Orde do 12 de febreiro de 2010 sobre a aprobacion definitiva da modificacion puntual numero un do Plan Xeral de Ordenacion Municipal do Concello de Avion (Ourense). - Diario Oficial de Galicia, de 26-02-2010

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 39
  • Fecha de Publicación: 26/02/2010
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

O Concello de Avión remite o proxecto de modificación puntual nº 1, para a súa aprobación definitiva, conforme o artigo 85.5º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

I. Antecedentes.

I.1. O Concello de Avión dispón de Plan Xeral de Ordenación Municipal, aprobado definitivamente pola Orde do 3 de setembro de 2007.

I.2. Con data do 21 de outubro de 2008, o director xeral de Urbanismo emitiu informe previo á aprobación inicial da modificación puntual nº 1, de conformidade co artigo 85.1º da LOUG.

I.3. Consta no expediente decisión da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, do 12 de novembro de 2008, que sinala a non necesidade de someter a modificación a avaliación ambiental estratéxica.

I.4. O Concello, na súa sesión plenaria do 21 de novembro de 2008, aprobou inicialmente a modificación, publicando o acordo no Diario Oficial de Galicia nº 21, do 30 de xaneiro de 2009 e nos xornais La Región e La Voz de Galicia o 3 de febreiro do mesmo ano, por un período de dous meses, sen que se presentasen alegacións, segundo consta no certificado do secretario do Concello de 1 de xuño de 2009.

I.5. O Pleno do Concello, na súa sesión do 12 de novembro de 2009, aprobou provisionalmente a modificación nº 1.

1.6. A Comisión Superior de Urbanismo, na súa sesión do 15 de decembro de 2009, acordou por unanimidade, para os efectos previstos no artigo 94.4º da LOUG, emitir informe favorable sobre a modificación nº 1 do PXOM de Avión.

II. Consideracións e fundamentación.

II.1. A modificación puntual ten por obxecto a permuta da localización dun equipamento e unha zona verde correspondentes á área de repartición AR-2.

II.2. O interese público da modificación puntual xustifícase pola necesidade de reinstalar o equipamento público de xeito que permita a ampliación do actual cemiterio e, ao mesmo tempo, que a zona verde sirva de barreira entre uso de cemiterio e a zona residencial estremeira.

II.3. Na modificación puntual propóñense novas delimitacións para a zona verde e para o equipamento, sen que se varíe a entidade superficial para tal fin prevista no vixente plan xeral, isto é, 1.701 m2 para o espazo libre, e 746 m2 para o equipamento.

Resolución.

Visto canto antecede,

RESOLVO:

Primeiro.-De acordo co disposto no artigo 85.5º a) da LOUG, aprobar definitivamente a modificación puntual nº 1 do PXOM do Concello de Avión (Ourense).

Segundo.-Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Terceiro.-De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas da modificación aprobada definitivamente.

Cuarto.-Notifíquese esta orde ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2010.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio

e Infraestruturas


No hay versiones para esta norma