Legislación
Legislación

Lei 13/2004, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005. - Diario Oficial de Galicia, de 30-12-2004

Tiempo de lectura: 75 min

Tiempo de lectura: 75 min

Ambito: Galicia

Órgano emisor: PRESIDENCIA

Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 253

F. Publicación: 30/12/2004

Esta normal es una reproducción del texto publicando en el Diario Oficial de Galicia Número 253 de 30/12/2004 y no contiene posibles reformas posteriores

Exposición de motivos Os orzamentos de Galicia para o ano 2005 oriéntanse basicamente cara a dúas liñas de obxectivos, diferentes e ao mesmo tempo complementarias. Unha delas establece a prioridade das actuacións que favorezan a calidade do sistema produtivo e, a través del, o crecemento económico e a creación de emprego. O reforzamento dos stocks de capital público-por medio do Plan de dinamización económica e dos programas de construción de infraestruturas en áreas que aquel non prevé-, a mellora da dotación de capital tecnolóxico-con apreciables incrementos do investimento en I+ D+ I-e o apoio á iniciativa privada e á innovación empresarial forman parte dese primeiro grupo.

Outro eixe de actuación desenvólvese ao redor das prioridades de carácter social. Os programas de atención aos maiores e de conciliación da vida familiar e laboral, así como o considerable incremento das asignacións postas á disposición dos servizos sanitarios, evidencian a decidida vocación social destes orzamentos, onde a política educativa e moi especialmente a referida ao ensino universitario, que participan de características propias de ambos os bloques de actuación prioritaria, dispoñen igualmente de dotacións significativas que se corresponden coa importancia do papel estratéxico que desempeñan.

Pola súa parte, no texto articulado da lei aparecen incluídas, no título I, as referencias á aprobación dos orzamentos, aos créditos que se autorizan e aos recursos que os financian, así como as normas que permitirán se é o caso realizar as modificacións precisas para unha mellor execución orzamentaria. As retribucións de persoal, que se adecuan ao establecido na normativa estatal de carácter básico, constitúe a materia do título II. As autorizacións de endebedamento, que teñen pleno encaixe no marco dos acordos sobre estabilidade e crecemento, trátanse no título III. A modificación dos tipos das taxas de contía fixa, e algúns das de contía variable, aparece recollida no título IV. Finalmente, o título V resérvase para a inclusión de normas que buscan favorecer a eficiencia dos procedementos de xestión orzamentaria, mentres que en disposicións adicionais se establece a constitución dun fondo salarial, cuxa distribución será tratada no ámbito da mesa xeral de negociación da función pública, ao mesmo tempo que se prorroga a vixencia dos criterios de distribución do Fondo de Cooperación Local utilizados no anterior exercicio, que se manterán en tanto non sexan modificados pola Comisión de carácter mixto que ten atribuídas esas competencias, e determínase, por outra parte, o réxime conforme o que se realizará no ano 2005 o financiamento das universidades galegas.

Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2º do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo en nome de El-Rei, a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005.

TÍTULO I Da aprobación dos orzamentos e das súas modificacións Capítulo I Os créditos iniciais e o seu financiamento

Artigo 1º.Aprobación e ámbito dos orzamentos xerais.

O Parlamento de Galicia aproba os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2005, nos que se integran:

a) Os orzamentos da Administración xeral.

b) Os orzamentos dos organismos autónomos.

c) Os orzamentos de explotación e capital das sociedades públicas de carácter mercantil.

d) Os orzamentos das demais sociedades públicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 2º.Orzamentos da Administración xeral e dos organismos autónomos.

Un.-Nos estados de gastos consolidados dos orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos consígnanse créditos por importe de 9.090.326.907 euros, distribuídos da forma seguinte:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

As transferencias internas entre os orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e os dos organismos autónomos representan 2.853.996.666 euros, distribuídos segundo o seguinte detalle:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Dous.-A desagregación dos créditos consonte a finalidade á que van destinados establécese desta maneira:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Tres.-A distribución orgánica e económica do orzamento consolidado é como segue:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Catro.-Nos estados de ingresos dos orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e nos dos seus organismos autónomos recóllense as estimacións dos dereitos económicos que se prevén liquidar durante o exercicio, por un importe consolidado de 9.090.326.907 euros, distribuídos da seguinte forma:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Cinco.-Os beneficios fiscais que afectan os tributos cedidos total ou parcialmente polo Estado á Comunidade Autónoma estímanse en 51.322.272 euros, consonte o seguinte detalle:

-Imposto sobre sucesións e doazóns: 9.328.357 euros.

-Imposto sobre a renda das persoas físicas (tarifa autonómica) : 13.100.000 euros.

-Imposto sobre o patrimonio: 870.000 euros.

-Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados: 28.023.915 euros.

En cumprimento do establecido no artigo 55.2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, o importe das subvencións reguladoras fíxase en 15.791.235 euros.

Artigo 3º.Orzamento das sociedades públicas. Un.-Orzamento das sociedades mercantís. Os orzamentos de explotación e de capital das sociedades públicas de carácter mercantil elévanse a 547.973.000 euros, de acordo coa distribución que se indica:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Dous.-Orzamento dos restantes entes públicos. Os orzamentos de explotación e de capital dos entes públicos aos que se refire a letra d) do artigo 1 alcanzan un total de 565.260.000 euros, detallados como segue:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Tres.-Aprobación de subvencións de explotación e de capital ás sociedades públicas.

Autorízanse as dotacións iniciais de subvencións de explotación e de capital das sociedades públicas que se indican a seguir, por un importe total de 243.546.000 euros, e de 192.521.000 euros, respectivamente, con cargo aos orzamentos de gastos das consellarías ou dos organismos autónomos aos que figuran adscritas:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Capítulo II Das modificacións orzamentarias

Artigo 4º.Réxime xeral das modificacións orzamentarias. Un.-As modificacións de créditos orzamentarios serán autorizadas consonte os requisitos establecidos no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, coas excepcións derivadas da aplicación do indicado neste capítulo.

Dous.-As propostas de modificación deberán indicar, co maior nivel de desagregación orgánica, funcional e económica, as aplicacións orzamentarias afectadas, recollendo adecuadamente os motivos que a xustifican, tanto os referentes á realización do novo gasto proposto coma, se é o caso, á suspensión da actuación inicialmente prevista e á repercusión sobre os obxectivos do programa afectado.

Á comunicación á que se refire a disposición adicional segunda do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, uniráselle unha explicación suficiente das causas que motivan a modificación.

Artigo 5º.Competencias específicas en materia de modificacións orzamentarias.

Sen prexuízo das facultades que se lle asignan no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e con validez exclusiva para o ano 2005, atribúenselle ao conselleiro de Economía e Facenda competencias específicas para levar a cabo as seguintes modificacións orzamentarias:

a) Para incorporar os créditos de exercicios anteriores que correspondan a actuacións financiadas ou cofinanciadas pola Unión Europea.

b) Para incorporar o crédito que non acadase a fase de recoñecemento da obriga en cada exercicio do fondo de reserva constituído consonte o establecido no artigo 4 da Lei 12/1995, do 29 de decembro, pola que se aproba o imposto sobre a contaminación atmosférica.

c) Para incorporar ao crédito 16.04.212A. 481.1 (risga) , do orzamento do ano 2005, o crédito 16.03.212A. 481.1 do ano 2004, destinado á renda de integración social de Galicia, na parte que non acadase a fase «O» en contabilidade.

d) Para incorporar o crédito que non acadase a fase de recoñecemento da obriga dos créditos xerados, con destino ao financiamento de gastos derivados da realización de probas de selección de persoal, como consecuencia dos maiores ingresos recadados sobre os inicialmente previstos no artigo 30, «Taxas administrativas».

e) Para xerar crédito polo importe que corresponda á maior recadación das taxas, prezos públicos e privados respecto das previsións que inicialmente se establecen para as distintas consellarías no anexo 1 desta lei, sempre que quede garantido o necesario equilibrio económico-financeiro, de acordo co previsto no artigo 9.

f) Para xerar crédito polo importe que corresponda aos maiores ingresos pola prestación do servizo de recadación executiva a outros entes, do subconcepto 399.04, do orzamento de ingresos.

g) Para xerar crédito no programa 531B, «Imprevistos e funcións non clasificadas», por un importe igual á diferenza que poida existir entre a liquidación definitiva de exercicios anteriores correspondente aos distintos mecanismos financeiros do sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común, e a estimada no estado de ingresos para o dito concepto.

h) Para xerar crédito, na sección orzamentaria correspondente, por contía igual ao importe das compensacións económicas a favor da Comunidade Autónoma derivadas de pólizas subscritas con compañías de seguros.

i) Para xerar crédito no capítulo VIII dos orzamentos de gastos da Administración xeral, ou se é o caso nos dos organismos autónomos, no suposto previsto no artigo 43 da Lei 11/1996, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, sobre tratamento dos créditos para provisións de riscos non executados.

j) Para xerar crédito destinado á atención das obrigas derivadas de expedientes de expropiacións, e do pagamento da prima adicional da póliza de responsabilidade civil e patrimonial sanitaria, nos supostos previstos nos artigos 37 e 38 desta lei.

k) Para xerar crédito por ingresos derivados de pagamentos indebidos efectuados con cargo a créditos do orzamento corrente ou de anteriores exercicios.

l) Para xerar crédito na sección 09, Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, polo importe que corresponda ao produto da venda do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais con destino aos fins previstos na disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996.

m) En relación co orzamento do Servizo Galego de Saúde:

1. Para xerar créditos como consecuencia dos maiores ingresos recadados sobre os inicialmente previstos en cada unha das seguintes aplicacións do orzamento de ingresos do Servizo Galego de Saúde:

-30, «Taxas administrativas».

-37, «Ingresos por ensaios clínicos».

-36, «Prestacións de servizos sanitarios», e 39, «Outros ingresos», computados conxuntamente.

2. Para xerar crédito derivado dos ingresos devengados en exercicios anteriores que non acadasen a fase de recoñecemento do dereito e que correspondan ao financiamento dos centros e servizos sanitarios transferidos á Comunidade Autónoma polas corporacións locais, sempre que excedan das cifras orzadas inicialmente por ese concepto no correspondente exercicio.

n) Para xerar crédito nas aplicacións orzamentarias de gasto do organismo autónomo Augas de Galicia financiadas polo canon de saneamento, polo importe correspondente aos maiores ingresos recadados sobre os orzados inicialmente.

o) Para introducir nos estados de gastos as modificacións precisas para adecuar os créditos afectados por transferencias finalistas de calquera procedencia, incluíndo entre esas medidas a declaración de indispoñibilidade do crédito.

No suposto de que as obrigas recoñecidas ata ese momento superasen o importe real da transferencia, o seu financiamento realizarase mediante as oportunas minoracións noutros créditos, preferentemente de operacións correntes, da sección de que se trate.

p) Para introducir as variacións que sexan necesarias nos programas de gasto dos organismos autónomos e dos entes públicos para reflectir as repercusións que neles teñan as modificacións dos créditos que figuran no estado de transferencias entre subsectores dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

q) Para realizar as adaptacións técnicas e as transferencias de crédito que procedan como consecuencia de reorganizacións administrativas, posta en marcha de organismos autónomos ou traspaso de competencias nas que estean implicadas outras administracións, sen que en ningún caso, polo que se refire aos dous primeiros supostos, poida orixinarse incremento de gasto.

Artigo 6º.Vinculación de créditos. Un.-Os créditos consignados nos estados de gastos destes orzamentos quedarán vinculados ao nivel establecido no artigo 56 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, con excepción dos créditos que se relacionan a continuación, que serán vinculantes co grao de vinculación que se indica:

120.20, «Substitucións de persoal non docente». 120.21, «Substitucións de persoal docente». 120.22, «Regularización da parte proporcional das vacacións dos substitutos docentes».

121.07, «Sexenios». 130.02, «Plus de perigosidade, penosidade e toxicidade».

131, «Persoal laboral temporal (Outro persoal) ». 132, «Persoal laboral temporal (Plan FIP) ». 133, «Persoal laboral temporal (Profesores de relixión) ».

134, «Persoal laboral temporal (EEB) ». 135, «Persoal laboral (FSE) ». 220.03, «Diario Oficial de Galicia».

221.07, «Comedores escolares». 223.07, «Acompañante. Transporte escolar». 223.08, «Transporte escolar».

226.01, «Atencións protocolarias e representativas». 226.02, «Publicidade e propaganda». 226.06, «Reunións, conferencias e cursos». 226.13, «Gastos de funcionamento de tribunais de oposicións e de probas selectivas».

227.06, «Estudos e traballos técnicos». A mesma consideración terán os créditos correspondentes á aplicación 06.03.413B. 600.2 «Expropiacións anteriores ao Marco» e ás diferentes aplicacións do capítulo VI correspondentes a mandatos á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S. A.

Dous.-As transferencias ás que se refire o artigo 67 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, cando afecten os créditos anteriores, deberán ser autorizadas polo conselleiro de Economía e Facenda.

Artigo 7º.Créditos ampliables. Un.-Con independencia dos supostos previstos no punto 1 do artigo 64 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, durante o ano 2005 terán excepcionalmente condición de ampliables os créditos seguintes:

a) Os incluídos na aplicación 05.03.531A. 226.05, destinados ao pagamento dos premios de cobranza autorizados pola recadación de tributos e demais ingresos de dereito público.

b) Os destinados a satisfacer as cantidades que deben percibir os liquidadores dos distritos hipotecarios en concepto de indemnizacións e compensacións dos gastos orixinados pola recadación e xestión de autoliquidacións practicadas polo imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e pola recadación e práctica das liquidacións do imposto sobre sucesións e doazóns.

c) As obrigas contraídas no exterior e que deban ser pagadas en divisas de cambio variable, pola diferenza existente entre o tipo de cambio previsto e o seu importe real no momento do pagamento.

d) Os destinados ao pagamento das obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola Comunidade Autónoma. Cando se trate dun organismo autónomo ou dunha sociedade pública, a ampliación materializarase a través da sección orzamentaria á que figuren adscritos.

e) Os créditos destinados ao pagamento dos premios de cobranza e participacións en función da recadación de vendas e restantes créditos de vivendas, soares, locais e edificacións complementarias correspondentes ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, así como os referentes aos traballos de facturación e apoio á xestión do patrimonio inmobiliario dos devandito instituto, que se establezan de acordo coas cifras recadadas no período voluntario.

f) Os créditos de transferencias a favor da Comunidade Autónoma que figuren nos orzamentos de gastos dos organismos autónomos ata o importe dos remanentes da tesouraría que resulten como consecuencia da súa xestión.

g) Os incluídos na aplicación 14.02.212A. 486.0, destinados ao pagamento de prestacións familiares, por fillos menores de tres anos ao seu cargo, a persoas que non están obrigadas a presentar declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas.

h) Os incluídos na aplicación 21.01.811B. 760.2 con destino ao pagamento da liquidación de exercicios anteriores que corresponde ao Fondo de Cooperación Local.

i) Os créditos vinculantes incluídos nas aplicacións 120.20, «Substitucións de persoal non docente», 120.21, «Substitucións de persoal docente», 120.22, «Regularización da parte proporcional das vacacións dos substitutos docentes», e 131, «Persoal laboral temporal (Outro persoal) », que se considerarán ampliables unicamente con retencións noutros créditos do capítulo I da propia consellaría ou organismo autónomo.

Dous.-O financiamento das ampliacións de crédito, ademais de por medio dos mecanismos previstos no artigo 64.2 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, poderá tamén realizarse con baixas de crédito noutros conceptos orzamentarios.

Artigo 8º.Transferencias de crédito. Un.-Con independencia das limitacións ás que se refire o artigo 68.1 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e sen prexuízo do previsto no punto 3 do citado artigo, durante o ano 2005 non poderán tramitarse expedientes de transferencias de crédito que atinxan os capítulos VI e VII cando deles derive incremento do gasto corrente.

Esa restrición non lles será aplicable:

a) Cando se destinen á atención de gastos extraordinarios derivados de catástrofes, sinistros ou outras situacións de natureza análoga e carácter excepcional.

b) Aos incrementos do capítulo I que, se é o caso, poidan orixinarse polo desenvolvemento de procesos de regularización derivados de acordos sobre materias de función pública subscritos entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais.

Dous.-Polo que se refire ás seccións 07, «Educación e Ordenación Universitaria», e 11, «Sanidade», e ás seccións 14, «Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado», e 16, «Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais», no que afecte a créditos destinados a prestacións sociais, a limitación indicada no apartado anterior unicamente será aplicable unha vez superado o 5% das dotacións iniciais dos capítulos VI e VII. Esa porcentaxe será do 20% para o Servizo Galego de Saúde.

No caso de que as transferencias realizadas baixo este suposto incrementasen créditos do capítulo I destinados ao asinamento de contratos de duración determinada previstos no Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos traballadores, cando a modalidade de contratación fose a de realización de obra ou servizo prevista na letra a) do artigo 1 da citada disposición, será necesaria a existencia de informe previo e favorable da Dirección Xeral da Función Pública sobre a adecuación da modalidade de contratación que se pretende.

Tres.-Con vixencia exclusiva para o exercicio do ano 2005 non poderán realizarse transferencias de crédito que incrementen os autorizados inicialmente nas seguintes aplicacións orzamentarias:

226.02, «Publicidade e propaganda». 227.06, «Estudos e traballos técnicos». Esas limitacións non afectarán o Servizo Galego de Saúde cando a transferencia teña a súa causa na necesidade de facer público calquera tipo de modificación no funcionamento dos servizos que deba ser coñecida polos usuarios polo que respecta á aplicación 226.02, ou cando veñan orixinadas por necesidades de realización de probas de laboratorio en centros externos, no referente á aplicación 227.06.

Catro.-As limitacións sobre transferencias de crédito contidas nas letras b) e c) do artigo 68 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, entenderanse referidas, no orzamento do Servizo Galego de Saúde, ao orzamento individualizado de cada un dos centros de gasto e non aos orzamentos totais.

Cinco.-Ás transferencias de crédito que afecten unicamente a clasificación orgánica e que se efectúen entre centros de gasto do Servizo Galego de Saúde non lles serán aplicables as limitacións previstas no artigo 68 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, por teren a consideración de simples redistribucións de crédito.

Seis.-Sen prexuízo do establecido no artigo 68.3 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, así como nos apartados anteriores deste artigo, o importe máximo das transferencias de crédito que se autoricen para cada consellaría durante o presente exercicio non poderá diminuír as consignacións iniciais, ao nivel de vinculación legalmente establecido, en máis dun 20%.

O indicado no parágrafo anterior non será aplicable nos seguintes casos:

a) Cando teñan por obxecto incrementar o capítulo I de gastos.

b) Cando se refiran á sección 23, «Gastos de diversas consellarías».

c) Cando se refiran ao centro de xestión 5001 do Servizo Galego de Saúde.

d) Cando se refiran aos proxectos que figuran nos anexos de investimentos e de transferencias coa denominación «Cofinanciamento incorporación fondos europeos».

e) Cando se refiran aos créditos consignados no concepto 500, «Fondo de continxencia da Lei 5/2002», do orzamento de gastos do Servizo Galego de Saúde.

Sete.-Os expedientes de transferencias de crédito incluirán en todos os casos informe da intervención delegada referente polo menos aos seguintes aspectos:

a) Cumprimento do establecido no artigo 68 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, así como nas normas concordantes, sobre as limitacións que afectan as transferencias de crédito.

b) Adecuación e dispoñibilidade do crédito que se pretende minorar.

c) Calquera outra cuestión relacionada co cumprimento da normativa vixente en materia de transferencias de crédito.

Artigo 9º.Adecuación de créditos. Para facilitar a consecución do equilibrio económico-financeiro na execución do orzamento para o ano 2005, os créditos incluídos nos estados de gastos poderán experimentar os axustes necesarios para acomodar o seu importe ao dos recursos, na medida na que estes últimos difiran dos inicialmente previstos nos orzamentos de ingresos da Administración xeral da Comunidade Autónoma ou dos seus organismos autónomos.

Sen prexuízo do indicado no artigo 5.

o) desta lei, o Consello da Xunta adoptará, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, os acordos de non dispoñibilidade de crédito que sexan precisos para cumprir o previsto no parágrafo anterior.

Artigo 10º.Transferencia de remanentes líquidos de tesouraría.

Os organismos autónomos e as sociedades públicas de carácter non mercantil da Comunidade Autónoma transferiranlle ao orzamento da Administración xeral da Comunidade Autónoma o importe do remanente de tesouraría non afectado resultante da liquidación do anterior exercicio orzamentario.

A Consellería de Economía e Facenda poderá xerar crédito con este importe no programa 531B, «Imprevistos e funcións non clasificadas».

Non obstante, e coa finalidade de evitar que se produzan estes remanentes, a Consellería de Economía e Facenda poderalles limitar os libramentos de fondos a estas entidades en función do seu nivel de execución orzamentaria.

TÍTULO II Dos gastos de persoal

Capítulo I Retribucións do persoal Artigo 11.-Bases da actividade económica en materia de gastos de persoal. Un.-As retribucións íntegras do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma non poderán experimentar no ano 2005 un incremento global superior ao 2% con respecto ás establecidas no exercicio de 2004, en termos de homoxeneidade para os dous períodos de comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal coma á súa antigüidade.

Dous.-As pagas extraordinarias dos funcionarios en servizo activo aos que lles resulte aplicable o réxime retributivo da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, terán un importe, cada unha delas, dunha mensualidade do soldo e trienios, e un 60% do complemento de destino mensual que percibe o funcionario.

O incremento que deriva da modificación da porcentaxe indicada non será computable para efectos da limitación establecida no apartado Un anterior.

As pagas extraordinarias do resto do persoal sometido a réxime administrativo e estatutario, en servizo activo, incorporarán unha porcentaxe da retribución complementaria que se perciba, equivalente ao complemento de destino, de maneira que alcance unha contía individual semellante á resultante por aplicación do disposto no parágrafo primeiro deste apartado para os funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988. No caso de que o complemento de destino, ou concepto retributivo equivalente, se devengue en catorce mensualidades, a contía adicional, definida no parágrafo anterior, distribuirase entre esas mensualidades, de maneira que o incremento anual sexa igual ao experimentado polo resto de funcionarios.

Así mesmo, a masa salarial do persoal laboral experimentará o incremento necesario para facer posible a aplicación a este dunha contía anual equivalente á que resulte para os funcionarios públicos, de acordo co disposto nos parágrafos anteriores deste apartado.

Tres.-Os acordos, convenios ou pactos que impliquen crecementos retributivos superiores deberán axustarse ao establecido neste artigo, resultando inaplicables no caso contrario.

Catro.-O disposto nos apartados precedentes entenderase sen prexuízo das adecuacións retributivas que con carácter singular e excepcional resulten imprescindibles polo contido dos postos de traballo, pola variación do número de efectivos asignados a cada programa ou polo grao de consecución dos seus obxectivos.

Cinco.-Este artigo aplicaráselle ao persoal ao servizo de:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

c) As universidades de Galicia.

d) As fundacións públicas sanitarias e as demais fundacións do sector público da Comunidade Autónoma.

e) As restantes sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 12º.Criterios retributivos aplicables ao persoal ao servizo da Comunidade Autónoma non sometido á lexislación laboral.

Un.-As retribucións básicas e as complementarias de carácter fixo e periódico experimentarán un incremento do 2% con respecto ás establecidas no exercicio de 2004, sen prexuízo, se é o caso, da adecuación destas últimas cando sexa necesaria para asegurar que a retribución total de cada posto de traballo garde a relación procedente coa súa especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, perigosidade e penosidade.

Dous.-O conxunto das restantes retribucións complementarias, se é o caso, experimentará así mesmo un incremento do 2% con respecto ao do exercicio de 2004, sen prexuízo das modificacións que deriven da variación do número de efectivos asignados a cada programa, do grao de consecución dos obxectivos fixados para aquel e do resultado individual da súa aplicación.

Tres.-Os complementos persoais e transitorios e as demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto nesta lei.

Catro.-As indemnizacións por razón do servizo rexeranse pola súa normativa específica.

Cinco.-As prestacións familiares establecidas pola normativa específica do réxime especial da Seguridade Social dos funcionarios civís do Estado, das Forzas Armadas e da Administración de Xustiza, extensiva, preceptivamente, a determinados funcionarios da Comunidade Autónoma, liquidaránselles aos beneficiarios conforme o que determinen as leis anuais de orzamentos xerais do Estado ou calquera outra disposición que as regule.

Artigo 13º.Criterios retributivos en materia de persoal laboral.

A masa salarial do persoal laboral dos entes e organismos que se indican no apartado Cinco do artigo 11 non poderá experimentar un crecemento global superior ao 2% respecto da correspondente ao ano 2004, sen prexuízo do que puidese derivar da consecución dos obxectivos asignados a cada ente ou organismo mediante o incremento da produtividade ou a modificación dos sistemas de organización do traballo ou clasificación profesional.

O previsto no parágrafo anterior representa o límite máximo da masa salarial, cuxa distribución e aplicación individual se producirá a través da negociación colectiva.

Entenderase por masa salarial, para os efectos desta lei, o conxunto das retribucións salariais e extrasalariais e mais os gastos de acción social devengados durante o ano 2004 polo persoal laboral afectado, co límite das contías sobre as que emitiu informe favorable a Consellería de Economía e Facenda para o devandito exercicio orzamentario, exceptuándose, en todo caso:

a) As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social.

b) As cotizacións ao sistema da Seguridade Social a cargo do empregador.

c) As indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.

d) As indemnizacións ou os suplidos por gastos que tivese que realizar o traballador.

As variacións da masa salarial bruta calcularanse en termos de homoxeneidade respecto dos dous períodos obxecto de comparación, tanto no que respecta a efectivos reais do persoal laboral e antigüidade deste coma ao réxime privativo de traballo, xornada legal ou contractual, horas extraordinarias efectuadas e outras condicións laborais, computándose, en consecuencia, por separado as cantidades que correspondan á variación de tales conceptos. Con cargo á masa salarial así obtida para o ano 2005 deberase satisfacer a totalidade das retribucións do persoal laboral derivadas do pertinente acordo e todas as que se produzan ao longo do exercicio, agás as que lle corresponde devengar ao devandito persoal no citado ano polo concepto de antigüidade.

As indemnizacións ou os suplidos deste persoal non poderán experimentar crecementos superiores aos que se establezan con carácter xeral para o persoal non laboral da Administración da Comunidade Autónoma.

Artigo 14º.Retribucións dos altos cargos. Un.-As retribucións totais e exclusivas dos altos cargos, incluídas as pagas extraordinarias, fíxanse para o ano 2005 nas seguintes contías, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puidese corresponderlles de conformidade coa normativa vixente:

Presidente: 79.854,60 euros. Vicepresidentes: 74.959,92 euros. Conselleiros: 65.757,96 euros. Secretarios xerais, directores xerais e asimilados: 52.351,68 euros.

Por aplicación para o ano 2005 do criterio establecido no punto 2 da disposición adicional décimo segunda da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, os secretarios xerais, directores xerais e asimilados percibirán en cada un dos meses de xullo e decembro un importe adicional de 698,68 euros.

Dous.-As retribucións dos membros do Consello de Contas de Galicia serán as establecidas no apartado Un deste artigo para os conselleiros, agás as correspondentes ao conselleiro maior, que se fixan para o ano 2005 en 69.978,60 euros.

Tres.-As retribucións totais dos altos cargos do Consello Consultivo de Galicia, incluídas as pagas extraordinarias, quedan establecidas para o ano 2005 nas seguintes contías:

Presidente: 69.978,60 euros. Conselleiros: 65.757,96 euros. Catro.-As retribucións dos integrantes do Tribunal Galego de Defensa da Competencia serán para o ano 2005 as seguintes, incluídas as pagas extraordinarias:

Presidente: 69.978,60 euros. Vogais: 65.757,96 euros. Cinco.-As retribucións dos presidentes e vicepresidentes e, se é o caso, as dos directores xerais das sociedades públicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, serán autorizadas inicialmente polo conselleiro de Economía e Facenda, por proposta do titular da consellaría á que se atopen adscritos.

Artigo 15º.Complemento persoal. Os funcionarios de carreira designados para ocupar postos incluídos nos anexos de persoal dos orzamentos da Administración xeral e dos seus organismos autónomos que dean lugar á consideración de alto cargo e que no momento do seu nomeamento mantivesen unha relación de servizo permanente, non contractual, con algunha administración pública non poderán percibir retribucións inferiores ás que tiñan asignadas no posto de procedencia.

Cando se produza esa circunstancia, o persoal indicado terá dereito a percibir un complemento persoal equivalente á diferenza entre a totalidade dos conceptos retributivos, básicos e complementarios, do posto de orixe, con exclusión das gratificacións por servizos extraordinarios, en cómputo anual, e as retribucións do mesmo carácter que lle correspondan polo posto que ocupe na Administración autonómica galega.

O complemento indicado, que se percibirá ata o momento do cesamento no cargo, actualizarase, se é o caso, na mesma porcentaxe que corresponda ao incremento retributivo atribuído con carácter xeral na Lei de orzamentos de cada exercicio.

O recoñecemento do dereito á percepción deste complemento será realizado en cada caso pola Dirección Xeral da Función Pública.

Artigo 16º.Retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellarías.

As retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellarías para o ano 2005 serán idénticas na súa contía ás dos subdirectores xerais.

Así mesmo, terán dereito a percibir os trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ao servizo das administracións públicas.

Artigo 17º.Retribucións dos funcionarios da Comunidade Autónoma incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Un.-De conformidade co establecido no artigo 11 desta lei, as retribucións que percibirán no ano 2005 os funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, que desempeñan postos de traballo para os que o Goberno da Comunidade aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na devandita lei serán as seguintes:

a) O soldo e os trienios que correspondan ao grupo no que se atope clasificado o corpo ou a escala a que pertenza o funcionario, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

b) As pagas extraordinarias, que serán dúas ao ano, percibiranse de acordo co previsto no artigo 15 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1989. O importe de cada unha destas pagas será dunha mensualidade de soldo e trienios, e, en aplicación do establecido no artigo 11. Dous desta lei, na contía que a continuación se sinala, segundo o nivel do complemento de destino mensual que se perciba:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Cando os funcionarios prestasen unha xornada de traballo reducida durante os seis meses anteriores aos meses de xuño e decembro, o importe da paga extraordinaria experimentará a correspondente redución proporcional.

c) O complemento de destino correspondente ao nivel do posto de traballo que se desempeñe, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada na escala anterior poderá ser modificada nos casos nos que así proceda, de acordo coa normativa vixente, sen que isto implique variación do nivel de complemento de destino asignado ao posto de traballo.

d) O complemento específico que, se é o caso, estea fixado ao posto que se desempeñe, cuxa contía experimentará un incremento do 2% con respecto á aprobada definitivamente para o exercicio do ano 2004, sen prexuízo do previsto no artigo 11 desta lei.

e) O complemento de produtividade que, se é o caso, se destine a retribuír o especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou iniciativa con que o funcionario desempeñe o seu traballo, nos termos establecidos no artigo 64.3.

c) da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

O complemento de produtividade concederase de acordo con criterios obxectivos que aprobe o Con sello da Xunta de Galicia, por proposta das consellarías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda. Os complementos de produtividade débense facer públicos nos centros de traballo.

As contías asignadas por complemento de produtividade durante un período de tempo non orixinarán ningún tipo de dereito individual respecto das valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.

f) As gratificacións por servizos extraordinarios que concederá o Consello da Xunta por proposta da consellaría correspondente e dentro dos créditos asignados para tal fin.

Estas gratificacións terán carácter excepcional e soamente poderán ser recoñecidas polos servizos extraordinarios prestados fóra da xornada normal de traballo, sen que, en ningún caso, poidan ser fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo.

g) Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1989.

Estes complementos persoais e transitorios serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza no ano 2005, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. En ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de produtividade nin as gratificacións por servizos extraordinarios.

Incluso no caso de que o cambio de posto de traballo determine unha diminución das retribucións manterase o complemento persoal transitorio fixado ao producirse a aplicación do novo sistema, á absorción do cal se lle imputará calquera mellora retributiva ulterior, mesmo a que poida derivar do cambio de posto de traballo.

Para os efectos da absorción prevista nos parágrafos anteriores, o incremento de retribucións de carácter xeral que se establece nesta lei só se computará no 50% do seu importe, entendendo que teñen este carácter o soldo, referido a catorce mensualidades, o complemento de destino e o específico.

Dous.-Os funcionarios interinos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, percibirán o 100% das retribucións básicas, excluídos trienios, correspondentes ao grupo no que estea incluído o corpo no que ocupen vacante e o 100% das retribucións complementarias que correspondan ao posto de traballo que desempeñen, excluídos os que están vinculados á condición de funcionario de carreira.

Tres.-O complemento de produtividade poderá atribuírselles, se é o caso, aos funcionarios interinos aos que se refire o apartado anterior, así como ao persoal eventual e aos funcionarios en prácticas cando estas se realicen desempeñando un posto de traballo e estea autorizada a aplicación do devandito complemento aos funcionarios de carreira que desempeñen análogos postos de traballo, agás que o dito complemento estea vinculado á condición de funcionario de carreira.

Artigo 18º.Retribucións do persoal ao servizo das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Un.-O persoal incluído no ámbito de aplicación do Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do Instituto Nacional da Saúde, percibirá as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías sinaladas para os devanditos conceptos retributivos no artigo 17. Un. a) , b) e c) desta lei, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria segunda. Dous do devandito real decreto lei e de que a contía anual do complemento de destino se satisfaga en catorce mensualidades.

O importe das retribucións correspondentes aos complementos específicos, complemento de atención continuada e complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade que, se é o caso, lle correspondan ao referido persoal experimentará o incremento do 2% respecto do importe aprobado para o exercicio de 2004.

A contía individual do complemento de produtividade determinarase conforme os criterios sinalados no artigo 2. Tres. c) , na disposición transitoria terceira do Real decreto lei 3/1987 e nas demais normas ditadas para o seu desenvolvemento.

Dous.-As retribucións do restante persoal estatutario, funcionario e laboral das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde experimentarán o incremento previsto no artigo 11. Un desta lei.

Capítulo II Outras disposicións en materia de réxime dos persoal activo Artigo 19.-Prohibición de ingresos atípicos. Os empregados públicos comprendidos dentro do ámbito de aplicación desta lei, con excepción daqueles sometidos ao réxime de arancel, non poderán percibir ningunha participación nos tributos, nas comisións ou noutros ingresos de calquera natureza que lle correspondan á administración ou a calquera poder público como contraprestación de calquera servizo ou xurisdición, nin participación ou premio en multas impostas aínda que estivesen normativamente atribuídas a eles, debendo percibir unicamente as remuneracións do correspondente réxime retributivo, sen prexuízo do que resulte da aplicación do sistema de incompatibilidades e do disposto na normativa específica sobre gozo de vivenda por razón do traballo ou cargo desempeñado.

Artigo 20º.Relacións de postos de traballo. As relacións de postos de traballo vixentes o 1 de xaneiro do ano 2005 poderán ser obxecto das modificacións necesarias para axustalas ás previsións orzamentarias que se deducen do anexo de persoal desta lei.

Artigo 21º.Outras normas comúns. Un.-Cando as retribucións percibidas no ano 2004 non se correspondesen coas establecidas con carácter xeral no título II da Lei 8/2003, do 23 de decembro, e non sexan aplicables as establecidas no mesmo título desta lei, experimentarán no ano 2005 un incremento do 2% sobre as percibidas no ano anterior.

Dous.-Na Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos, nos casos de adscrición durante o ano 2005 dun funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ao posto de traballo a que se adscribe, o devandito funcionario percibirá as retribucións que correspondan ao posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que autorice a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública por proposta das consellarías interesadas.

Só para os efectos da asimilación á que se refire o parágrafo anterior, a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do funcionario.

A Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública comunicaralle estas autorizacións á Consellería de Economía e Facenda para o seu coñecemento.

Tres.-As referencias relativas a retribucións contidas nesta lei enténdense sempre feitas a retribucións íntegras.

Catro.-As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos, para os efectos do cálculo de anticipos reintegrables aos funcionarios, entenderanse feitas ás retribucións básicas e complementarias que perciban estes nos seus importes líquidos.

Artigo 22º.Requisitos para a determinación ou modificación de retribucións do persoal laboral e non funcionario.

Un.-Será necesario informe favorable emitido conxuntamente polas consellarías de Economía e Facenda e da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública para proceder a determinar ou modificar as condicións retributivas do persoal non funcionario e laboral ao servizo de:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

c) As universidades de Galicia.

d) As fundacións públicas sanitarias e as demais fundacións do sector público da Comunidade Autónoma.

e) As restantes sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Dous.-Con carácter previo ás negociacións de convenios ou acordos colectivos que se subscriban no ano 2005, deberase solicitar da Consellería de Economía e Facenda a correspondente autorización de masa salarial, que cuantifique o límite máximo das obrigas que poidan contraerse como consecuencia dos devanditos pactos, achegando para o efecto a certificación das retribucións salariais satisfeitas e devengadas durante o ano 2004.

Cando se trate de persoal non suxeito a convenio colectivo cuxas retribucións veñan determinadas en todo ou en parte mediante contrato individual, deberánselle comunicar á Consellería de Economía e Facenda as retribucións satisfeitas e devengadas durante o ano 2004.

Para a determinación das retribucións de postos de traballo de nova creación bastará coa emisión do informe ao que se refire o apartado Un deste artigo.

Tres.-Para os efectos dos apartados anteriores, entenderase por determinación ou modificación das condicións retributivas do persoal non funcionario as seguintes actuacións:

a) O asinamento de convenios colectivos subscritos polos organismos sinalados no apartado Un anterior, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

b) A aplicación de convenios colectivos de ámbito sectorial, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

c) A fixación de retribucións mediante contrato individual, xa se trate de persoal fixo ou contratado por tempo determinado, cando non veñan reguladas en todo ou en parte mediante convenio colectivo.

d) O outorgamento de calquera clase de melloras salariais de tipo unilateral con carácter individual ou colectivo, aínda que deriven da aplicación extensiva do réxime retributivo dos funcionarios públicos.

Catro.-Co fin de emitir o informe sinalado no apartado Un deste artigo, as consellarías, os organismos e os entes remitiranlles ás consellarías de Economía e Facenda e da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública o correspondente proxecto, con carácter previo ao seu acordo ou asinamento no caso dos convenios colectivos ou contratos individuais, xunto coa achega da valoración de todos os seus aspectos económicos.

Cinco.-O sinalado informe será realizado no prazo máximo de quince días, que se contarán desde a data de recepción do proxecto e da súa valoración, e versará sobre todos aqueles extremos dos que deriven consecuencias directas ou indirectas en materia de gasto público, tanto para o ano 2005 coma para exercicios futuros, e, especialmente, no que se refire á determinación da masa salarial correspondente e ao control do seu crecemento, sen prexuízo do disposto nos artigos 12 e 13 desta lei.

Seis.-Serán nulos de pleno dereito os acordos adoptados nesta materia con omisión do trámite de informe ou en contra dun informe desfavorable, así como os pactos que impliquen crecementos salariais para exercicios sucesivos contrarios ao que determinen as futuras leis de orzamentos.

Sete.-Non poderán autorizarse gastos derivados da aplicación das retribucións para o ano 2005 sen o cumprimento dos requisitos establecidos neste artigo.

Artigo 23º.Persoal de alta dirección dos organismos autónomos e das sociedades públicas da Comunidade Autónoma.

Nos contratos laborais do persoal de alta dirección das entidades ás que se refire este artigo non poderán fixarse indemnizacións, en razón da extinción da relación xurídica coa entidade correspondente, de contía superior á fixada na lexislación reguladora desta relación laboral de carácter especial.

Excepcionalmente, o Consello da Xunta poderá autorizar a inclusión de cláusulas indemnizatorias que garantan ata un 15% das retribucións que se percibirían desde a extinción anticipada da relación laboral ata o termo inicialmente previsto como duración do contrato, cun máximo de doce mensualidades.

En calquera caso, cando a extinción da relación laboral tivese lugar dentro dos últimos doce meses de vixencia do vínculo contractual, a única indemnización aplicable será a prevista no primeiro parágrafo deste artigo.

Artigo 24º.Contratación de persoal laboral de carácter temporal para a realización de obras ou servizos previstos no anexo de investimentos.

Un.-As consellarías e os organismos autónomos poderán formalizar durante o ano 2005 contratacións de persoal de carácter temporal para a realización de obras ou servizos, sempre que se dea a concorrencia dos seguintes requisitos:

a) Que a contratación teña por obxecto a execución de obras por administración directa e con aplicación da lexislación de contratos do Estado, ou a realización de servizos que teñan a natureza de investimentos.

b) Que tales obras ou servizos correspondan a investimentos previstos e aprobados nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

c) Que pola natureza das obras ou dos servizos non poidan ser executados por persoal fixo.

d) Que se refiran a obras e proxectos concretos. Do cumprimento dos anteriores requisitos deberase deixar constancia no correspondente expediente de contratación.

Dous.-Os contratos teranse que formalizar seguindo as prescricións dos artigos 15 e 17 do Estatuto dos traballadores e conforme o disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. Nos contratos farase constar a obra ou o servizo para a realización do cal se formaliza o contrato e o tempo de duración, así como o resto das formalidades que impón a lexislación sobre contratos laborais, eventuais ou temporais. Os incumprimentos destas obrigas formais, así como a asignación de persoal contratado para funcións distintas das que se determinen nos contratos, dos que puidesen derivar dereitos de fixeza para o persoal contratado, poderán dar lugar á exixencia de responsabilidades, segundo o artigo 122 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

O gasto xerado por estas contratacións, con excepción das suxeitas normativamente ao Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral especial de artistas en espectáculos públicos, e o gasto que corresponda ás contratacións de persoal temporal dedicado á extinción de incendios forestais imputaranse ao concepto correspondente do artigo 13 no programa e na consellaría de que se trate.

Tres.-A realización destes contratos será obxecto de fiscalización previa nos casos nos que esta resulte preceptiva, de conformidade co establecido nos artigos 94 a 117 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro. A intervención delegada da consellaría certificará que existe crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria que corresponda computado sempre na súa proxección anual.

Catro.-A contratación poderá exceder do exercicio orzamentario cando se trate de obras ou servizos que pasen do devandito exercicio e correspondan a proxectos de investimento de carácter plurianual que cumpran os requisitos que para estes se prevén no artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Cinco.-O servizo xurídico da consellaría, organismo ou entidade emitirá informe sobre os contratos con carácter previo á súa formalización e, en especial, pronunciarase sobre a modalidade de contratación utilizada e a observancia nas cláusulas do contrato dos requisitos e das formalidades exixidos pola lexislación laboral.

Seis.-Non poderán realizarse contratacións de persoal de carácter temporal para a realización de obras ou servizos previstos no anexo de investimentos sen autorización previa da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Sete.-Os contratos que se iniciasen durante o exercicio de 1999 ou anteriores e que teñan unha data de finalización posterior ao 31 de decembro de 1999

poderán continuar imputándose ao capítulo VI do orzamento de gastos da correspondente consellaría ata o seu termo.

Artigo 25º.Nomeamento de profesores interinos a tempo parcial en centros docentes non universitarios.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá efectuar, nos centros docentes non universitarios, o nomeamento de profesores interinos con horarios de traballo inferiores aos establecidos con carácter xeral, que percibirán as retribucións básicas e complementarias de forma proporcional á xornada traballada.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria tratará de completar o horario docente do persoal interino, compartindo, de ser necesario, varios centros de ensino, para minimizar deste xeito o número de prazas ofertadas segundo o parágrafo anterior.

No caso de ser necesario o nomeamento para prazas a tempo parcial, daráselle preferencia para optar a estas ao profesorado que voluntariamente queira acceder a elas, sobre todo a aquelas persoas que aleguen necesidades de conciliación da vida familiar e laboral.

Artigo 26º.Profesores de corpos docentes. Sen prexuízo do establecido con carácter xeral no artigo 68, punto 5, da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e en atención ás peculiaridades do persoal docente, recoñecidas polo artigo 1, punto 2, da referida lei, os profesores dos corpos docentes previstos no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderán percibir ata o total das súas retribucións tanto básicas coma complementarias cando sexan autorizados para o gozo de licenzas por estudos durante o curso escolar, nos supostos, termos, prazos e condicións que determine a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co informe favorable das consellarías de Economía e Facenda e da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Artigo 27º.Oferta de emprego público para o ano 2005.

Un.-O Consello da Xunta poderá autorizar, por proposta da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública ou, se é o caso, das consellarías competentes na materia e co informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, a convocatoria de prazas vacantes que se considere que poidan afectar o funcionamento dos servizos públicos esenciais, e que se concentrarán nos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren absolutamente prioritarios, sen que o número das prazas de novo ingreso poida ser superior ao 100 por 100 da taxa de reposición de efectivos. Para estes efectos consideraranse efectivos aqueles que veñan desempeñando a súa actividade en servizos que teñen carácter permanente na Comunidade Autónoma. En todo caso, a oferta de emprego incluirá todos os postos e prazas desempeñados por persoal interino, nomeado ou contratado no exercicio anterior, excepto aqueles sobre os que exista unha reserva do posto ou que estean incursos en procesos de provisión. Con este fin, realizaranse as adecuacións nos orzamentos que resulten precisas e sempre de acordo co previsto no artigo 9 desta lei.

Dous.-Malia o disposto no apartado Un deste artigo, poderanse convocar os postos ou as prazas que, estando orzamentariamente dotados e incluídos nas correspondentes relacións de postos de traballo, catálogos ou cadros de persoal, se encontren desempeñados interina ou temporalmente con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2004.

Tres.-Durante o ano 2005 non se procederá á contratación de novo persoal temporal nin ao nomeamento de funcionarios interinos, agás en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables, con autorización conxunta das consellarías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda. De calquera xeito, estes nomeamentos computarán para os efectos de cumprir o límite máximo da taxa de reposición de efectivos na oferta de emprego público do mesmo ano a aquel no que se produza o devandito nomeamento e, se non fose posible, na seguinte oferta de emprego público.

Ao adecuarse estritamente ás necesidades do servizo e co límite máximo das previsións orzamentarias que se establecen para o efecto, non será necesaria esa autorización para as contratacións seguintes:

a) Persoal docente.

b) Persoal que preste servizos en institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde.

c) Persoal laboral de centros e residencias de servizos sociais.

Así mesmo, e sempre dentro das limitacións orzamentarias previstas, non requirirán autorización previa as contratacións para substitucións do persoal que resulten imprescindibles para o bo funcionamento dos servizos.

Catro.-As convocatorias de prazas vacantes dos entes públicos aos que se refire o artigo 12.1.

b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e das sociedades de carácter mercantil dependentes do ente público Compañía de Radio-Televisión de Galicia, deberán ser autorizadas conxuntamente polas consellarías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda.

TÍTULO III Das operacións de endebedamento e garantía

Capítulo I Operacións de crédito

Artigo 28º.Operacións de endebedamento por prazo superior a un ano.

Un.-Durante o exercicio de 2005 a posición neta debedora da Comunidade Autónoma incrementarase en 118.000.000 de euros. Ademais para o finan ciamento da adquisición de activos financeiros con destino a suxeitos non comprendidos no punto 1.

c) do artigo 2 da Lei 18/2001, do 12 de decembro, xeral de estabilidade orzamentaria, autorízase un incremento de 23.300.000 euros, dos cales 12.000.000 se destinarán á ampliación de capital na sociedade pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, S. A., e 11.300.000 euros á ampliación de capital nas sociedades de xestión urbanística para a execución das actuacións contidas no Plan de dinamización económica.

Para estes efectos inclúese a posición neta debedora da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S. A. (SPI) .

Dous.-A posición neta debedora prevista no apartado Un anterior será efectiva ao termo do exercicio, podendo ser excedida no curso del, e quedará automaticamente revisada:

a) Polas desviacións que poidan xurdir, a 30 de setembro, entre as previsións de ingresos incondicionados contidas nesta lei e a súa evolución real.

b) Polo importe necesario para financiar aqueles gastos de investimento que, se é o caso, puidesen ser obxecto de minoración como consecuencia das necesidades de liquidez derivadas dos diferentes ritmos dos fluxos financeiros de fondos procedentes das transferencias da Administración do Estado e da Unión Europea.

Estes importes serán cancelados na medida na que se realicen efectivamente os correspondentes ingresos.

Para as revisións ás que se refire esta letra b) establécese como límite máximo o 1,5% do importe total a que ascende o orzamento consolidado da Comunidade Autónoma.

c) Para financiar as adquisicións de activos financeiros con destino a suxeitos non comprendidos no punto 1.

c) do artigo 2 da Lei 18/2001, do 12 de decembro, xeral de estabilidade orzamentaria, que poidan xurdir ao longo do exercicio.

Tres.-Autorízase o Instituto Galego da Vivenda e Solo a concertar con entidades financeiras préstamos hipotecarios subrogables con destino ao financiamento de actuacións en materia de vivenda, non podendo establecerse ningún tipo de cláusula da que derive responsabilidade por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo unha vez realizada a subrogación.

O importe dos créditos hipotecarios vivos no ano 2005 non poderá superar en ningún caso os 15.025.000 euros.

Para a súa instrumentación será preciso informe favorable da Consellería de Economía e Facenda.

Artigo 29º.-Débeda da tesouraría. O Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, poderá concertar ou emitir operacións de débeda de tesouraría, durante o exercicio do ano 2005, conforme o disposto no artigo 31 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, ata un importe que non supere o 15% da consignación que figura no orzamento da Administración xeral como ingresos correntes incondicionados, entendendo como tal a suma dos capítulos I, II e III e os conceptos 400 e 408.

Artigo 30º.Endebedamento dos organismos autónomos e das sociedades públicas.

Un.-Durante o exercicio do ano 2005 os organismos autónomos e as sociedades públicas da Comunidade Autónoma poderán concertar operacións para atender necesidades transitorias de tesouraría, con prazo de reembolso non superior a un ano, cun límite máximo do 10% da súa previsión inicial de ingresos correntes ou de explotación. A superación deste límite deberá ser autorizada polo conselleiro de Economía e Facenda.

Dous.-En ningún caso poderán concertarse sen autorización previa do conselleiro de Economía e Facenda operacións que impliquen a superación da variación de pasivos establecida nos orzamentos iniciais dos organismos autónomos e das sociedades públicas da Comunidade Autónoma.

Tres.-En todo caso as disposicións das operacións financeiras previstas neste artigo deberanlle ser comunicadas á Consellería de Economía e Facenda no prazo máximo dun mes.

Capítulo II Afianzamento por aval

Artigo 31º.Avais. Un.-Con carácter xeral e de conformidade co disposto no artigo 41 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, o importe máximo dos avais que a Xunta de Galicia poderá conceder durante o ano 2005 será de 30.000.000 de euros.

Con independencia desa cantidade, o Instituto Galego de Promoción Económica poderá conceder avais en contía que non supere en ningún momento un saldo efectivo vixente de 300.000.000 de euros.

Co obxecto de atender proxectos de axuda ao desenvolvemento no exterior, e dentro do saldo indicado no parágrafo anterior, o Instituto Galego de Promoción Económica poderá avalar operacións de crédito ata 30.000.000 de euros.

Non obstante, por acordo da Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos, poderá autorizarse a ampliación da cantidade fixada para o Instituto Galego de Promoción Económica ata un importe igual ao non utilizado pola Xunta, sen que en ningún caso o saldo efectivo vixente do conxunto dos avais que por este artigo se autorizan poida superar a cifra de 330.000.000 de euros.

Dous.-O Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, poderá acordar, logo de petición fundada dos interesados á consellaría correspondente, e por instancia desta, o inexercicio das accións de regreso que ao abeiro do artigo 10.2 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulación de avais do Instituto Galego de Promoción Económica, lle corresponden á Comunidade Autónoma como consecuencia da prestación por aquel de avais ou contraavais, cando, de se faceren efectivas aquelas, afectase grave ou substancialmente o mantemento da capacidade produtiva ou do nivel de emprego ou de renda de calquera dos sectores ou subsectores básicos da economía galega.

TÍTULO IV Normas tributarias

Capítulo único Tributos propios

Artigo 32º.Taxas. Un.-Elévanse os tipos das taxas de contía fixa vixentes na Comunidade Autónoma de Galicia ata a cantidade que resulte da aplicación do coeficiente do 1,02 ás contías exixibles á entrada en vigor desta lei; este coeficiente seralles aplicable ás contías que con carácter mínimo ou máximo se establecen en todo tipo de tarifas, tanto de taxas de contía fixa coma variable.

Considéranse taxas de contía fixa cando non están determinadas por unha porcentaxe sobre unha base ou esta non se valora en unidades monetarias.

Exceptúanse do incremento establecido anteriormente aquelas taxas que se recadan mediante efectos timbrados.

Dous.-Introdúcense as seguintes modificacións na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras, na súa redacción vixente:

1) Modifícase a alínea 5 do artigo 23, quedando redactada como segue:

«A inscrición nas convocatorias para selección de persoal da Comunidade Autónoma, logo da xustificación documental, solicitada por:

-Persoas con minusvalía igual ou superior ao 33%.

-Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial; no caso de membros de categoría xeral terán unha bonificación do 50%.»

2) Engádeselle a subalínea 10 á alínea 07 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«10 Inscrición provisional de modelos de máquinas recreativas e de azar: 63,24 A».

3) Engádeselle a alínea 40 ao anexo 1, coa seguinte redacción:

«40 Autorización de probas deportivas en vías públicas: 50 A».

4) Modifícase a subalínea 05 da alínea 01 do anexo 2, quedando redactada como segue:

«05 Autorización para servizos regulares de uso especial de transporte de escolares e traballadores e para transporte nocturno (reiteración de itinerarios con vehículos discrecionais) : 24,51 A».

5) Modifícase a subalínea 07 da alínea 01 do anexo 2, quedando redactada como segue:

«07 Actuacións relativas ás concesións de servizos de transporte regular permanente ou temporal de uso xeral:

-Outorgamento e ampliación das concesións: por cada km/milla náutica medio diario: 0,558392 A.

O número medio diario de km/milla náutica percorridos será o resultado de dividir o número de km/milla náutica que se vai percorrer nas expedicións previstas ao longo do ano na concesión ou ampliación solicitada por 365.

-Modificación das condicións da concesión: por cada modificación: 49,04 A.

-Visado dos cadros de tarifas: 24,51 A».

6) Engádeselle a subalínea 13 á alínea 01 do anexo 2, coa seguinte redacción:

«13 Expedición de tarxetas de tacógrafo dixital:

a) Tarxeta de condutor: 25 A.

b) Tarxeta de empresa: 25 A.

c) Tarxeta de centro de ensaio: 25 A».

7) Modifícase a contía da dedución polas melloras na ordenación do sacrificio para polos e galiñas de carne e demais aves de curral novas de engorde, coellos e caza menor de pluma e pelo, con menos de 2,5 kg de peso por canal contida na alínea 08 do anexo 2, quedando determinada na contía de 0,002601 euros/animal.

8) Modifícase a subalínea 03 da alínea 09 do anexo 2, quedando redactada como segue:

«03 Carne, peixe, leite ou outros, así como os seus derivados.

Partidas de produtos alimenticios: entre 0 e 150 kg ou litros: 3,06 A.

Partidas de produtos alimenticios: máis de 150 e ata 5.000 kg ou litros: 12,66 A.

Partidas de produtos alimenticios: máis de 5.000 e ata 15.000 kg ou litros: 21,63 A.

Partidas de produtos alimenticios: máis de 15.000 e ata 25.000 kg ou litros: 43,26 A.

Partidas de produtos alimenticios: máis de 25.000 kg ou litros: 64,89 A».

9) Engádeselle a subalínea 09 á alínea 12 do anexo 2, coa seguinte redacción:

«09 Autorización para exercer actividades de formación do persoal de mantemento hixiénico-sani tario das instalacións susceptibles de propagar a lexionelose.

-Primeira autorización: 124,85 A.

-Renovación da autorización: 52,02 A».

10) Engádeselle a subalínea 10 á alínea 12 do anexo 2, coa seguinte redacción:

«10 Autorización de entidades para impartir programas de formación de persoal aplicador de tatuaxe, micropigmentación e piercing.

-Primeira autorización: 124,85 A.

-Renovación da autorización: 52,02 A».

11) Engádeselle a subalínea 11 á alínea 12 do anexo 2, coa seguinte redacción:

«11 Licenza de funcionamento dos fabricantes de produtos sanitarios a medida.

-Autorización: 618,66 A.

-Revalidación da autorización: 446,45 A».

12) Modifícase a alínea 24 do anexo 2, quedando redactada como segue:

«24 Emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, emisoras de televisión dixital e emisoras de radiodifusión dixital.

01 Concesión definitiva, prórrogas ou renovacións: 6% do investimento realizado polo adxudicatario.

02 Transferencia da concesión: 3% do investimento realizado polo adxudicatario.

03 Modificacións de accionariado e de capital: 14,80 A».

13) Engádeselle a alínea 46 ao anexo 2, coa seguinte redacción:

«46 Autorización dos materiais forestais de base para a produción de materiais forestais de reprodución: 31,50 A».

14) Modifícase a subalínea 11 da alínea 07 do anexo 3, quedando redactada como segue:

«07 Autorización, inscrición, baixa ou modificación da inscrición no rexistro de instalacións de raios X con fins de diagnóstico médico: 40,52 A».

15) Modifícase a alínea 18 do anexo 3, quedando redactada como segue:

«18 Autorización de instalacións de distribución de enerxía eléctrica e gas.

Da tarifa consignada na alínea 09: 150%». 16) Suprímese a alínea 40 do anexo 3 coas súas subalíneas 01 e 02.

17) Engádeselle a alínea 56 ao anexo 3, coa seguinte redacción:

«56 Expedición do certificado oficial de explotación de patentes de invencións e modelos de utilidade: 102,82 A».

18) Engádeselle a alínea 57 ao anexo 3, coa seguinte redacción: «57 Expedición da autorización ambiental integrada: 205,12 A».

19) Engádeselle a alínea 58 ao anexo 3, coa seguinte redacción: «58 Actuacións en materia de metroloxía legal. 01 Rexistro de control metrolóxico de fabricantes, reparadores e importadores con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Por cada inscrición: 79,00 A.

02 Intervención e control de laboratorios autorizados: 118,41 A.

03 Tramitación e resolución administrativa de aprobación e modificación de modelo: 79,00 A.

04 Tramitación e resolución administrativa de entidades verificadoras de aparatos sometidos a control metrolóxico.

-Por cada instrumento: 79,00 A».

20) Engádeselle a alínea 59 ao anexo 3, coa seguinte redacción: «59 Informe de avaliación de ensaios clínicos e de estudos postautorización para medicamentos de uso humano e produtos sanitarios.

01 Avaliación de novos ensaios clínicos, actuando o CEIC de Galicia como implicado: 600,00 A.

-Por cada centro participante en Galicia engadiráselle á cantidade anterior: 300,00 A.

02 Avaliación de novos ensaios clínicos, actuando o CEIC de Galicia como CEIC de referencia: 1.000,00 A.

-Por cada centro participante en Galicia engadiráselle á cantidade anterior: 300,00 A.

03 Avaliación de novos estudos postautorización, por avaliación global: 600,00 A.

04 Modificacións relevantes aos protocolos de ensaios clínicos aprobados, por cada modificación: 300,00 A».

21) Modifícase a subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3, da seguinte maneira:

Substitúense o primeiro e o segundo parágrafo da regra oitava da tarifa X-1, Entrada e estadía de barcos, e os mesmos parágrafos da regra décimo cuarta da tarifa X-2, Atracada, por un único parágrafo co mesmo texto en ambas as dúas regras citadas, que é o que segue:

«Aos barcos en construción, reparación ou desmantelamento e ás embarcacións pesqueiras suxeitas a esta tarifa aplicaráselles unha redución dun 50% na contía da tarifa».

22) Modifícase a subalínea 02 da alínea 99 do anexo 3, da seguinte maneira:

Engádese un parágrafo na regra quinta da tarifa E-3, Fornecementos, coa seguinte redacción:

«Cando se realice a subministración en media tensión aplicarase esta tarifa cunha redución da contía do 20%».

23) Substitúese na subalínea 05 da alínea 07 do anexo 4 a referencia «o primeiro de xaneiro de 2003

(por cada ano) » pola referencia «o primeiro de xaneiro do ano que corre».

Título V Da xestión orzamentaria

Capítulo único Dos procedementos de xestión orzamentaria Artigo 33.-Intervención limitada. A contía á que se refire o artigo 97.1 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, queda establecida en 6.600 euros para o ano 2005.

Artigo 34º.Fiscalización de nomeamentos ou de contratos para substitución de persoal.

A fiscalización de nomeamentos e de contratos para substitucións de persoal por razóns de necesidade e de urxencia conxuntural realizarase con carácter previo á alta en nómina, mediante a verificación da adecuación do proceso de selección coa normativa vixente e da existencia de nomeamento ou de contrato, así como de crédito adecuado e suficiente de acordo co procedemento de control que para o efecto determine a intervención xeral.

Artigo 35º.Identificación dos proxectos de investimento. As modificacións dos programas de investimento que impliquen o inicio de novos proxectos ou a variación dos existentes requirirán a asignación dun novo código pola Dirección Xeral de Orzamentos da Consellería de Economía e Facenda, logo da tramitación da oportuna modificación polo órgano competente segundo o previsto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 36º.Autorización do Consello da Xunta para contratar.

Requirirá autorización previa por parte do Consello da Xunta a tramitación de expedientes de gasto dos capítulos II e VI por contía superior a 3.005.000 euros. Logo de obterse a autorización, a aprobación do gasto corresponderalle ao órgano de contratación da consellaría, organismo ou sociedade pública que xestione o crédito.

Artigo 37º.Tratamento dos créditos para expropiacións. Os créditos destinados ao pagamento de expropiacións autorizadas con motivo da realización de expedientes de obras que á fin do anterior exercicio non fosen executados darán lugar, ao pechamento deste, á emisión de documentos «ADOK» en formalización con imputación á conta extraorzamentaria, e serán considerados no ano 2005 como ingresos do artigo 68, «Reintegros por operacións de capital», podendo dar lugar á xeración de crédito no subconcepto de expropiacións do capítulo VI de gastos.

Artigo 38º.Tratamento do crédito destinado ao pagamento da prima adicional da póliza de responsabilidade civil e patrimonial sanitaria.

O crédito destinado ao pagamento da prima adicional da póliza de responsabilidade civil e patrimonial sanitaria da Xunta de Galicia que se instrumente no concepto «primas de seguros» da sección «Gastos de diversas consellarías» que á fin do anterior exercicio non fose executado dará lugar, ao pechamento deste, á emisión dun documento «ADOK» en formalización con imputación á conta extraorzamentaria, e terá a condición de ingreso do capítulo III no exercicio de 2005 coa finalidade de xerar crédito nas dotacións que para ese obxecto figuren no estado de gastos.

Artigo 39º.Revisións de prezos contidos en concertos ou convenios.

Con carácter xeral, as revisións de prezos que se establezan nos concertos ou convenios que subscriban durante o ano 2005 a Administración xeral da Comunidade Autónoma, os seus organismos autónomos ou as entidades de dereito público previstas no artigo 12.1.

b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, non poderán referenciarse por encima da evolución do índice de prezos ao consumo de Galicia. Igualmente, as revisións de prezos e tarifas que afecten a concertos ou convenios xa subscritos non poderán experimentar un incremento superior ao do IPC galego do anterior exercicio.

Excepcionalmente, por causas plenamente xustificadas ou por alteracións das condicións dos concertos ou convenios, o conselleiro de Economía e Facenda, por proposta da consellaría correspondente, poderá autorizar a inclusión de cláusulas de revisión por contía diferente á indicada no parágrafo anterior.

Artigo 40º.Concesión directa de axudas e subvencións. Con independencia do disposto no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, poderán concederse de forma directa axudas ou subvencións nos seguintes casos:

a) As que deriven de convenios entre a Comunidade Autónoma e os entes públicos ou privados para a prestación de servizos ou actividades de carácter público ou de interese xeral, ou para a adquisición de bens de interese público, logo da oportuna xustificación razoada do órgano xestor, nas que non sexa posible promover a concorrencia pública pola especificidade das características que debe cumprir a entidade ou actividade destinataria da subvención.

b) As axudas ou subvencións correntes ás que polo seu obxectivo de utilidade e interese social ou cultural, ou para promover a consecución dun fin público, non lles sexan aplicables os principios de publicidade e concorrencia, sempre que a súa contía non supere o importe de 6.010 euros por beneficiario e ano e as concedidas por cada consellaría non excedan globalmente de 60.100 euros no exercicio. Estes importes elevaranse a 18.030 e 240.400 euros, res pectivamente, para a sección 04, servizo 01, Secretaría

Xeral do Presidente. Estas axudas ou subvencións poderán ser aboadas ao 100% dunha soa vez.

As que participando da mesma condición excedan dos límites cuantitativos anteriores deberán ser concedidas por acordo motivado do Consello, do que se lle dará conta á Comisión correspondente do Parlamento de Galicia.

c) Excepcionalmente, as axudas ou subvencións de capital, logo de declaración pola Comisión Delegada da Xunta para Asuntos Económicos da súa utilidade e interese social ou do seu carácter estratéxico.

Os acordos de concesión deberán ser adoptados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta da consellaría competente por razón da materia.

Artigo 41º.Pagamento e garantías das axudas e subvencións.

Un.-De acordo coa natureza e co réxime das subvencións concedidas con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma, quedan exentos de achegar os xustificantes do cumprimento das obrigas a que se refire o artigo 78.4.

c) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, os beneficiarios das axudas ou subvencións seguintes:

a) As libradas a favor da Comunidade Autónoma, das súas sociedades públicas e das fundacións do sector público autonómico, así como dos órganos estatutarios de Galicia.

b) As libradas a favor da Administración do Estado, dos seus organismos autónomos e das entidades públicas dela dependentes, así como dos órganos constitucionais.

c) As libradas a favor das universidades.

d) As libradas a favor das corporacións locais e dos seus organismos autónomos.

e) As bolsas e axudas destinadas expresamente a financiar estudos en centros de formación públicos e privados, cando as perciban directamente as persoas individuais beneficiarias.

f) As subvencións ou axudas con cargo aos créditos orzamentarios correspondentes ao artigo 48, «Familias e institucións sen fins de lucro», e aquelas que non superen os 1.500 euros individualmente e se concedan con cargo ao artigo 78, «Familias e institucións sen fins de lucro», do orzamento de gastos.

g) As subvencións ou axudas que se concedan con cargo ao artigo 77 do orzamento de gastos, cando non superen por beneficiario e axuda o importe de 1.500 euros.

h) As concedidas aos beneficiarios para a mellora da condición de financiamento que se paguen a través das entidades financeiras correspondentes.

i) As axudas que se concedan con carácter de compensación ou indemnizatorio.

j) As concedidas ás persoas xurídicas estranxeiras en materia de cooperación exterior.

Dous.-Respecto do Fondo de Cooperación Local haberá que aterse ao disposto na súa normativa reguladora.

Tres.-Quedan exceptuadas das limitacións de pagamento ata o 80% da axuda ou subvención á que fai referencia o punto 2. Un do artigo 16 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, as bolsas que se concedan a persoas físicas beneficiarias directas destinadas expresamente a financiar estudos e investigación en centros públicos ou privados, con aboamentos que se efectúen a través de nóminas mensuais.

Artigo 42º.Convocatorias de axudas e subvencións. As correspondentes convocatorias marcarán o prazo de presentación das solicitudes, que en ningún caso será inferior a corenta días naturais e respectarán escrupulosamente o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no que atinxe á presentación de documentos que constan en poder da Xunta de Galicia.

Artigo 43º.Expedientes de dotación artística. Á entrada en vigor desta lei, o 70% dos créditos afectados á realización de traballos de dotación artística, nas aplicacións correspondentes a proxectos técnicos de obras novas do capítulo VI non financiados polo Fondo de Compensación Interterritorial ou con fondos finalistas ou procedentes da Unión Europea, será obxecto de retención e transferido seguidamente á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo para a finalidade determinada na Lei 12/1991, do 14 de novembro, de traballos de dotación artística nas obras públicas e nos camiños de Santiago da Comunidade Autónoma de Galicia.

A transferencia indicada terá carácter de «a conta» sobre a liquidación definitiva da porcentaxe que de acordo coa devandita Lei 12/1991 lles corresponde aos traballos de dotación artística, e non lle serán aplicables as limitacións establecidas no artigo 68 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e no apartado Seis do artigo 8 desta lei.

Artigo 44º.Módulo económico de distribución de fondos públicos para sostemento de centros concertados.

Un.-De acordo co establecido nos apartados segundo e terceiro do artigo 76 da Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación, o importe do módulo económico por unidade escolar, para efectos de distribución da contía global dos fondos públicos destinados ao sostemento dos cen tros concertados para o ano 2005, é o fixado no anexo 2 desta lei. Dous.-As retribucións de persoal docente terán efectividade desde o 1 de xaneiro de 2005, sen prexuízo da data na que se asine o Convenio colectivo da educación privada, e a Administración autonómica pode aceptar pagamentos a conta, logo de solicitude expresa e coincidente de todas as organizacións patronais e consulta coas sindicais, ata o momento no que se produza o asinamento do correspondente convenio, considerándose que estes pagamentos a conta terán efecto a partir do 1 de xaneiro de 2005.

En calquera caso, a Administración autonómica non asumirá incrementos retributivos, fixados en convenio colectivo, que supoñan unha porcentaxe superior ao incremento establecido para o profesorado do ensino público nos distintos niveis de ensinanza.

Tres.-As contías sinaladas para salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais, serán aboadas directamente pola administración, mediante pagamento delegado, sen prexuízo da relación laboral entre o profesorado e o titular do centro respectivo. A distribución dos importes que integran os «gastos variables» efectuarase de acordo co establecido nas disposicións reguladoras do réxime de concertos.

O compoñente do módulo destinado a «outros gastos» terá efectos a partir do 1 de xaneiro de 2005. As contías correspondentes a este módulo aboaranse mensualmente, e os centros poden xustificar a súa aplicación ao rematar o correspondente exercicio económico de forma conxunta para todas as ensinanzas concertadas do centro.

Catro.-Os centros que impartan o primeiro e segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria serán dotados do financiamento dos servizos de orientación educativa aos que se refire o apartado 3 da disposición adicional terceira da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo. Esta dotación realizarase sobre a base de calcular o equivalente a unha xornada completa do profesional axeitado a estas funcións, en función do número de unidades de educación secundaria obrigatoria que teña concertadas o centro e ata un máximo de vinte e cinco horas por centro. Os custos do orientador, que se incluirán na nómina de pagamento delegado do centro, serán os correspondentes ao salario, gastos variables e complemento retributivo segundo o establecido nos módulos económicos por unidade escolar do primeiro e segundo ciclo de educación secundaria obrigatoria, respectivamente.

Cinco.-Facúltase o Consello da Xunta para fixar as relacións profesor/unidade concertadas adecuadas para impartir o plan de estudos vixente en cada nivel obxecto do concerto, calculadas con base nas xornadas de profesor con vinte e cinco horas semanais.

A administración non asumirá os incrementos retributivos, as reducións horarias ou calquera outra circunstancia que conduza a superar o previsto nos módulos económicos do anexo 2 desta lei.

Seis.-A relación profesor/unidade dos centros concertados poderá ser incrementada en función do número total de profesores afectados polas medidas de recolocación que se viñesen adoptando ata o momento da entrada en vigor desta lei e se atopen na nómina de pagamento delegado.

Artigo 45º.Compensación de débedas con cargo ao Fondo de Cooperación Local.

A Comunidade Autónoma poderá reter das cantidades que lles correspondan aos concellos como participación no Fondo de Cooperación Local, para a súa posterior compensación, o importe das débedas firmes, líquidas e exixibles, contraídas polos concellos coa Comunidade Autónoma, cos seus organismos autónomos e coas entidades de dereito público da Comunidade Autónoma que non teñan que adecuar por lei a súa actividade ao ordenamento xurídico privado.

Disposicións adicionais

Primeira.-Información ao Parlamento. Un.-A Consellería de Economía e Facenda facilitaralle trimestralmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento información referente ás seguintes actuacións:

a) As ampliacións de crédito realizadas para atender o pagamento de obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola Comunidade Autónoma.

b) As operacións de endebedamento por prazo superior a un ano, formalizadas pola Comunidade Autónoma e polos seus organismos autónomos ou sociedades públicas, conforme as autorizacións contidas nesta lei.

c) Os avais amortizados, pagamentos efectuados por falidos, importes recuperados e risco acumulado, tanto polo que respecta aos avais concedidos pola Comunidade Autónoma coma polos seus organismos autónomos e sociedades públicas.

d) As autorizacións de revisións de prezos en concertos ou convenios que superen o incremento do índice de prezos ao consumo.

e) A enumeración nominal e individualizada das concesións de subvencións ou axudas outorgadas polo Consello da Xunta ás que se refiren as letras b) e c) do artigo 40 desta lei.

Dous.-A Consellería de Economía e Facenda comunicaralle á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento, nun prazo de trinta días:

a) A realización das adaptacións técnicas dos orzamentos autorizadas conforme o previsto na letra q) do artigo 5 desta lei.

b) As modificacións efectuadas consonte o indicado no artigo 9.

c) Os orzamentos dos organismos autónomos e das sociedades públicas que poidan entrar en funcionamento ao longo do ano 2005.

Tres.-A Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S. A., comunicaralle mensualmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento os plans económico-financeiros que subscriba no desenvolvemento da súa actividade.

Segunda.-Fondo salarial. Co fin de mellorar a prestación dos servizos públicos e de dotar dunha maior eficacia á xestión da administración pública, incrementando a produtividade e a motivación dos empregados públicos, para o ano 2005 instáurase un fondo equivalente ao 0,5% da masa salarial do persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos, cuxa distribución se negociará no ámbito da mesa xeral de negociación da función pública.

En calquera caso, os convenios ou acordos subscritos entre a Administración autonómica e as organizacións sindicais que teñan vixencia durante o exercicio de 2005 que supoñan incrementos retributivos adicionais aos de carácter xeral establecidos nesta lei quedarán enmarcados na mellora prevista nesta disposición adicional.

Terceira.-Sociedades públicas. As entidades públicas e sociedades mercantís ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que, se é o caso, poidan presentar perdas de explotación nos seus orzamentos están obrigadas a elaborar un plan coa finalidade de restablecer o equilibrio.

O citado plan deberáselle remitir á Consellería de Economía e Facenda para a súa aprobación, dentro dos tres meses seguintes a aquel no que a situación de desequilibrio se detectase.

Cuarta.-Autorización de orzamentos en sociedades de nova creación.

Autorízase o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, a aprobar os orzamentos de explotación e capital previstos no artigo 83 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, das sociedades públicas que se constitúan ou entren en funcionamento ao longo do ano 2005.

Quinta.-Complemento variable da renda de integración social de Galicia.

En tanto non entre en vigor a lei de reforma da Lei 9/1991, do 2 de outubro, de medidas básicas para a inserción social, a contía do complemento variable da prestación económica da renda de integración social de Galicia, para o ano 2005, en función do número de membros do fogar, prevista no artigo 12.2 da devandita Lei 9/1991, será a seguinte:

-45,74 euros polo primeiro membro adicional.

-36,84 euros polo segundo membro adicional.

-27,84 euros por cada un dos restantes membros adicionais.

Sexta.-Fondo de Cooperación Local. Un.-Conforme o indicado na disposición adicional oitava da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, a porcentaxe, debidamente homoxeneizada, de participación do Fondo de Cooperación Local na recadación líquida dos capítulos I, II e III do orzamento de ingresos da Administración xeral queda establecida no 1,895459 para o exercicio 2005.

Dous.-Establécese un fondo adicional, por importe de 12.000.000 de euros, que se distribuirá entre os concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes, coa finalidade de favorecer a prestación dos servizos mínimos aos que se refire a normativa de réxime local de Galicia.

A partir do exercicio de 2006 a dotación do fondo adicional, sen prexuízo da súa singularidade, integrarase na porcentaxe de participación do Fondo de Cooperación Local.

Tres.-En tanto non resulten modificados pola Comisión Galega de Cooperación Local os criterios de distribución do Fondo de Cooperación Local, continuarán sendo de aplicación os establecidos no Decreto 5/2004, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Fondo de Cooperación Local durante o período 2002-2004, estendéndose ao exercicio de 2005 as referencias incluídas na citada disposición sobre o ano 2004.

Sétima.-Propostas normativas que comporten crecemento do gasto.

Non poderán formularse iniciativas lexislativas por parte da Xunta de Galicia, nin aprobarse normas de rango regulamentario, cando da súa aplicación derive un incremento do gasto público, sen a previa dispoñibilidade dunha memoria económico-financeira que avalíe adecuadamente os custos que esas propostas representan e as posibilidades ou alternativas existentes para o seu financiamento.

Oitava.-Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S. A.

O Consello da Xunta poderá acordar a realización directa de mandatos de investimentos á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S. A., que non serán obxecto de inclusión nos plans económico-financeiros específicos sectoriais por figurar con financiamento diferenciado no correspondente plan económico-financeiro global.

Novena.-Financiamento das universidades galegas. Un.-Con destino ao financiamento do sistema universitario de Galicia consígnanse 248.666.958 euros na aplicación 07.05.322C. 440.0, e 5.250.254 euros na aplicación 08.05.432B. 741.0, que serán distribuídos conforme os acordos que se subscriban coas universidades galegas.

Dous.-En ausencia de acordo, o financiamento das universidades que non o tiveran subscrito será determinado por aplicación dun incremento do 3% sobre a transferencia percibida no ano 2004 con cargo á aplicación 07.05.322C. 440.0, e dun 5% sobre as percibidas no mesmo exercicio con cargo ás aplicacións 07.05.322C. 440.7 e 07.05.322C. 442.0.

Tres.-Os créditos da aplicación 08.05.432. B. 741.0 que non chegasen a ser distribuídos pola falta dos acordos mencionados no punto Un serán transferidos a outras aplicacións do programa 432B, «Investigación universitaria».

Décima.-Réxime retributivo. Os funcionarios de carreira que de acordo co seu réxime retributivo teñan dereito á percepción de complemento de destino vinculado ao nivel do posto de traballo e desempeñen ou desempeñasen a partir do 1 de xaneiro de 1991, mediante nomeamento de carácter administrativo, o posto de director xerente das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, ou das fundacións públicas sanitarias de carácter hospitalario da Comunidade Autónoma, consolidarán, con efectos económicos da data de entrada en vigor desta lei, o grao persoal correspondente ao nivel 29 de complemento de destino, sempre que desempeñasen o posto referido durante máis de dous anos continuados, ou tres con interrupción, podendo tamén computarse para estes efectos os períodos anteriores ao 1 de xanerio de 1991.

Así mesmo, nas condicións establecidas no parágrafo anterior, os funcionarios de carreira e o persoal estaturario fixo que conforme a súa normativa específica estean excluídos da posibilidade de consolidar o grao persoal terán dereito a percibir o importe equivalente ao nivel 29 de complemento de destino.

O recoñecemento dos dereitos referidos correspóndelle ao conselleiro competente en materia de función pública.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Desenvolvemento da lei. Facúltase a Xunta de Galicia para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento e a execución de canto se prevé nesta lei.

Segunda.-Vixencia indefinida. O artigo 32, en canto ás modificacións que realiza da Lei 6/2003, do 9 de decembro, o apartado dous da disposición adicional sexta e a disposición adicional décima terán vixencia indefinida.

Terceira.-Entrada en vigor. Esta lei entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2005. Santiago de Compostela, vinte e nove de decembro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne Presidente

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)