Orde do 11 de marzo de 2009 pola que se clasifica de interese cultural a Fundacion Xavier Pousa. - Diario Oficial de Galicia, de 02-04-2009

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 64
  • Fecha de Publicación: 02/04/2009
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

Visto o expediente de clasificación da Fundación Xavier Pousa, con domicilio en Tomiño (Pontevedra).

Supostos de feito.

1. Santiago Gómez-Reino Lecoq, na súa condición de presidente do padroado da fundación, formulou solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Vigo, con data do dezasete de decembro de dous mil oito, ante o notario Antonio A. Salgueiro Armada, co número de protocolo mil oitocentos oitenta e un, por María del Carmen Arbones Lecoq, Zara Pousa Arbones, Keila Pousa Arbones e Xavier Pousa Arbones que actúan no seu propio nome e dereito.

3. Segundo consta no artigo seis dos seus estatutos, a fundación ten por obxecto a promoción, difusión, catalogación, custodia e conservación da obra pictórica e documental de Xavier Pousa.

O fomento, promoción e difusión de toda clase de iniciativas artísticas, culturais e educativas relacionadas coas inquedanzas culturais, sociais e intelectuais do artista, así como aquelas que promovan os valores paisaxísticos, a posta en valor dos diferentes espazos do territorio e o desenvolvemento sociocultural e económico da comarca do Baixo Miño.

4. O padroado da fundación estará integrado por Santiago Gómez-Reino Lecoq como presidente, José Antonio Rodríguez Palacio como vicepresidente, Zara Pousa Arbones como secretaria, e por María del Carmen Arbones Lecoq, Keila Pousa Arbones, Xavier Pousa Arbones, María Rita Alonso Pérez, Francisco Javier López Salmerón, Javier Carrera Álvarez, Manuel García de Buciños Vázquez, e polo Concello de Tomiño representado pola súa alcaldesa Sandra González Álvarez como vogais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Xavier Pousa, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura e Deporte.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía de Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día nove de marzo de dous mil nove.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar de interese cultural a Fundación Xavier Pousa, adscribíndoa á Consellería de Cultura e Deporte, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2009.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza


No hay versiones para esta norma