Orde do 12 de xullo de 2007 pola que se resolve a cesion en propiedade de vehiculos especialmente preparados para os concellos da Comunidade Autonoma galega que conten con servizos de policia local. - Diario Oficial de Galicia, de 13-07-2007

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 136
  • Fecha de Publicación: 13/07/2007
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

Por Orde do 15 de febreiro de 2007 (DOG nº 38, do 22 de abril), a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza anunciou medidas de apoio á Policía local de Galicia, consistentes na cesión de vehículos especialmente preparados para o exercicio das súas funcións.

Analizadas as solicitudes e a súa documentación por unha comisión de valoración presidida pola directora xeral de Administración local, elaborouse a correspondente proposta mediante acta motivada, e de conformidade co artigo 5 da citada orde

RESOLVO:

Primeiro.- Ceder en propiedade vehículos equipados para uso da policía local aos concellos que se citan no anexo:

Segundo.-Notificar o contido desta resolución aos concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizarán mediante acta subscrita polo secretario xeral desta consellería ou funcionario en que delegue, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario, segundo establece o artigo 96 bis do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2007.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI


No hay versiones para esta norma