro de Entidades Urbanísticas Colaboradoras, de acordo co disposto polo Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto.

h) Seguimento, control e actualización do estado do planeamento en Galicia. Diagnose das necesidades.

i) Prestarlles asistencia e coordinación aos concellos en relación cos expedientes das subvencións que, en materia de planeamento, se tramiten nesta consellería.

2. Baixo a dependencia directa da persoa titular da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, e para o exercicio das funcións e competencias enumeradas no artigo anterior, a Secretaría Xeral estrutúrase nos seguintes órganos administrativos:

2.1. Servizo de Obras e Supervisión de Proxectos.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As funcións de supervisión de proxectos técnicos e seguimento dos contratos de dirección e de execución de obra relacionados coas actuacións de mellora de contornos urbanos, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.

b) Prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

2.2. Servizo Xurídico-Administrativo.

Esta unidade, con nivel orgánico de servizo, estará igualmente baixo a dependencia directa da persoa titular da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, e correspóndenlle, entre outras, as seguintes funcións:

a) As encomendadas á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo no que atinxe á área xurídico-administrativa.

b) A elaboración de informes sobre os recursos interpostos contra resolucións ditadas pola persoa titular da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo nas materias da súa competencia.

c) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

2.3. Subdirección Xeral de Ordenación do Territorio.

2.3.1. A Subdirección Xeral de Ordenación do Territorio exercerá as seguintes funcións:

a) Impulso da cooperación con todas as administracións públicas con competencia no territorio, especialmente coas administracións locais, co fin de promover o desenvolvemento de políticas comúns, debidamente coordinadas e programadas, que aseguren o cumprimento dos fins de protección, xestión e ordenación do territorio.

b) A programación, dirección e control da política de ordenación do territorio e do litoral.

c) A elaboración e tramitación administrativa dos instrumentos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio, que se formulen por iniciativa desta consellería.

d) A coordinación coas restantes consellerías ou outros organismos ou entidades para a formulación dos seus correspondentes plans ou programas de carácter sectorial con incidencia sobre o territorio, así como o seguimento, arquivo e rexistro dos instrumentos de ordenación do territorio aprobados.

e) A elaboración de informes respecto dos demais instrumentos de ordenación do territorio previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio, cando así se exixa de acordo coa devandita lei e coa normativa e instrumentos que a desenvolvan.

2.3.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, esta subdirección xeral contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

2.3.2.1. Servizo de Ordenación Territorial.

Correspóndenlle as funcións encomendadas á Subdirección Xeral no que atinxe á área temática de ordenación do territorio e, en xeral, prestarlle asistencia, así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da Subdirección Xeral.

2.3.2.2. Servizo de Autorizacións e Informes Sectoriais.

Correspóndenlle as funcións de supervisión de expedientes e a emisión de informes e autorizacións, se é o caso, relacionados coas seguintes actuacións:

a) A emisión de informes preceptivos en materia de costas, nos supostos previstos polo artigo 24 do Decreto 158/2005, do 2 de xuño, polo que se regulan as competencias autonómicas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

b) A preparación dos informes e autorizacións que conforme a lexislación de carácter sectorial lle corresponda emitir ao órgano autonómico competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo.

c) A preparación e elaboración das autorizacións administrativas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, segundo o establecido na Lei 22/1988, do 22 de xullo, de costas.

2.4. Subdirección Xeral de Urbanismo.

2.4.1. A Subdirección Xeral de Urbanismo exercerá as funcións de estudo, preparación, informe e seguimento dos instrumentos de planeamento urbanístico, e prestaralle asistencia e xestionará cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia, pola persoa titular da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

2.4.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, esta subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.4.2.1. Servizo de Planificación Urbanística I.

2.4.2.2. Servizo de Planificación Urbanística II.

2.4.2.3. Servizo de Planificación Urbanística III.

Correspóndenlles as seguintes funcións:

a) O estudo, a preparación, o informe e o seguimento dos instrumentos de planeamento urbanístico.

b) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lles sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Subdirección Xeral de Urbanismo.

Capítulo IV

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

Artigo 11. Funcións e estrutura.

1. A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental exercerá as competencias e funcións en materia de avaliación e control da incidencia que sobre o ambiente provoque a actividade humana, o fomento de sistemas e estratexias de corrección da dita incidencia, a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, o impulso da investigación ambiental e o desenvolvemento tecnolóxico e a súa posta en marcha para o logro da adecuada protección ambiental e o desenvolvemento de estudos e informes en materia de ambiente.

2. Para o exercicio das súas funcións a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental estrutúrase nas seguintes unidades:

2.1. Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental.

2.1.1. A Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental exercerá as seguintes funcións dentro do ámbito de competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental:

a) A elaboración dos anteproxectos de orzamentos da Secretaría, a súa execución, seguimento e coordinación.

b) As funcións inherentes á xestión económica e o seguimento, control e xestión da execución dos contratos administrativos e actividades de fomento no ámbito da súa competencia.

c) O seguimento e control dos convenios e protocolos de colaboración.

d) A planificación e realización de obras e infraestruturas que execute a Consellería para unha adecuada xestión dos residuos.

e) A potenciación e establecemento de procedementos que garantan a distribución da información ambiental á cidadanía que o requira, a través do mantemento e mellora do Sistema de Información Ambiental de Galicia (SIAM) e, en particular, a xestión do punto focal da Rede Eionet da Axencia Europea do Ambiente.

f) O deseño, execución e seguimento de programas, accións e actividades formativas de concienciación ambiental dirixidas ao conxunto da sociedade.

g) O asesoramento e realización de estudos e informes.

h) O estudo e a elaboración dos proxectos normativos no ámbito das súas competencias.

i) A tramitación dos expedientes sancionadores competencia da Secretaría.

j) A xestión dos órganos de participación da Consellería relativos á integración ambiental.

k) A execución da normativa de responsabilidade ambiental respecto ás análises de riscos ambientais e garantías financeiras e respecto ás ameazas inminentes de danos ambientais e/ou danos ambientais que afecten o ámbito da Secretaría Xeral.

l) A realización de actividades encamiñadas ao control do cumprimento da normativa ambiental e, en particular, o seguimento e a inspección ambiental.

m) O apoio á persoa titular da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental no exercicio das súas funcións.

n) Aquelas que, por razón da súa competencia, se lle encomenden.

2.1.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas a subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.1.2.1. Servizo de Xestión Ambiental.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As encomendadas á Subdirección Xeral no que atinxe á xestión orzamentaria, execución dos contratos administrativos, actividades de fomento e as derivadas da información ambiental.

b) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da Subdirección Xeral.

2.1.2.2. Servizo Xurídico-Administrativo.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As encomendadas á Subdirección Xeral no que atinxe á área xurídico-administrativa.

b) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da Subdirección Xeral.

2.1.2.3. Servizo de Intervención Ambiental.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As encomendadas á Subdirección Xeral no que atinxe ao control do cumprimento da normativa ambiental.

b) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da Subdirección Xeral.

2.2. Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental.

2.2.1. A Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental exercerá as seguintes funcións dentro do ámbito de competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental:

a) A tramitación dos expedientes derivados da aplicación da Lei 9/2006, sobre avaliación de determinados plans e programas no ambiente.

b) O impulso da integración do referente ambiental nas distintas políticas sectoriais e, en particular, no proceso de programación, realización, seguimento e avaliación das accións financiadas por fondos europeos.

c) O apoio técnico ao exercicio por parte da persoa titular do centro directivo das funcións que ten atribuídas como autoridade ambiental de Galicia, en particular as derivadas da súa condición de membro da Rede de Autoridades Ambientais de España.

d) A xestión e coordinación das actuacións derivadas da aplicación dos instrumentos preventivos recollidos na lexislación de protección ambiental de Galicia.

e) A xestión e seguimento dos pactos ambientais.

f) As actuacións derivadas da normativa de ecoxestión, ecoauditoría e ecoetiquetaxe.

g) A homologación de empresas e equipamentos de avaliación de impactos, control da calidade ambiental e de seguimento e inspección ambiental.

h) A tramitación e seguimento das autorizacións ambientais integradas.

i) Aquelas que por razón da súa competencia se lle encomenden.

2.2.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas a Subdirección Xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.2.2.1. Servizo de Avaliación Ambiental.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As encomendadas á Subdirección Xeral no que atinxe á avaliación da incidencia dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

b) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da Subdirección Xeral.

2.2.2.2. Servizo de Prevención e Xestión Ambiental.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As encomendadas á Subdirección Xeral no que atinxe á avaliación da incidencia que sobre o ambiente provoque a actividade humana.

b) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da Subdirección Xeral.

2.2.2.3. Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As funcións encomendadas á Subdirección Xeral no que atinxe á tramitación e seguimento das actuacións derivadas das autorizacións ambientais integradas.

b) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da Subdirección Xeral.

2.3. Subdirección Xeral de Residuos e Solos Contaminados.

2.3.1. A Subdirección Xeral de Residuos e Solos Contaminados exercerá as seguintes funcións dentro do ámbito de competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental:

a) A elaboración dos plans de xestión de residuos incluídos no ámbito de aplicación da Lei de residuos de Galicia e das accións de desenvolvemento destes.

b) O fomento das accións de redución, reciclaxe e recuperación de residuos e dos programas de colaboración cos concellos e con outras organizacións para a aplicación das accións indicadas.

c) A tramitación das autorizacións de xestores/as e produtores/as de residuos.

d) A tramitación e seguimento das autorizacións dos sistemas integrados de xestión.

e) O establecemento e xestión de procedementos que garantan a distribución da información en materia de residuos.

f) A colaboración coas consellerías correspondentes no control da xestión dos residuos non incluídos no ámbito de aplicación da Lei de residuos de Galicia, especialmente coas consellerías de Sanidade, no control da xestión dos residuos producidos nos establecementos sanitarios, e do Medio Rural e do Mar, no control da xestión dos residuos producidos nas explotacións agrícolas e gandeiras.

g) A xestión e coordinación das actuacións derivadas da lexislación sobre calidade dos solos e, en particular, a tramitación dos procedementos sometidos á lexislación sobre solos potencialmente contaminados.

h) A xestión da recuperación de solos contaminados.

i) Aquelas que por razón da súa competencia se lle encomenden.

2.3.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas a Subdirección Xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.3.2.1. Servizo de Planificación, Prevención e Información.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As encomendadas á Subdirección Xeral no que atinxe á planificación, prevención e información en materia de residuos.

b) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da Subdirección Xeral.

2.3.2.2. Servizo de Control da Xestión de Residuos e Calidade dos Solos.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As encomendadas á Subdirección Xeral no que atinxe ao control da xestión de residuos e da calidade dos solos.

b) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da Subdirección Xeral.

2.4. Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Investigación.

2.4.1. A Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Investigación exercerá as seguintes funcións dentro do ámbito de competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental:

a) A xestión dos sistemas de observación ambiental e predición meteorolóxica de Galicia e a súa difusión, sen prexuízo das competencias que correspondan á Consellería de Economía e Industria, no ámbito de aplicación da Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) A participación no desenvolvemento de plans de continxencia fronte a catástrofes naturais ou antropoxénicas, sen prexuízo das competencias que neste eido corresponden á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

c) O impulso, desenvolvemento e coordinación de iniciativas e proxectos de investigación en materia ambiental, a súa difusión e divulgación.

d) A prestación de servizos de asistencia científico-técnica aos sectores sociais e industriais e aos/ás xestores/as públicos/as en materia ambiental.

e) A coordinación e seguimento da estratexia galega fronte ao cambio climático e, en particular, as actuacións relacionadas co cumprimento do Protocolo de Quioto.

f) A elaboración e seguimento de inventarios de emisións de gases de efecto invernadoiro e a aplicación do réxime de comercio de dereitos de emisión destes.

g) As funcións de control das redes de calidade do aire e do Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes.

h) O soporte analítico das actuacións da Secretaría Xeral e o desenvolvemento e posta en marcha de novos métodos analíticos instrumentais.

i) A desclasificación de residuos perigosos.

j) O asesoramento e asistencia aos concellos en materia de aplicación da normativa contra a contaminación acústica de Galicia.

k) Aquelas que por razón da súa competencia se lle encomenden.

2.4.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas a Subdirección Xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.4.2.1. Servizo de Cambio Climático e Investigación Ambiental.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As funcións encomendadas á Subdirección Xeral no que atinxe ao impulso, promoción, desenvolvemento e coordinación de iniciativas de investigación en materia de ambiente así como á prevención do cambio climático.

b) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da Subdirección Xeral.

2.4.2.2. Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As funcións encomendadas á Subdirección Xeral no que atinxe ao soporte analítico das actuacións da secretaría xeral.

b) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da Subdirección Xeral.

Capítulo V

Das direccións xerais

Sección 1.ª Da Dirección Xeral de Mobilidade

Artigo 12. Funcións e estrutura.

1. A Dirección Xeral de Mobilidade exercerá as funcións de impulso, xestión e coordinación das políticas atribuídas á Consellería nos ámbitos da planificación, financiamento e ordenación do transporte e, en particular, exercerá as seguintes:

a) A planificación, a coordinación e o seguimento da política xeral de transportes e a execución dos servizos e das infraestruturas de transportes na comunidade autónoma.

b) A promoción da investigación sobre transporte, loxística e mobilidade, e o asesoramento ao departamento nestas materias.

c) O estudo e elaboración de proxectos normativos no ámbito das súas funcións.

d) A ordenación do transporte terrestre, por cable e marítimo no ámbito competencial da comunidade autónoma. No marco desta función, desenvolverá todas aquelas atribucións que lle estean conferidas polas disposicións vixentes na materia e, singularmente:

- O outorgamento das autorizacións fixadas pola normativa sectorial habilitantes para o desenvolvemento da actividade de transporte.

- O outorgamento de autorizacións para a prestación de servizos de transporte público regular de viaxeiros/as de uso especial ou temporal.

- A proposta de adxudicación da explotación dos servizos públicos regulares permanentes de persoas viaxeiras de uso xeral, por concesión ou calquera outro modo de contratación.

- O rexistro de empresas, vehículos, autorizacións, asociacións ou actividades relacionadas co transporte e a loxística.

e) A planificación e a execución das políticas de control e inspección dos diversos modos de transporte, e a tramitación e resolución dos expedientes sancionadores incoados así como a dos recursos administrativos que se formulen contra as resolucións recaídas en tal clase de expedientes.

f) O estudo, análise e implantación de plans e proxectos de fomento do transporte público e a mobilidade sustentable, o control e supervisión dos sistemas de información e xestión automatizados, a coordinación dos transportes urbanos cos interurbanos e o fomento de melloras nos elementos móbiles do transporte.

g) A planificación, coordinación e execución da oferta intermodal de transporte na comunidade autónoma e das infraestruturas do transporte de viaxeiros/as, e a proposta de adxudicación e explotación das terminais de transportes de viaxeiros/as.

h) A promoción, proxección, construción e xestión dos centros integrados de transporte e de plataformas para as actividades do transporte e a operatividade loxística de mercadorías.

i) O control das actividades de transportes en portos, aeroportos e heliportos, non cualificados de interese xeral polo Estado.

j) A programación de investimentos, obras e instalacións de transportes por estrada, ferrocarril, aéreo e por cable e o réxime administrativo, dirección, inspección e control delas.

k) O desenvolvemento da xestión administrativa en materia de transporte e, singularmente:

- Resolución ou, se é o caso, informe e proposta dos recursos interpostos dentro do ámbito da súa competencia.

- As funcións inherentes á xestión económica e o seguimento, control e xestión da execución dos contratos administrativos e actividade de fomento no ámbito das súas competencias.

- A tramitación dos expedientes de expropiación forzosa no ámbito das súas competencias.

- Instrución, tramitación e proposta de resolución dos expedientes de responsabilidade patrimonial da Administración no ámbito das súas competencias.

l) A coordinación da actividade dos servizos territoriais de Mobilidade.

2. Baixo a dependencia directa da persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade, e para o adecuado exercicio das competencias enumeradas no artigo anterior, a Dirección Xeral estrutúrase nas seguintes unidades administrativas, e ás cales corresponderán as funcións que a continúan se detallan:

2.1. Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.

2.1.1. A Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte exercerá as seguintes funcións:

a) A coordinación da xestión administrativa en relación cos servizos adscritos, así como cos servizos provinciais, en materia de ordenación do transporte.

b) O estudo e proposta de resolución en materia de concesións e autorizacións.

c) O apoio e asistencia á Dirección Xeral en materia de estudo, elaboración de proxectos e informes sobre textos legais ou sobre materias que a propia dirección xeral lle encomende, coordinación do transporte, asistencia na coordinación con outras administracións ou entidades en actuacións referentes ao transporte, e control e avaliación da xestión encomendada á Dirección Xeral.

d) A coordinación da Xunta Arbitral de Transportes.

e) A xestión das liñas de axudas en materia de transportes.

f) A coordinación da formación e a cualificación profesional no sector do transporte.

g) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Dirección Xeral.

2.1.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte contará cos seguintes servizos:

2.1.2.1. Servizo de Concesións.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) Terá atribuído o estudo e proposta de resolución en materia de servizos de transporte público de viaxeiros/as por estrada, regular e temporal, así como o apoio e coordinación da xestión administrativa dos servizos territoriais.

b) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Subdirección Xeral.

2.1.2.2. Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) Desenvolvemento e coordinación dos plans de actuación que, en materia de mobilidade, impulse a Dirección Xeral.

b) Implantación, coordinación e seguimento do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia.

c) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Subdirección Xeral.

2.1.2.3. Servizo de Estudos e Apoio Xurídico.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) Asume as funcións de apoio nas actividades desenvolvidas en materia normativa así como a proposta de resolución e seguimento das liñas de axudas en materia de transporte e a resolución ou, se é o caso, informe e proposta dos recursos interpostos no ámbito da ordenación dos transportes.

b) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Subdirección Xeral.

2.1.2.4. Servizo de Autorizacións, Informes e Xunta Arbitral.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A xestión da secretaría da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia e a coordinación da xestión administrativa en materia de autorizacións habilitantes para a actividade de transporte.

b) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Subdirección Xeral.

2.2. Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

2.2.1. A Subdirección Xeral de Inspección do Transporte exercerá as seguintes funcións:

a) En relación coa función de control do cumprimento da normativa reguladora dos transportes, corresponderalle a elaboración dos correspondentes plans e programas de actuación na dita área, así como o control e avaliación do seu cumprimento.

b) En relación coa vulneración da normativa reguladora dos transportes, corresponderalle a tramitación dos expedientes sancionadores incoados e, de conformidade coas normas de atribución de competencias, a súa resolución e a dos recursos administrativos que se presenten.

c) Nas ditas áreas inspectora e sancionadora corresponderalle a coordinación xeral da xestión administrativa que en tales ámbitos desenvolvan os servizos adscritos e os servizos territoriais.

d) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Dirección Xeral.

2.2.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a Subdirección Xeral de Inspección do Transporte contará cos seguintes servizos:

2.2.2.1. Servizo de Inspección.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A coordinación xeral das funcións de programación, dirección e avaliación da actuación inspectora en materia de transportes desenvolvida no territorio da comunidade autónoma.

b) O asesoramento e a colaboración coas empresas de transporte, para os efectos de facilitarlles o cumprimento das obrigas formais e materiais que lles incumben.

c) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Subdirección Xeral.

2.2.2.2. Servizo de Informes e Recursos.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A incoación dos expedientes sancionadores iniciados como consecuencia da formulación das oportunas actas ou informes que subscriba o persoal inspector adscrito aos servizos centrais, así como a tramitación de tales expedientes e a dos instruídos nos servizos territoriais.

b) A tramitación dos recursos administrativos que se formulen contra as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores.

c) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Subdirección Xeral.

2.3. Subdirección Xeral de Planificación Técnica.

2.3.1. A Subdirección Xeral de Planificación Técnica exercerá as seguintes funcións:

a) O estudo e a análise de plans e proxectos de fomento do transporte público e a mobilidade sustentable.

b) O estudo, proposta e programación das actuacións que, en materia de transportes, poidan corresponder ao ámbito de actuacións da Dirección Xeral.

c) A xestión e coordinación das accións que se leven a cabo en materia de aeródromos na comunidade autónoma.

d) Seguimento das actuacións que respecto do transporte ferroviario desenvolvan outras administracións públicas distintas da comunidade autónoma.

e) A planificación, coordinación e execución da oferta intermodal de transporte na comunidade autónoma e das infraestruturas do transporte de viaxeiros/as, así como a proposta da súa adxudicación e explotación.

f) As funcións que se lle atribúan en desenvolvemento das actuacións que en materia de infraestruturas de transporte sexan desenvolvidas pola Dirección Xeral.

g) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Subdirección Xeral.

2.3.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a Subdirección Xeral de Planificación Técnica contará co seguinte servizo:

2.3.2.1. Servizo de Infraestruturas.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) Supervisión técnica das infraestruturas de transporte de viaxeiros/as existentes na comunidade autónoma.

b) Planificación e execución de novas actuacións destinadas ao uso dos/as viaxeiros/as do transporte público colectivo así como dos elementos complementarios destas.

c) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Subdirección Xeral.

Sección 2.ª Da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe

Artigo 13. Competencias.

1. A Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe exercerá as competencias e funcións en materia de paisaxe e de promoción do desenvolvemento sustentable da sociedade galega.

2. Para o exercicio das súas funcións estrutúrase nas seguintes unidades:

2.1. Servizo de Promoción e Participación da Sostibilidade.

Baixo a dependencia directa da persoa titular da Dirección Xeral, esta unidade, con nivel orgánico de servizo, terá atribuídas as funcións de:

a) Elaboración de estratexias e programas que contribúan a conseguir o apropiado nivel de desenvolvemento sustentable, o establecemento das medidas necesarias para a súa efectiva implantación e aquelas que fomenten a participación cidadá.

b) Impulso, promoción, desenvolvemento e coordinación das iniciativas adoptadas por entidades públicas e privadas creadas para o establecemento das estratexias de desenvolvemento sustentable.

c) Análise en colaboración coas distintas consellerías e con outros organismos públicos e privados de indicadores relacionados co desenvolvemento sustentable así como apoio técnico á difusión, comunicación e formación en materia de sustentabilidade das actuacións desenvolvidas pola Xunta de Galicia.

d) Impulso, coordinación e seguimento da elaboración das iniciativas e programas de sustentabilidade local, Axendas 21 locais, impulsados pola consellería, así como a xestión de proxectos destinados á creación de núcleos piloto de sustentabilidade para a concreción na aplicación das directrices e plans de ordenación de ámbito autonómico.

e) Coordinación e impulso de proxectos de cooperación externa para a implantación do desenvolvemento sostenible.

f) Estudo do conxunto das actividades de educación ambiental desenvolvidas polas diferentes consellerías e organismos públicos da comunidade autónoma.

g) Promoción, deseño, execución e seguimento de programas, accións e actividades formativas de concienciación para a sustentabilidade dirixidas ao conxunto da sociedade.

h) Elaboración e promoción de programas e módulos tendentes á integración do ambiente e da sustentabilidade no currículo educativo das ensinanzas regradas para os efectos da súa proposta á Administración educativa e fomento da implantación das Axendas 21 escolares nos centros educativos.

i) Revisión, execución, seguimento e perfeccionamento da estratexia galega de educación ambiental.

j) Calquera outra que lle encomende a persoa titular da Dirección Xeral.

2.2. Servizo de Coordinación e Información Territorial.

O Servizo de Coordinación e Información Territorial exercerá as seguintes funcións:

a) Elaboración, mantemento e actualización da información xeográfica e cartográfica necesaria para o desenvolvemento dos estudos da consellería, así como a xestión das encomendas recibidas doutros departamentos ou organismos da Xunta de Galicia, ou administracións relacionadas con esta materia.

b) Coordinación e difusión da información xeográfica e cartográfica necesaria para o desenvolvemento dos estudos territoriais das diferentes consellerías e organismos públicos da comunidade autónoma, así como o apoio técnico á difusión e formación de actuacións en materia de información xeográfica desenvolvidas pola Xunta de Galicia ou en coordinación con ela.

c) Xestionar os sistemas de información corporativos vinculados ao territorio a partir das bases de datos cartográficas e espaciais existentes na Consellería e o resto de organismos da Xunta de Galicia que así o demanden, así como calquera outra información que poida localizarse sobre o territorio e que sexa susceptible de ser incorporada coa súa referencia xeográfica para a creación da infraestrutura de datos espaciais.

d) Calquera outra que lle encomende a persoa titular da Dirección Xeral.

2.3. Subdirección Xeral de Paisaxe e Territorio.

2.3.1. A Subdirección Xeral de Paisaxe e Territorio exercerá as seguintes funcións:

a) A protección, xestión e ordenación da paisaxe.

b) Posta en marcha de instrumentos para a protección xestión e ordenación das paisaxes de Galicia, tales como os catálogos da paisaxe de Galicia, as directrices de paisaxe, os estudos de impacto e integración paisaxística, os plans de acción da paisaxe en áreas protexidas, así como calquera outro que se entenda como necesario para o cumprimento dos puntos anteriores.

c) Impulso da cooperación con todas as administracións públicas con competencia no territorio, especialmente coas administracións locais, co fin de promover o desenvolvemento de políticas comúns, debidamente coordinadas e programadas, que aseguren o cumprimento dos fins de protección, xestión e ordenación anteriormente sinalados.

2.3.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas a Subdirección Xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coa seguinte unidade:

2.3.2.1. Servizo de Paisaxe.

Correspóndenlle as funcións encomendadas á Subdirección Xeral no que atinxe á área temática da paisaxe e, en xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da Subdirección Xeral.

Sección 3.ª Da Dirección Xeral de Conservación da Natureza

Artigo 14. Funcións e estrutura.

1. A Dirección Xeral de Conservación da Natureza exercerá as competencias e funcións atribuídas á Consellería en materia de conservación, protección, uso sustentable, mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia e dos seus elementos etnográficos e a súa preservación para as xeracións futuras; o fomento de medidas de desenvolvemento socioeconómico dos espazos naturais protexidos; a ordenación, conservación, protección, fomento e o aproveitamento sustentable dos recursos cinexéticos e piscícolas nas augas continentais; a divulgación dos valores do patrimonio natural; a xestión dos hábitats naturais, da flora e fauna silvestres, das paisaxes naturais e dos elementos singulares da xea da Comunidade Autónoma galega, así como o desenvolvemento e dinamización do uso público e recreativo do medio natural; a promoción da defensa integral da natureza e dos elementos que a compoñen; a conservación específica dos espazos que compoñen a Rede Galega de Espazos Protexidos e da Rede Natura 2000 de Galicia ou doutras zonas de alto valor ambiental, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.

2. Para o exercicio das súas funcións, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza estrutúrase nas seguintes unidades:

2.1. Subdirección Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade, que exercerá as funcións relativas ao desenvolvemento de medidas e instrumentos para a protección e conservación dos hábitats naturais e das especies silvestres, dos elementos singulares da xea e das paisaxes naturais e rurais, que conforman no seu conxunto o patrimonio natural; a conservación, protección e promoción da Rede galega de espazos naturais protexidos e a Rede Natura 2000, así como doutras zonas de alto valor ambiental; a elaboración e implementación dos instrumentos de planificación, desenvolvemento e xestión dos espazos naturais protexidos e das especies; o desenvolvemento da normativa de benestar animal sen prexuízo das competencias que ao respecto teña atribuídas o órgano competente en materia de produción animal; o fomento de medidas de colaboración e coordinación nas campañas relativas a obtención da bandeira azul.

Así mesmo, correspóndelle a coordinación de procedementos de queixas e denuncias.

Para o exercicio das súas funcións contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

2.1.1. Servizo de Conservación de Espazos Naturais, ao cal lle corresponde o exercicio das funcións relativas á protección, conservación, xestión, restauración, mellora, recuperación, divulgación e promoción dos espazos protexidos, e o fomento, consolidación e promoción da Rede galega de espazos naturais protexidos e a Rede Natura 2000 e doutras zonas de alto valor ambiental, así como a elaboración dos instrumentos de planificación e xestión.

2.1.2. Servizo de Conservación da Biodiversidade, ao cal lle corresponde o desenvolvemento das actuacións relativas á conservación das especies da fauna e da flora silvestre, a elaboración das propostas de catalogación de especies ameazadas e a dos plans para a súa xestión, así como a execución destes; o desenvolvemento de medidas e instrumentos de seguimento, protección, control e conservación dos elementos que compoñen a biodiversidade, prestando atención particular ás especies introducidas de carácter invasor, e aplicación de medidas de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, e a coordinación dos centros de recuperación de fauna silvestre.

2.1.3. Servizo de Análise de Proxectos, Plans e Programas, ao cal lle corresponde a elaboración de informes, directrices e criterios técnicos sectoriais en relación cos procedementos de avaliación dos proxectos, plans e programas que afecten o medio natural e valores do patrimonio natural, así como a emisión de informes ou autorizacións relativos a obras, instalacións e actividades que se precisen, e en particular no referido a accións que afecten a Rede galega de espazos naturais ou Rede Natura 2000.

2.2. Subdirección Xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, que exercerá as funcións de ordenación, conservación, protección, fomento e o aproveitamento sustentable dos recursos cinexéticos e piscícolas nas augas continentais; a elaboración de normativa que afecta o exercicio da caza e da pesca fluvial, a tramitación dos expedientes administrativos para a declaración de terreos sometidos a réxime cinexético especial, así como das distintas figuras das augas continentais; o control e policía da riqueza cinexética e piscícola nas augas continentais; a inspección e o control dos establecementos cinexéticos, sen prexuízo das funcións que teñan atribuídas outros órganos en materia de sanidade animal, e a súa xestión cando dependan da Administración autonómica e emitir informes sectoriais con relación aos procedementos de aprobacións e/ou modificacións de centros de acuicultura en augas continentais.

Para o exercicio das súas funcións contará coa seguinte unidade con nivel orgánico de servizo:

2.2.1. Servizo de Caza e Pesca Fluvial, ao cal lle corresponden especialmente a divulgación, formación e promoción específica dos recursos cinexéticos e piscícolas en augas continentais; a inspección e control das granxas cinexéticas, sen prexuízo das funcións que teñan atribuídas outros órganos en materia de sanidade animal, e a súa xestión cando dependan da Administración autonómica, e aquelas que por razón da súa competencia se lle encomenden.

2.3. Baixo a dependencia orgánica e funcional da persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza existe a seguinte unidade con nivel orgánico de servizo:

2.3.1. Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, que exercerá a xestión executiva ordinaria do parque nacional e desenvolverá os instrumentos de planificación e xestión, e a coordinación das funcións de vixilancia, inspección e denuncia exercidas polos/as axentes forestais e axentes facultativos ambientais no ámbito do parque nacional no exercicio das súas funcións como axentes da autoridade. Tamén exercerá a coordinación de actuacións en situacións de emerxencia derivadas de accidentes que requiran medidas excepcionais para preservar os valores naturais do parque nacional, salvo naqueles casos en que sexa precisa a activación dalgún plan de emerxencias e aqueloutras que por razón da súa competencia se lle encomenden.

Título III

Das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio

e Infraestruturas

Artigo 15. Xefaturas territoriais.

1. Para o exercicio das súas competencias a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas organízase nas xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra que desenvolverán as súas funcións no ámbito provincial respectivo, sen prexuízo das funcións de coordinación do exercicio das competencias que asume cada delegación no seu correspondente ámbito territorial, de acordo co disposto no artigo 2 do Decreto 245/2009, do 30 de abril.

2. Á fronte de cada xefatura territorial estarán os/as xefes/as territoriais que exercerán as seguintes funcións:

a) A dirección, despacho e proposta de resolución dos asuntos ordinarios.

b) A coordinación dos servizos ou unidades que o integran.

c) A elaboración do anteproxecto de orzamento de gastos da xefatura territorial.

d) A xestión, administración e habilitación dos medios económicos e materiais da xefatura territorial.

e) A tramitación e a xestión dos expedientes de gasto o control contable e a xustificación dos créditos asignados.

f) A tramitación dos expedientes de contratación administrativa e de subvencións que sexan competencia da xefatura territorial.

g) Cantas outras funcións expresamente lle sexan atribuídas ou delegadas.

3. Integran cada unha das xefaturas territoriais os seguintes servizos:

3.1. Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental.

Desenvolverá as funcións propias da Consellería sobre calidade e avaliación ambiental así como aqueloutras que se lle asignen dentro do referido ámbito competencial.

3.2. Servizo de Contratación e Apoio Administrativo.

Desenvolverá as funcións propias da Consellería en materia de contratación e aqueloutras que se lle asignen dentro do referido ámbito competencial, e prestará apoio á xefatura territorial no desenvolvemento das competencias que ten atribuídas.

3.3. Servizo de Urbanismo.

Desenvolverá as funcións propias da Consellería en materia de urbanismo así como aqueloutras que se lle asignen dentro do referido ámbito competencial.

3.4. Servizo de Mobilidade.

Desenvolverá as funcións propias da Consellería en materia de mobilidade así como aqueloutras que se lle asignen dentro do referido ámbito competencial.

3.5. Servizo de Conservación da Natureza.

Exercerá, no respectivo ámbito territorial, as funcións propias da Dirección Xeral de Conservación da Natureza en materia de espazos naturais e biodiversidade e recursos cinexéticos e piscícolas.

Disposición adicional primeira.

No non previsto neste decreto, en caso de vacante, ausencia ou enfermidade dos titulares dos órganos superiores e de dirección da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, as competencias atribuídas por este decreto aos correspondentes órganos serán exercidas, temporalmente e mentres persistan aquelas circunstancias, polos órganos superiores e de dirección da Consellería, seguindo a orde de prelación que se establece no Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

Neste sentido, a substitución será asumida polo/a titular do órgano que ocupe o posto seguinte na orde correlativa enunciada, correspondéndolle ao/á primeiro/a, se for o caso, substituír o/a último/a.

Disposición adicional segunda.

A Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe quedará suprimida coa entrada en funcionamento do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio.

Así mesmo, o organismo autónomo Augas de Galicia e o ente público Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos quedarán extinguidos coa entrada en funcionamento da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

Disposición adicional terceira.

A determinación dos servizos, recursos económicos e orzamento dedicados ás TIC por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que se transferirá á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia levarase a cabo no prazo de dous meses desde a constitución efectiva desta, nos termos do correspondente acordo de traspaso entre a Consellería e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Disposición adicional cuarta.

No exercicio das función a que se refire este decreto integrarase de xeito activo a dimensión de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Disposición transitoria primeira.

Cando, como consecuencia da estrutura orgánica que se establece neste decreto, se modifique a denominación ou o contido funcional das subdireccións xerais ou servizos existentes, autorízase o/a conselleiro/a de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, por proposta da Secretaría Xeral Técnica, para adscribir o persoal funcionario que ocupaba o posto existente ao posto equivalente que figura neste decreto.

No caso de supresión ou amortización das subdireccións xerais ou xefaturas de servizo será de aplicación o establecido na normativa vixente en materia de función pública.

Disposición transitoria segunda.

As unidades e postos de traballo con nivel orgánico inferior ao de servizo correspondentes ás subdireccións xerais ou servizos suprimidos ou amortizados como consecuencia deste decreto continuarán subsistentes e retribuiranse con cargo aos mesmos créditos orzamentarios, ata que se aprobe a nova relación de postos de traballo adaptada á estrutura orgánica establecida neste decreto. As unidades e os postos de traballo encadrados nos órganos suprimidos adscribiranse provisionalmente, por orde do/a conselleiro/a por proposta da Secretaría Xeral Técnica, aos órganos establecidos neste decreto en función das atribucións que teñen asignadas.

Disposición transitoria terceira.

A Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe exercerá as funcións relativas á ordenación do territorio e contará cos órganos administrativos previstos no artigo 16 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ata a data de posta en funcionamento do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, en que pasarán a ser exercidas pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

Disposición transitoria cuarta.

A Subdirección Xeral de Informática e servizos TIC dependentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas manterase coas características e competencias que figuraban na anterior estrutura orgánica ata que transcorra o prazo de dous meses desde a constitución efectiva da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), creada polo Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, momento no que se suprimirán, e o persoal afectado adscribirase aos órganos da estrutura orgánica da dita axencia previstos nos seus estatutos mediante resolución do órgano competente en materia de función pública, pora proposta da dirección da Amtega.

Disposición transitoria quinta.

As unidades e postos de traballo con nivel orgánico inferior a servizo, que se detallen no acordo de traspaso a que se refire a disposición adicional terceira do presente decreto, manteranse coas características e competencias que figuraban na anterior estrutura orgánica ata que transcorra o prazo de dous meses desde a constitución efectiva da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, momento en que quedarán adscritos aos órganos da estrutura orgánica da Axencia previstos nos seus estatutos, segundo se dispoña por resolución do órgano competente en materia de función pública, por proposta da Dirección da Amtega.

Disposición transitoria sexta.

Mentres non se produza a constitución e consecuente entrada en funcionamento da entidade pública empresarial Augas de Galicia, de acordo co disposto na disposición adicional primeira do Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade, os créditos correspondentes aos seus orzamentos entenderanse adscritos ao organismo autónomo Augas de Galicia e á empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos de acordo coas súas respectivas competencias, que continuarán realizando a administración, xestión e recadación dos seus dereitos económicos, a autorización dos gastos e a ordenación dos seus pagamentos de acordo coas normas polas que se rexen, con cargo aos indicados orzamentos e con efectos desde o 1 de xaneiro de 2012.

Disposición derrogatoria.

Quedan derrogados o Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, así como cantas disposicións de igual ou inferior categoría se opoñan ao establecido neste decreto ou o contradigan.

Disposición derradeira primeira.

Autorízase a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para ditar as disposicións necesarias para a execución e desenvolvemento deste decreto.

Disposición derradeira segunda.

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezanove de xaneiro de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas


No hay versiones para esta norma