Decreto 76/2007, do 12 de abril, polo que se crea o colexio de educacion infantil e primaria de Monterroso (Lugo). - Diario Oficial de Galicia, de 26-04-2007

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 81
  • Fecha de Publicación: 26/04/2007
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

O Estatuto de autonomía de Galicia no seu artigo 31 e o Decreto 585/2005, do 29 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, establece a competencia desta en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado en toda a súa extensión.

Tendo en conta o disposto na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas escolares de réxime xeral, e vista a necesidade de racionalizar a oferta educativa do concello de Monterroso en función da previsión de escolarización.

De conformidade co exposto, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de abril de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Créase o colexio de educación infantil e primaria de Monterroso (código 27020801) con capacidade para seis unidades de educación infantil e 12 unidades de educación primaria.

Artigo 2º

Intégranse neste centro o colexio de educación infantil e primaria de Monterroso nº 1 (código 27007430) e o colexio de educación infantil e primaria de Monterroso nº 2 (código 27016121), que se suprimen como tales.

Artigo 3º

Ao profesorado afectado seralle de aplicación o establecido no Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda de destino definitivo polas funcionarias e funcionarios docentes que prestan servizos nos centros educativos que imparten ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo de antigüidade no centro en función das causas de acceso a el.

Disposición derradeira

Primeira.-Autorízase a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para adoptar as medidas necesarias para o cumprimento do disposto neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o 1 de xullo de 2007.

Santiago de Compostela, doce de abril de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria


No hay versiones para esta norma