Orde do 11 de maio de 2010 pola que se regulan as condicions para o acceso as ensinanzas universitarias oficiais de grao e os procedementos de admision as tres universidades do sistema universitario de Galicia para o curso 2010-2011. - Diario Oficial de Galicia, de 19-05-2010

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 93
  • Fecha de Publicación: 19/05/2010
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

O Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro, transferiulle á Comunidade Autónoma de Galicia competencia en materia de universidades. Estas competencias foron asumidas pola Comunidade Autónoma de Galicia e asignadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no Decreto 62/1988, do 17 de marzo. A Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia (LOSUG), determina a constitución do sistema universitario de Galicia con tres universidades: a de Santiago de Compostela, a da Coruña e a de Vigo.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu artigo 38 que o acceso aos estudos universitarios exixirá, ademais da posesión do título de bacharelato, a superación dunha proba que permita valorar, xunto coas cualificacións obtidas no bacharelato, a madurez académica, os coñecementos e a capacidade dos estudantes para seguiren con éxito as ensinanzas universitarias. Esta proba de acceso terá validez para o acceso ás distintas titulacións das universidades españolas.

O Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, de acordo co mandato contido no artigo 42.3 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na súa nova redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, establece a normativa básica para a admisión dos estudantes nos centros universitarios públicos con respecto aos principios de igualdade, mérito e capacidade.

No capítulo I establécense as disposicións relativas a todos os sistemas de acceso á universidade española para cursar ensinanzas universitarias oficiais de grao. No capítulo II defínese a nova proba de acceso a estas ensinanzas, coa cal se pretende mellorar o modelo ata o de agora vixente. No capítulo III regúlanse as particularidades referidas ao acceso á universidade española de estudantes procedentes doutros sistemas educativos. No capítulo IV regúlase o acceso á universidade das persoas que estean en posesión dos títulos de técnico superior da formación profesional, técnico superior de artes plásticas e deseño ou técnico deportivo superior a que se refiren os artigos 44, 53 e 65 da Lei orgánica 2/2006, de educación. No capítulo V regúlase o acceso á universidade das persoas maiores de 25 anos, así como das persoas que tendo cumprido os 40 anos de idade, acrediten unha determinada experiencia laboral e, ademais, o acceso das persoas maiores de 45 anos de idade. Finalmente, no capítulo VI regúlanse os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas.

O Real decreto 806/2006, do 30 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo establecida pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, remite ao ano académico 2009-2010 a organización da proba de acceso que regula o Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro.

A Orde do 16 de decembro de 2009 regula, para o ano académico 2009-2010, a proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia para o alumnado que estea en posesión do título de bacharelato ou equivalente.

A Lei 11/1989, de ordenación do sistema universitario de Galicia (LOSUG), do 20 de xullo, establece no seu artigo 10 o sistema universitario de Galicia como unha realidade material e humana planificada e coordinada que aplica o principio do distrito único para os estudantes, o que supón que se incorporan a calquera centro de ensino universitario de Galicia con independencia do lugar da comunidade onde cursasen os estudos de secundaria ou realizasen as probas de acceso.

De todo o antedito deriva a necesidade de conxugar os principios de distrito único, distrito aberto, autonomía universitaria e coordinación dos procedementos e das competencias, no momento da incorporación dos estudantes ao ensino universitario e nos procedementos de acceso.

Cómpre, polo tanto, que se regule o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia para o curso 2010-2011.

En consecuencia, unha vez oída a Comisión Interuniversitaria de Galicia, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto:

1. Regular as condicións para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia desde os diversos supostos previstos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril.

2. Regular o proceso de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia, nas condicións determinadas polo Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro.

Artigo 2º.-Principios.

1. O acceso á universidade desde calquera dos supostos previstos nesta orde realizarase desde o pleno respecto aos dereitos fundamentais e aos principios de igualdade, mérito e capacidade.

2. Así mesmo, teranse en conta os principios de accesibilidade universal e deseño para todos, segundo o establecido na Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non-discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

Artigo 3º.-Requisitos.

Poderán acceder ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia, as persoas que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

a) Ter superada a proba de acceso á universidade establecida no Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, ou segundo normativas anteriores, estando en posesión de calquera dos títulos e certificados que se indican a continuación:

-Título de bacharelato relacionado nos artigos 37 e 50.2º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

-Título de bacharelato establecido pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

-Certificado acreditativo de ter superado o curso de orientación universitaria.

-Certificado acreditativo de ter superado o curso preuniversitario.

-Calquera outro título que o Ministerio de Educación declare equivalente, para estes efectos, ao título de bacharelato regulado pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

-Título homologado ao título español de bacharelato para estudantes de sistemas educativos estranxeiros.

b) Cumprir os requisitos exixidos para o acceso á universidade nos sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou doutros Estados con que España subscribise acordos internacionais nesta materia, segundo o previsto no artigo 38.5º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

c) Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, prevista na disposición adicional vixésimo quinta da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, ou tela superada, no sistema universitario de Galicia, segundo normativas anteriores.

d) Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 45 anos, prevista no artigo 42.2º da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril.

e) Posuír un título de técnico superior de formación profesional, ensinanzas de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior, a que se refiren os artigos 44, 53 e 65 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou títulos equivalentes.

f) Posuír un título universitario oficial de grao ou título equivalente.

g) Posuír un título universitario oficial de diplomado, mestre, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, correspondentes á anterior ordenación das ensinanzas universitarias, ou título equivalente.

h) Estar en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións educativas anteriores á establecida polo Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, non recollidas nas alíneas anteriores.

Artigo 4º.-Organización.

1. A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) xestionará o proceso de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia cumprindo co principio de distrito único.

2. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria prestará os servizos de apoio ao sistema universitario de Galicia, a través do Servizo de Apoio e Orientación aos estudantes universitarios da Secretaría Xeral de Universidades, e cubrirá os gastos que deriven da prestación destes servizos de apoio.

3. As universidades do sistema universitario de Galicia adoptarán todas as medidas que sexan necesarias para o desenvolvemento do proceso, tendo en conta as competencias delegadas na CIUG.

4. O calendario dos distintos procedementos elaborarase coordinadamente entre a CIUG, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades.

5. O proceso de acceso constará de dúas convocatorias de preinscrición: ordinaria e extraordinaria. En cada unha delas, a CIUG establecerá as datas para a entrega das solicitudes de acceso e das reclamacións á preinscrición, respectando os prazos mínimos que estableza para todas as universidades a Conferencia Xeral de Política Universitaria. As datas para a presentación das solicitudes de acceso serán as mesmas para todo o sistema universitario de Galicia e faranse públicas na sede da CIUG, nos lugares de entrega e recollida de documentación (LERD) e nas reitorías das tres universidades de Galicia, tendo efectos de notificación oficial aos interesados.

6. As universidades do sistema universitario de Galicia farán público o número máximo de prazas que oferten para cada titulación e centro. A CIUG publicará, en cada unha das convocatorias de preinscrición, o número de prazas que para cada titulación, centro e cota oferten as universidades.

7. O alumnado realizará todos os trámites administrativos do proceso de acceso no LERD que elixa, tendo en conta a territorialización destes nos campus das tres universidades de Galicia.

8. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria desenvolverá e porá á disposición das universidades unha aplicación informática para realizar a xestión do acceso ao sistema universitario de Galicia.

Establecerase un protocolo de intercambio de datos entre as aplicacións informáticas das universidades e a da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

9. A CIUG e o servizo de apoio ao sistema universitario de Galicia establecerán os formatos para a captura de datos. Os centros de educación secundaria facilitarán os datos persoais e académicos do seu alumnado necesarios para o proceso de acceso, no soporte informático correspondente, segundo as instrucións que se lle remitan e dentro dos prazos establecidos pola CIUG.

10. Os procedementos de acceso e a aplicación informática avaliaranse anualmente e, se é o caso, modificaranse, en función dos correspondentes informes técnicos das universidades, da CIUG e do Servizo de Apoio e Orientación aos estudantes universitarios da Secretaría Xeral de Universidades.

11. A custodia dos expedientes dos alumnos e alumnas que soliciten o acceso á universidade é competencia da universidade onde se presente a solicitude de acceso.

Artigo 5º.-Normas para a solicitude de acceso.

1. A solicitude de acceso entregarase debidamente cuberta, dentro dos prazos establecidos pola CIUG, nalgún dos LERD ou mediante os procedementos telemáticos que se establezan.

2. O alumnado poderá indicar na súa solicitude de acceso ata cinco titulacións diferentes, cun máximo de dez peticións no caso de titulacións autorizadas en máis dun centro.

3. As universidades desestimarán as solicitudes de acceso que non cumpran cos requisitos exixidos nas convocatorias de preinscrición. Contra esta decisión, o alumnado poderá presentar reclamación ante o presidente da CIUG, no LERD elixido polo alumno ou alumna para a entrega da súa solicitude de acceso e nos prazos establecidos para o efecto.

A resolución da reclamación correspóndelle á CIUG e será asinada polo delegado ou delegada do reitor da universidade en que se imparta a titulación que motivou a reclamación.

Artigo 6º.-Oferta de prazas.

1. O total de prazas que para cada título e centro oferten as universidades repartiranse entre a cota xeral e as cotas de reserva a que se refire o artigo 8º desta orde.

2. As prazas obxecto de reserva que queden sen cubrir acumularanse ás ofertadas polas universidades pola cota xeral, en cada unha das convocatorias de preinscrición, agás o disposto para os deportistas de alto nivel no Real decreto 971/2007, do 13 de xullo.

3. O total de prazas que, se é o caso, se oferten en cada titulación e centro na convocatoria extraordinaria, repartiranse atendendo ás porcentaxes dispostas no artigo 8º desta orde. Non obstante, deberase ter en conta que, se o novo número que resulte en cada cota de reserva é maior que as prazas que sobraron na devandita cota na convocatoria ordinaria, se tomará como oferta de prazas as que sobraron na convocatoria ordinaria.

4. Os alumnos e as alumnas que reúnan os requisitos para solicitar o acceso por máis dunha cota poderán facer uso da devandita posibilidade.

Artigo 7º.-Cota xeral.

As prazas da cota xeral adxudicaranse aos estudantes que reúnan algún dos requisitos establecidos nas alíneas a), b), e), h), do artigo 3º desta orde.

Artigo 8º.-Cotas de reserva.

Reservarase unha porcentaxe do total de prazas que para cada título e centro oferten as universidades para as cotas de reserva que se sinalan a continuación:

a) Para os estudantes que superen a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos de idade, reservarase o 2 por 100 das prazas totais de cada titulación.

b) Para os estudantes que superen a proba de acceso á universidade para maiores de 45 anos de idade, reservarase o 2 por 100 das prazas totais de cada titulación.

c) Para os estudantes que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100, así como para aqueles estudantes con necesidades educativas especiais permanentes asociadas a circunstancias persoais de discapacidade, que durante a súa escolaridade anterior precisasen de recursos e apoios para a súa plena normalización educativa, reservarase o 5 por 100 das prazas totais de cada titulación.

O certificado, ditame ou procedemento de valoración das discapacidades, será realizado polo órgano competente da Comunidade Autónoma de procedencia do interesado ou interesada.

Non obstante, e en atención ás persoas con discapacidade, cando non se oferte unha titulación e centro na convocatoria extraordinaria, por terse cuberto a totalidade das prazas na convocatoria ordinaria e algunha das prazas desta cota de reserva fose acumulada á cota xeral na convocatoria ordinaria por non concorrer en solicitantes suficientes, as universidades poderán aumentar as prazas, ata completar o 5 por 100, para que accedan os estudantes con discapacidade que participen na convocatoria extraordinaria.

d) Para os deportistas de alto nivel ou de alto rendemento que acrediten esta condición, reservarase o 3 por 100 das prazas totais de cada titulación, agás nos casos das titulacións oficiais de grao en ciencias da actividade física e do deporte e grao en fisioterapia en que se reservará un 8 por cento do total.

As cotas de reserva de prazas para os deportistas de alto nivel ou alto rendemento manteranse nas diferentes convocatorias de preinscrición que se realicen ao longo do ano.

Os deportistas de alto nivel ou alto rendemento estarán exentos da realización das probas específicas de acceso ao grao en ciencias da actividade física e do deporte.

e) Para as persoas que estean en posesión dunha titulación universitaria oficial ou equivalente, reservarase o 2 por 100 das prazas totais de cada titulación.

Artigo 9º.-Orde de prelación na adxudicación das prazas.

Para a admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao en que se produza un procedemento de concorrencia competitiva, é dicir, en que o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas, as universidades adxudicarán as prazas atendendo aos seguintes criterios:

a) En primeiro lugar, adxudicaranse prazas aos estudantes que reúnan os requisitos académicos para o acceso á universidade na convocatoria ordinaria do ano en curso ou en convocatorias ordinarias ou extraordinarias de anos anteriores.

b) En segundo lugar, adxudicaranse prazas aos estudantes que reúnan os requisitos académicos para o acceso á universidade na convocatoria extraordinaria do ano en curso.

c) En todo caso, deberase ter en conta que o alumnado que presente na convocatoria extraordinaria a súa solicitude de admisión para o ingreso, terá prioridade en setembro na adxudicación de prazas, aínda que superase a proba de acceso á universidade ou os estudos que o habiliten para acceder á universidade na convocatoria ordinaria do ano en curso ou en anos anteriores.

Artigo 10º.-Criterios de valoración para a adxudicación de prazas.

As solicitudes que, atendendo aos criterios recollidos no artigo anterior, se atopen en igualdade de condicións, ordenaranse en función da nota de admisión que corresponda, expresada con tres cifras decimais e arredondada á milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior, tendo en conta o disposto nos puntos deste artigo.

a) Estudantes que superen a proba de acceso á universidade regulada polo Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, e estean en posesión de calquera dos títulos ou certificados relacionados na alínea a) do artigo 3º desta orde.

A nota de admisión calcularase coa seguinte fórmula:

Nota de admisión = 0,6 * NMB + 0,4*CFX + a*M1 + b*M2

NMB = nota media do bacharelato.

CFX = cualificación da fase xeral.

M1, M2 = as dúas materias superadas da fase específica con mellor cualificación unha vez aplicados os parámetros de ponderación.

a, b = parámetros de ponderación das materias da fase específica. Para o curso 2010-2011 serán os recollidos no anexo II desta orde.

A nota de admisión incorporará as cualificacións das materias superadas na fase específica sempre que estas materias estean adscritas á rama de coñecemento do título que se solicite, de acordo co disposto no anexo III desta orde.

b) Estudantes que teñan superada a proba de acceso á universidade segundo normativas anteriores á establecida pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, a nota de admisión calcularase coa seguinte fórmula:

Nota de admisión = CDA + a*C1 + b*C2

CDA = cualificación definitiva de acceso á universidade superada con anterioridade ao ano 2010.

C1, C2 = as dúas materias do segundo exercicio da proba de acceso que fai valer, cun valor mínimo de 5 puntos, con maior cualificación unha vez aplicados os parámetros de ponderación.

a, b = parámetros de ponderación das materias da fase específica. Para o curso 2010-11 serán os recollidos no anexo II desta orde.

A nota de admisión incorporará as cualificacións das materias superadas na segunda parte da proba de acceso sempre que estas materias estean adscritas á rama do coñecemento do título que se solicite, de acordo co disposto no anexo III desta orde.

Non obstante o anterior, poderán presentarse á fase específica da proba de acceso á universidade establecida polo Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, neste caso a nota de admisión calcularase coa seguinte fórmula:

Nota de admisión = CDA + a*M1 + b*M2

CDA = cualificación definitiva de acceso á universidade superada con anterioridade ao ano 2010.

M1, M2 = as dúas materias superadas da fase específica con mellor cualificación unha vez aplicados os parámetros de ponderación.

a, b = parámetros de ponderación das materias da fase específica. Para o curso 2010-2011 serán os recollidos no anexo II desta orde.

A nota de admisión incorporará as cualificacións das materias superadas na fase específica sempre que estas materias estean adscritas á rama do coñecemento do título que se solicite, de acordo co disposto no anexo III desta orde.

Sen prexuízo do anterior, poderán optar por realizar a nova proba de acceso, ben sexa completa ou en calquera das súas fases, xeral ou específica.

c) Estudantes procedentes de sistemas educativos de estados membros da Unión Europea ou doutros estados con que España subscribise acordos internacionais nesta materia, segundo o previsto no artigo 38.5º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, sempre que cumpran os requisitos exixidos no seu respectivo país para o acceso á universidade.

A nota de admisión será a cualificación que conste na credencial expedida pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

Cando estes estudantes se presenten na UNED á fase específica da proba de acceso á universidade establecida polo Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, a nota de admisión calcularase coa seguinte fórmula:

Nota de admisión = CC+ a*M1 + b*M2.

CC = cualificación da credencial expedida pola UNED.

M1, M2 = as dúas materias superadas da fase específica con mellor cualificación unha vez aplicados os parámetros de ponderación.

a, b = parámetros de ponderación das materias da fase específica. Para o curso 2010-2011 serán os recollidos no anexo II desta orde.

A nota de admisión incorporará as cualificacións das materias superadas na fase específica sempre que estas materias estean adscritas á rama do coñecemento do título que se solicite, de acordo co disposto no anexo III desta orde.

No caso de que na credencial expedida pola UNED non conste cualificación, a nota de admisión calcularase cunha cualificación de credencial de cinco puntos.

d) Estudantes con probas de madurez, que superasen o bacharelato superior e o curso preuniversitario.

A nota de admisión será a nota media resultante de facer a media da puntuación obtida, no seu día, nas probas de madurez e a nota media do expediente académico do bacharelato superior e do curso preuniversitario, calculada, de acordo co disposto na Resolución do 11 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Educación, pola que se establecen as normas para a conversión das cualificacións do expediente académico do alumnado de bacharelato de cualitativas en cuantitativas.

e) Estudantes que superasen o curso de orientación universitaria con anterioridade ao curso 1974-1975.

A nota de admisión será a nota media resultante de facer a media da nota media do bacharelato unificado polivalente ou, se é o caso, do bacharelato superior e do curso de orientación universitaria, calculada, se é o caso, de acordo co disposto na Resolución do 11 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Educación, pola que se establecen as normas para a conversión das cualificacións do expediente académico do alumnado de bacharelato de cualitativas en cuantitativas.

f) Estudantes de plans de estudos anteriores ao ano 1953.

A nota de admisión será a nota media do expediente académico do bacharelato, calculada de acordo co disposto na Resolución do 11 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Educación, pola que se establecen as normas para a conversión das cualificacións do expediente académico do alumnado de bacharelato de cualitativas en cuantitativas.

g) Estudantes que acrediten estar en posesión dun título universitario de grao.

A nota de admisión calcularase de acordo co establecido no artigo 5.2º do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais de grao.

A nota media do expediente académico será o resultado da aplicación da seguinte fórmula: suma dos créditos obtidos polo alumno/a multiplicados cada un deles polo valor das cualificacións que correspondan, a partir das seguintes equivalencias: aprobado = 1; notable = 2; sobresaliente = 3 e matrícula de honra = 4. O resultado dividirase polo número de créditos totais obtidos polo alumno ou alumna. Para os efectos do cálculo da nota de admisión para cursar ensinanzas universitarias oficiais de grao, non se terán en conta as materias que aparezan superadas sen nota (apto). As materias validadas nas cales non conste cualificación, terán o valor equivalente a un aprobado.

h) Estudantes que acrediten estar en posesión dun título universitario oficial de diplomado, mestre, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente a estes.

A nota de admisión calcularase de acordo co establecido no artigo 5º.2 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais de grao.

Para os plans estruturados en créditos, a nota media do expediente académico será o resultado da aplicación da seguinte fórmula: suma dos créditos obtidos polo alumno/a multiplicados cada un deles polo valor das cualificacións que correspondan, a partir das seguintes equivalencias: aprobado = 1; notable = 2; sobresaliente = 3 e matrícula de honra = 4. O resultado dividirase polo número de créditos totais obtidos polo alumno ou alumna.

Para os plans non estruturados en créditos, a nota media do expediente académico será o resultado da aplicación da seguinte fórmula: suma das materias superadas polo alumno ou alumna multiplicando cada unha delas polo valor das cualificacións que correspondan, a partir das seguintes equivalencias: aprobado = 1; notable = 2; sobresaliente = 3 e matrícula de honra = 4. O resultado dividirase polo número total de materias do ensino correspondente. No caso de materias cuadrimestrais ou semestrais, contabilizarase a metade do valor da cualificación na suma (aprobado = 0,5; notable = 1; sobresaliente = 1,5; matrícula de honra = 2) e a metade da materia no divisor.

Para os efectos do cálculo da nota de admisión para cursar ensinanzas universitarias oficiais de grao, para os dous plans de estudos, non se terán en conta as materias que aparezan superadas sen nota (apto). As materias validadas en que non conste cualificación terán o valor equivalente a un aprobado.

i) Estudantes que acrediten estar en posesión dos títulos de técnico superior de formación profesional, técnico superior de artes plásticas e deseño e técnico deportivo superior, a que se refiren os artigos 44, 53 e 65 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A nota media do expediente académico calcularase mediante a suma das cualificacións numéricas dos módulos, cualificados de 1 a 10, sen decimais, e dividindo o resultado obtido polo número total destes. Para os efectos do cálculo da nota media, non será computado o módulo de formación en centros de traballo, nin aqueloutros módulos que fosen obxecto de validación. A nota media do expediente expresarase con dúas cifras decimais e arredondada á centésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.

A nota de admisión calcularase coa seguinte fórmula:

Nota de admisión = NMC + a*M1 + b*M2.

NMC = nota media do ciclo formativo.

M1, M2 = as dúas mellores cualificacións dos módulos do ciclo formativo de grao superior; quedando exceptuados os módulos de formación e orientación laboral, formación en centros de traballo e empresa e cultura emprendedora.

a, b = parámetros de ponderación dos módulos do ciclo formativo. Terán un valor de 0,1.

A nota de admisión incorporará as cualificacións dos módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior sempre que a familia profesional a que pertence o título estea adscrita á rama de coñecemento das ensinanzas universitarias oficiais de grao en que se solicite ser admitido, de acordo co disposto no anexo V desta orde.

k) Estudantes que acrediten estar en posesión de títulos declarados equivalentes aos títulos de técnico superior de formación profesional, de artes plásticas e deseño e de técnico deportivo superior de ensinanzas deportivas da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A nota media do expediente académico calcularase de acordo co disposto na Resolución do 4 de xuño de 2001 da Dirección Xeral de Universidades, pola que se establecen normas para o cálculo da nota media do expediente académico dos alumnos que acceden ás ensinanzas universitarias conducentes á obtención de títulos oficiais desde a formación profesional.

l) Estudantes que validasen os seus estudos estranxeiros polos de formación profesional do sistema educativo español.

A nota media do expediente académico calcularase de acordo co disposto na Resolución do 7 de maio de 1996 da Dirección Xeral de Investigación Científica e Ensino Superior.

m) Estudantes que superen a proba de acceso á universidade de maiores de 25 anos regulada polo Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro.

A nota de admisión será a cualificación final obtida na proba.

n) Estudantes que teñan superada a proba de acceso á universidade de maiores de 25 anos segundo normativas anteriores á establecida pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A nota de admisión será a cualificación final obtida na proba.

o) Estudantes que superen a proba de acceso á universidade de maiores de 45 anos regulada polo Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro.

A nota de admisión será a cualificación final obtida na proba.

Artigo 11º.-Preferencia para a adxudicación de prazas.

Nos casos de empate na nota de admisión, terán opción preferente na adxudicación de prazas:

1. Da cota xeral

a) Os estudantes que na fase xeral da proba de acceso á universidade (PAAU) elixisen unha materia de modalidade vinculada á rama do coñecemento do ensino a que se solicita acceder, tendo en conta o disposto no anexo III desta orde.

b) Os estudantes que superasen as probas de acceso á universidade (PAAU), segundo normativas anteriores, por unha opción ou vía de acceso vinculada á rama do coñecemento do ensino a que se solicita acceder, tendo en conta o disposto no anexo IV desta orde.

c) Os estudantes que acrediten estar en posesión dun título de técnico superior de formación profesional, técnico superior de artes plásticas e deseño, técnico deportivo superior, a que se refiren os artigos 44, 53 e 65 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, adscritos ás ramas do coñecemento do ensino a que se solicita acceder, tendo en conta o disposto no anexo V desta orde.

2. Da cota para os estudantes que superasen a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos de idade.

a) Os estudantes que superen a proba de acceso á universidade de maiores de 25 anos regulada polo Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, e que se examinasen na proba de acceso dunha opción vinculada ao ensino de grao do sistema universitario de Galicia a que se pretende acceder, de acordo co disposto no anexo VI desta orde.

b) Os estudantes que teñan superada a proba de acceso á universidade de maiores de 25 anos segundo normativas anteriores á establecida pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e que se examinasen na proba de acceso dunha opción vinculada ao ensino de grao do sistema universitario de Galicia a que se pretende acceder, de acordo co disposto no anexo VII desta orde.

Artigo 12º.-Asignación de prazas.

1. A CIUG asignará as prazas ofertadas en cada titulación en cada un dos prazos de matrícula que se establezan. A cada estudante asignaráselle a titulación de maior preferencia que lle corresponda en función da cota pola cal se solicita o acceso e tendo en conta, en todo caso, a orde de prelación, os criterios de valoración e a preferencia para a adxudicación de prazas a que se fai referencia nos artigos 9º, 10º e 11º desta orde.

2. En cada prazo de matrícula publicarase a relación de alumnos e alumnas admitidos para matricularse en cada titulación, indicando os lugares e as datas para formalizar a matrícula. Os alumnos e as alumnas admitidos para matricularse na titulación solicitada en primeiro lugar de preferencia, deberán matricularse no prazo establecido para o efecto; de non facelo perderán os seus dereitos de matrícula nesa convocatoria. Enténdese por primeira preferencia aquela que o alumnado solicite en primeiro lugar, ou en lugares sucesivos se as titulacións solicitadas por enriba dela esgotaron as súas prazas.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitirá telematicamente a cada universidade os datos persoais e académicos dos estudantes admitidos a matricularse nela en cada prazo. Finalizado o prazo de matrícula, cada universidade remitirá telematicamente á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a relación de estudantes matriculados.

3. Na convocatoria extraordinaria non se ofertarán prazas nas titulacións que teñan a matrícula cuberta na convocatoria ordinaria, ou aquelas nas que a CIUG considere que existen datos obxectivos que permitan prever esa circunstancia. En todo caso, non se poderán deixar prazas vacantes previamente ofertadas mentres existan solicitudes formalizadas dentro dos prazos establecidos.

4. Para o acceso ás ensinanzas universitarias de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e de grao en Tradución e Interpretación precisarase da superación das probas específicas de acceso establecidas polas universidades, de acordo co disposto na disposición adicional segunda do Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro.

5. O alumnado poderá presentar reclamación á súa asignación de prazas no LERD en que presentou solicitude de acceso e dirixida ao presidente da CIUG.

A resolución da reclamación correspóndelle á CIUG e será asinada polo delegado do reitor da universidade en que se imparta a titulación obxecto da reclamación.

O resultado comunicaráselle ao interesado ou interesada a través das listaxes de asignación de prazas ou dunha notificación persoal, indicando, se é o caso, o prazo para matricularse.

Contra a resolución poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante a propia comisión, que porá fin á vía administrativa. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso potestativo de reposición.

No caso de presentar recurso contencioso-administrativo, a Administración demandada será a universidade responsable da titulación en que o alumno ou alumna solicita o ingreso. No caso de demanda, a responsabilidade en materia de persoal corresponderá a cada universidade.

Artigo 13º.-Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

1. As persoas maiores de 25 anos de idade que reúnan os requisitos esixidos polo Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, poderán acceder ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia mediante a superación dunha proba de acceso. Poderán concorrer á proba de acceso as persoas que cumpran os 25 anos de idade antes do día 1 de outubro do ano natural en que se celebre a proba.

2. O sistema universitario de Galicia realizará anualmente unha convocatoria da proba de acceso para cada unha das ramas en que oferten ensinanzas.

3. Aos candidatos e candidatas que realicen esta proba no sistema universitario de Galicia correspóndelles preferentemente, para efectos de ingreso, aquelas ensinanzas universitarias ofertadas polas súas universidades.

4. O alumnado deberá realizar a fase específica na opción da súa elección, correspondéndolle preferentemente, para efectos de ingreso, aquelas ensinanzas universitarias ofertadas polas universidades que estean vinculadas a cada unha das opcións, de acordo co establecido no anexo VI desta orde.

A adscrición preferente ás ramas de coñecemento das ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia para as opcións da proba de acceso á universidade dos maiores de 25 anos, regulada por normativas anteriores, recóllese no anexo VII desta orde.

5. A proba de acceso estrutúrase en dúas fases: fase xeral e fase específica.

6. A fase xeral ten como obxectivo apreciar a madurez e idoneidade dos candidatos para seguiren con éxito estudos universitarios, así como a súa capacidade de razoamento e de expresión escrita.

7. A fase xeral comprenderá os catro exercicios seguintes:

a) Comentario dun texto ou desenvolvemento dun tema xeral de actualidade.

b) Lingua castelá.

c) Lingua galega.

d) Lingua estranxeira, que se elixirá entre alemán, francés, inglés, italiano ou portugués.

O alumnado poderá solicitar a exención do exercicio de lingua galega no impreso de matrícula. A CIUG comunicará aos candidatos ou candidatas, por correo ordinario e con aviso de recepción, a concesión ou non da exención do exercicio de lingua galega.

8. A fase específica terá por finalidade valorar as habilidades, capacidades e aptitudes dos candidatos para cursaren con éxito as ensinanzas universitarias vinculadas a cada unha das ramas do coñecemento arredor das cales se organizan os estudos universitarios oficiais de grao.

A fase específica estrutúrase nas cinco opcións seguintes, vinculadas coas cinco ramas do coñecemento:

Opción A: Artes e Humanidades.

Opción B: Ciencias.

Opción C: Ciencias da Saúde.

Opción D: Ciencias Xurídicas e Sociais.

Opción E: Enxeñaría e Arquitectura.

O alumnado escollerá no impreso de matricula unha opción da fase específica.

9. A fase específica constará de dúas materias obrigatorias para cada opción, que serán as que se sinalan a continuación:

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

10. Cada un dos exercicios da fase xeral e da fase específica terá unha duración máxima dunha hora e media. Establecerase un intervalo mínimo de 30 minutos entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte.

11. Os candidatos poderán empregar, á súa elección, calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización dos exercicios. Non obstante, os exercicios correspondentes a lingua castelá, lingua galega e lingua estranxeira deberán realizarse nos seus respectivos idiomas.

12. A cualificación de cada un dos exercicios da fase xeral e da fase específica expresarase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais e con intervalos de 0,25 puntos.

13. A cualificación da fase xeral será a media aritmética das cualificacións dos catro exercicios, expresada en forma numérica de 0 a 10 puntos, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.

14. A cualificación da fase específica será a media aritmética das cualificacións dos tres exercicios, expresada en forma numérica de 0 a 10 puntos, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.

15. A cualificación final da proba será a media aritmética das cualificacións obtidas na fase xeral e na fase específica, expresada en forma numérica de 0 a 10 puntos, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior.

16. Entenderase que o candidato ou candidata ten superada a proba cando obteña un mínimo de cinco puntos na cualificación final e non se poderá en ningún caso calcular a media cando non se obteña unha puntuación mínima de catro puntos tanto na fase xeral como na fase específica.

17. A nota de admisión para cursar ensinanzas universitarias oficiais de grao será a cualificación final obtida na proba.

18. Unha vez superada a proba de acceso os candidatos poderán presentarse de novo en sucesivas convocatorias, coa finalidade de mellorar a súa cualificación. Terase en conta a cualificación obtida na nova convocatoria sempre que esta sexa superior á anterior.

19. Os candidatos e candidatas poderán presentar reclamación ás cualificacións provisionais despois da súa publicación, dentro do prazo establecido pola comisión organizadora e mediante escrito razoado dirixido ao presidente do tribunal.

As solicitudes de reclamación poderán presentarse no LERD en que se entregase a solicitude de matrícula para a proba, empregando os impresos específicos facilitados para o efecto, ou mediante o procedemento telemático establecido pola comisión organizadora.

20. A comisión organizadora da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos prevista no artigo 35º do Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, é a Comisión Interuniversitaria de Galicia.

21. O calendario da proba de acceso á universidade será fixada coordinadamente pola comisión organizadora, as universidades do sistema universitario de Galicia e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

22. O exame de cada materia será único e determinado por sorteo público pola comisión organizadora a partir de, cando menos, tres propostas presentadas por cada coordinador da materia correspondente. Non haberá anulación da proba como primeira resolución, senón suspensión ou aprazamento dun determinado exercicio, sempre que se dea o caso.

23. A comisión organizadora terá atribuídas, entre outras, as seguintes competencias:

a) Coordinación da proba de acceso.

b) Adopción de medidas para garantir o segredo do procedemento de elaboración e selección dos exames, así como o anonimato dos exercicios realizados polos aspirantes.

c) Adopción de medidas necesarias para garantir que os estudantes poidan empregar, á súa elección, calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Establecemento dos criterios xerais de avaliación dos exercicios.

e) Designación e constitución dos tribunais.

f) Resolución das reclamacións.

24. A comisión organizadora garantirá que os estudantes que na solicitude de matrícula xustifiquen debidamente algunha discapacidade que lles impida realizar a proba de acceso cos medios ordinarios, poidan realizar a proba nas debidas condicións de igualdade.

A comisión organizadora poderá adoptar as seguintes medidas: adaptación de tempos, elaboración de modelos especiais de exame, posta á disposición do estudante dos medios materiais e humanos, asistencias, apoios e axudas técnicas que precise para a realización da proba de acceso, así como na garantía de accesibilidade á información e á comunicación dos procesos e ao do recinto ou espazo físico onde esta se desenvolva.

25. A comisión organizadora establecerá as liñas xerais da metodoloxía, o desenvolvemento e os contidos dos exercicios tanto da fase xeral como da fase específica, así como os criterios e fórmulas de valoración destas.

26. O alumnado formalizará a súa solicitude de matrícula para a proba de acceso nas datas e nos lugares que determine a comisión organizadora da proba.

27. O alumnado realizará os exercicios da proba de acceso nas datas e no lugar que determine a comisión organizadora da proba.

28. O alumnado entregará as solicitudes de matrícula para a proba de acceso no lugar de entrega e recollida de documentación (LERD) que elixa, empregando o modelo facilitado pola comisión organizadora, indicando a lingua estranxeira elixida para a realización da fase xeral, así como a opción e materia optativa elixidas para a fase específica, de acordo co disposto nos puntos 8 e 9 deste artigo.

Así mesmo, o alumnado poderá solicitar a exención do exercicio de lingua galega previsto no punto 7 deste artigo.

29. O alumnado que desexe concorrer á proba de acceso deberá aboar as taxas correspondentes, de acordo co disposto no Decreto 358/2009, do 9 de xullo, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario para o curso 2009-2010. Estes trámites realizaranse no lugar de entrega e recollida de documentación elixido polo alumnado. A comisión organizadora facilitará os impresos para o aboamento das taxas e a relación de entidades bancarias en que o alumnado poderá realizar o ingreso.

30. Para o acceso a estudos universitarios de grao do SUG con límite de prazas, o alumnado que supere a proba de acceso deberá presentar a súa solicitude nalgún dos LERD ou mediante os procedementos telemáticos que se establezan dentro dos prazos establecidos pola CIUG xunto coa documentación relacionada na convocatoria de preinscrición.

31. Para o acceso a estudos universitarios de grao do SUG sen límite de prazas, o alumnado que supere a proba de acceso poderá matricularse nos prazos establecidos para tal efecto polas universidades, sen necesidade de presentar solicitude de acceso.

Artigo 14º.-Proba de acceso á universidade para maiores de 45 anos.

1. As persoas maiores de 45 anos de idade que non posúan ningunha titulación académica que as habilite para acceder á universidade por outras vías, poderán acceder ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia mediante a superación dunha proba de acceso adaptada. Poderán concorrer á proba de acceso as persoas que cumprisen os 45 anos de idade antes do día 1 de outubro do ano natural en que se celebre a proba.

2. O sistema universitario de Galicia realizará anualmente unha convocatoria da proba de acceso.

3. Os candidatos e candidatas poderán realizar a proba de acceso na universidade da súa elección, sempre que existan nesta os estudos que desexen cursar. Para efectos de ingreso, corresponderalles a universidade en que superen a proba.

4. Non se poderá realizar a proba de acceso, para un mesmo curso académico, en máis dunha universidade. En caso contrario, quedarán automaticamente anuladas todas as probas realizadas.

5. A proba de acceso terá como obxectivo apreciar a madurez e idoneidade dos/das candidatos/as para seguiren con éxito estudos universitarios, así como a súa capacidade de razoamento e de expresión escrita.

6. A proba de acceso comprenderá os tres exercicios seguintes:

a) Comentario dun texto ou desenvolvemento dun tema xeral de actualidade.

b) Lingua castelá.

c) Lingua galega.

O alumnado poderá solicitar a exención do exercicio de lingua galega no impreso de matrícula. A CIUG comunicará aos candidatos ou candidatas, por correo ordinario e con aviso de recepción, a concesión ou non da exención do exercicio de lingua galega.

7. Os candidatos e candidatas que superen a proba de acceso deberán realizar ademais unha entrevista persoal na data e lugar que determine a comisión organizadora.

Do resultado da entrevista persoal deberá elevarse unha resolución de apto como condición necesaria para a posterior resolución favorable de admisión dos candidatos e candidatas.

8. Cada un dos exercicios da proba de acceso terá unha duración máxima dunha hora e media. Establecerase un intervalo mínimo do 30 minutos entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte.

9. O alumnado poderá empregar, á súa elección, calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización dos exercicios. Non obstante, os exercicios correspondentes a lingua castelá e lingua galega deberán realizarse nos seus respectivos idiomas.

10. A cualificación de cada un dos exercicios da proba de acceso expresarase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais e con intervalos de 0,25 puntos.

11. A cualificación final da proba será a media aritmética das cualificacións obtidas nos tres exercicios, expresada en forma numérica de 0 a 10 puntos, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior.

12. Entenderase que o candidato ou candidata ten superada a proba cando obteña un mínimo de cinco puntos na cualificación final e non se poderá en ningún caso calcular a media cando non se obteña unha puntuación mínima de catro puntos en cada exercicio.

13. A nota de admisión para cursar ensinanzas universitarias oficiais de grao será a cualificación final obtida na proba.

14. Unha vez superada a proba de acceso, os candidatos poderán presentarse de novo en sucesivas convocatorias coa finalidade de mellorar a súa cualificación. Terase en conta a cualificación obtida na nova convocatoria sempre que esta sexa superior á anterior.

No suposto de que, na nova convocatoria, o candidato ou candidata decida realizar a proba de acceso noutra universidade, soamente se tomará en consideración, para efectos de ingreso, a cualificación obtida nesta última.

15. Despois da publicación das cualificacións provisionais, e dentro do prazo establecido pola comisión organizadora, os candidatos e candidatas poderán presentar reclamación mediante escrito razoado dirixido ao presidente do tribunal.

As solicitudes de reclamación poderán presentarse no LERD en que se entregase a solicitude de matrícula para a proba, empregando os impresos específicos facilitados para o efecto, ou mediante o procedemento telemático establecido pola comisión organizadora.

16. A comisión organizadora da proba de acceso á universidade para maiores de 45 anos prevista no artigo 35º do Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, é a Comisión Interuniversitaria de Galicia.

17. O calendario da proba de acceso á universidade será fixado coordinadamente pola comisión organizadora, as universidades do sistema universitario de Galicia e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

18. O exame de cada materia será único e determinado por sorteo público pola comisión organizadora a partir de, cando menos, tres propostas presentadas por cada coordinador da materia correspondente. Non haberá anulación da proba como primeira resolución, senón suspensión ou aprazamento dun determinado exercicio, sempre que se dea o caso.

19. A comisión organizadora terá atribuídas, entre outras, as seguintes competencias:

a) Coordinación da proba de acceso.

b) Adopción de medidas para garantir o segredo do procedemento de elaboración e selección dos exames, así como o anonimato dos exercicios realizados polos aspirantes.

c) Adopción de medidas necesarias para garantir que os estudantes poidan empregar, á súa elección, calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Establecemento dos criterios xerais de avaliación dos exercicios.

e) Designación e constitución dos tribunais.

f) Resolución das reclamacións.

20. A comisión organizadora garantirá que os estudantes que na solicitude de matrícula xustifiquen debidamente algunha discapacidade que lles impida realizar a proba de acceso cos medios ordinarios, poidan realizar a proba nas debidas condicións de igualdade.

A comisión organizadora poderá adoptar as seguintes medidas: adaptación de tempos, elaboración de modelos especiais de exame, posta á disposición do estudante dos medios materiais e humanos, asistencias, apoios e axudas técnicas que precise para a realización da proba de acceso, así como na garantía de accesibilidade á información e á comunicación dos procesos e ao recinto ou espazo físico onde esta se desenvolva.

21. A comisión organizadora establecerá as liñas xerais da metodoloxía, o desenvolvemento e os contidos dos exercicios da proba de acceso, así como os criterios e fórmulas de valoración destas.

22. O alumnado formalizará a súa solicitude de matrícula para a proba de acceso nas datas e nos lugares que determine a comisión organizadora da proba.

23. O alumnado realizará os exercicios da proba de acceso nas datas e no lugar que determine a comisión organizadora da proba.

24. O alumnado entregará as solicitudes de matrícula para a proba de acceso no lugar de entrega e recollida de documentación (LERD) que elixa, empregando o modelo facilitado pola comisión organizadora.

25. O alumnado que desexe concorrer á proba de acceso deberá aboar as taxas correspondentes, de acordo co disposto no Decreto 358/2009, do 9 de xullo, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario para o curso 2009-2010. Estes trámites realizaranse no lugar de entrega e recollida de documentación elixido polo alumnado. A comisión organizadora facilitará os impresos para o aboamento das taxas e a relación de entidades bancarias en que o alumnado poderá realizar o ingreso.

26. Para o acceso a estudos universitarios de grao do SUG con límite de prazas, o alumnado que supere a proba de acceso deberá presentar a súa solicitude nalgún dos LERD ou mediante os procedementos telemáticos que se establezan dentro dos prazos establecidos pola CIUG xunto coa documentación relacionada na convocatoria de preinscrición.

27. Para o acceso a estudos universitarios de grao do SUG sen límite de prazas, o alumnado que supere a proba de acceso poderá matricularse nos prazos establecidos para tal efecto polas universidades, sen necesidade de presentar solicitude de acceso.

Disposición adicional

Única.-Mentres non se estableza o disposto na disposición adicional cuarta do Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, a nota de admisión dos estudantes relacionados no artigo 10º, alínea k) desta orde, calcularase de acordo co disposto no citado artigo.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Secretaría Xeral de Universidades e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para que dite as disposicións que sexan precisas para a execución do establecido nesta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

A Comisión Interuniversitaria terá a seguinte composición:

1. Para a proba de acceso á universidade: un presidente e dous vicepresidentes, por parte das universidades, e tres vogais por parte dos centros de educación secundaria designados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

Presidente: Pedro Armas Diéguez (delegado do reitor da Universidade da Coruña).

Vicepresidentes: Manuel R. Bermejo Patiño (delegado do reitor da Universidade de Santiago); María Isabel Diéguez Castrillón (delegada do reitor da Universidade de Vigo).

Vogais:

Ramón López Facal

Carmen Pérez-Santamarina Feijóo

María Dolores Vázquez Froján

2. Para o resto dos procedementos, a comisión estará composta polos tres membros designados polas universidades.

3. Os membros da Comisión Interuniversitaria organizadora das probas, para desenvolver as atribucións ás que fai referencia o artigo 16 do Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, terán, para efectos académicos e administrativos, a consideración e as atribucións que lles permitan o cumprimento das obrigas correspondentes á citada función.

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI


No hay versiones para esta norma