INSTRUCIÓN 2/2012, do 22 de maio, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se ditan normas para a autorización da posta en servizo de instalacións eléctricas e para os procedementos de tramitación administrativa das instalacións de distribución de baixa tensión., - Diario Oficial de Galicia, de 19-07-2012

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 138
  • Fecha de Publicación: 19/07/2012
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

Co obxecto de desvincular de calquera actuación administrativa previa a posta en marcha de instalacións de alta tensión, e na procura da eliminación de trámites prescindibles que supoñen, na práctica, atrasos inadmisibles na posta en funcionamento de infraestruturas vitais para a mellora do benestar dos cidadáns e a competitividade das empresas, emítese a presente instrución:

1. Para o outorgamento da autorización de explotación das instalacións comprendidas no ámbito de aplicación do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, a acta de posta en servizo poderá ser emitida no momento en que o solicitante acredite o cumprimento dos requisitos recollidos no artigo 132, sen necesidade de inspección previa nin comprobacións técnicas adicionais, máis aló das derivadas da verificación do cumprimento documental.

2. Por outra banda, e para aclarar e unificar os distintos procedementos seguidos polas xefaturas territoriais na tramitación administrativa das instalacións de distribución de baixa tensión, indícase o seguinte:

O procedemento será o establecido para as mencionadas instalacións no Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión; en concreto no seu artigo 18.

Non será preciso, polo tanto, máis actuación administrativa que o rexistro da instalación, sen necesidade de comprobacións, aprobacións de proxectos ou condicionantes similares.

Esta instrución entrará en vigor o día seguinte da súa sinatura.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2012

Ángel Bernardo Tahoces

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas


No hay versiones para esta norma