Decreto 7/2006, do 26 de xaneiro, polo que se amplía o prazo establecido no Decreto 507/2005, do 29 de setembro, para exercer a opción de integración do persoal do Servizo de Protección de Recursos no Servizo de Gardacostas de Galicia. - Diario Oficial de Galicia, de 30-01-2006

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 20
  • Fecha de Publicación: 30/01/2006
  • Este documento NO tiene versiones

A Lei 2/2004, do 21 de abril, creou o Servizo de Gardacostas de Galicia como un servizo público encomendado á consellería competente en materia de pesca. A integración do persoal do Servizo de Protección de Recursos, extinguido pola propia lei, nas correspondentes escalas creadas dentro do novo servizo regúlase na súa disposición transitoria primeira, que establece que a opción individual á dita integración deberá efectuarse no prazo que regulamentariamente se determine.

En cumprimento da Lei 2/2004, foi aprobado o Decreto 157/2005, do 26 de maio, sobre ordenación e funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia que, entre outros aspectos, desenvolveu o procedemento de integración e fixou, con carácter xeral, o referido prazo en tres meses desde a súa entrada en vigor. O dito prazo foi ampliado polo Decreto 507/2005, do 29 de setembro.

Considerando que para o exercicio da súa opción o persoal do extinguido Servizo de Protección de Recursos debe coñecer o réxime de prestación de servizos ao que estará suxeito, que será establecido mediante orde da consellería competente en materia de pesca e asuntos marítimos, faise necesaria a ampliación do prazo establecido no Decreto 507/2005, do 29 de setembro, para a integración do citado persoal no Servizo de Gardacostas de Galicia.

Por todo o exposto, por proposta da conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e seis de xaneiro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-O prazo establecido na disposición transitoria primeira do Decreto 157/2005, do 26 de maio, ampliado no artigo único do Decreto 507/2005, do 29 de setembro, para que o persoal adscrito ao extinguido Servizo de Protección de Recursos poida optar por integrarse nas escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia, amplíase ata o 30 de xuño de 2006.

Disposición adicional

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos deberá regular o réxime de prestacións de servizos antes do 30 de maio de 2006.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, no ámbito das súas atribucións, para ditar as disposicións necesarias para desenvolver este decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e seis de xaneiro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño Presidente

Carmen Gallego Calvar Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos


No hay versiones para esta norma