ORDE do 12 de xullo de 2012 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Irixoa., - Diario Oficial de Galicia, de 24-07-2012

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 141
  • Fecha de Publicación: 24/07/2012
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

O Concello de Irixoa remite o Plan xeral de ordenación municipal en solicitude da súa aprobación definitiva, conforme o artigo 85.7 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Examinada a documentación achegada, e vista a proposta literal que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes

I.1. Planeamento municipal vixente.

O Concello de Irixoa dispón dunhas normas subsidiarias municipais de planeamento, aprobadas definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo o 7.4.1994.

I.2. Avaliación ambiental estratéxica.

O 12.4.2010, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aprobar a memoria ambiental do PXOM de Irixoa.

O 20.5.2011, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu ratificar a devandita memoria ambiental, tras avaliar a documentación achegada posteriormente á súa primeira resolución, derivada basicamente da adaptación do PXOM á Lei 2/2010.

I.3. Tramitación.

1. Con data do 8.9.2006 a Dirección Xeral de Urbanismo emitiu o informe previo á aprobación inicial, de acordo co previsto no artigo 85.1 da Lei 9/2002.

2. Os servizos municipais emitiron informes, técnico e xurídico, o 20.10.2009, 27.4.2010, 22.11.2010, 23.11.2010 e 22.11.2011.

3. O Concello Pleno de Irixoa aprobou inicialmente o PXOM o día 28.12.2007 e someteuno a información pública mediante anuncios nos xornais El Ideal Gallego e La Voz de Galicia do 5.2.2008, e no DOG do 5.2.2008. Simultaneamente déuselle audiencia aos concellos de Paderne, Miño, Vilarmaior, Monfero, Coirós e Aranga.

4. En cumprimento da lexislación sectorial vixente emitíronse os seguintes informes:

a) En materia de estradas:

Informe da Dirección Xeral de Obras Públicas que, tras un informe desfavorable do 13.5.2008, emite informe favorable o 22.12.2008.

Informe da Deputación Provincial da Coruña do 25.2.2010.

b) En materia de patrimonio cultural, tras informes desfavorables do 15.4.2008 e 16.12.2008, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo informe favorable o 12.5.2009. Debido á posterior realización de cambios do plan que atinxen ao patrimonio cultural, emítese un novo informe favorable o 11.7.2011.

c) En materia de augas, informes de Augas de Galicia do 11.8.2008 e do 14.7.2009, favorable.

d) En materia de telecomunicacións: informe do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, do 27.1.2010.

e) En materia de montes: informe da Dirección Xeral de Montes (Consellería do Medio Rural) do 12.3.2010.

f) En materia de emisións contaminantes, residuos e ruídos, informe da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 14.12.2010.

g) En materia de minas, informe da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 25.3.2011.

h) En materia de espazos naturais, informe da Dirección Xeral de Conservación da Natureza do 3.10.2011.

5. O Pleno do Concello de Irixoa aprobou provisionalmente o Plan xeral de ordenación municipal o 23.10.2009.

6. O 30.4.2010, o Pleno do Concello aprobou o documento modificado a fin de corrixir diversas deficiencias documentais e de tramitación.

7. O 25.11.2010, o Pleno do Concello aprobou o documento adaptado á Lei 2/2010, que se someteu a información pública por período dun mes, mediante anuncios no BOP do 2.12.2010 así como no xornal El Ideal Gallego do 3.12.2010.

8. O 25.11.2011 o Pleno do Concello realizou unha ultima aprobación provisional do PXOM.

9. O expediente municipal foi remitido a esta consellería para resolver sobre a súa aprobación definitiva, o 16.12.2011, con documentación complementaria do 6.3.2012. A documentación está datada en marzo de 2011 e identificada con dilixencias da aprobación provisional do 25.11.2011.

10. O 16.5.2012 tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, escrito do alcalde do Concello de Irixoa, no cal se advirte erros no expediente do PXOM elevado á CMATI para a súa aprobación definitiva, e solicita a suspensión do prazo para resolver, previsto no artigo 85 da Lei 9/2002, co obxecto de poder corrixir os erros detectados.

11. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo resolveu o 21.5.2012 atender a solicitude do Concello de Irixoa, e suspendeu o prazo de resolución.

12. O Concello Pleno de Irixoa, aprobou o PXOM o 8 de xuño de 2012.

13. O 21.6.2012, o Concello de Irixoa presenta no rexistro da Xunta de Galicia, co fin de solicitar a aprobación definitiva do PXOM de Irixoa, nova documentación que complementa á existente nesta consellería, consistente en:

- Informes do secretario e do arquitecto técnico municipais do 5.6.2012, previos á aprobación provisional.

- Certificado do acordo plenario do 8.6.2012.

- Documento completo de aprobación provisional (coas rectificacións pertinentes).

II. Análise e consideracións

Segundo o disposto nos artigos 85.7 e 227 da Lei 9/2002, para resolver sobre a aprobación definitiva, analizouse a integridade e suficiencia dos documentos que integran o plan; a conformidade do plan coa lexislación urbanística vixente e a adecuación das súas determinacións á protección do medio rural; e a incidencia do plan sobre as materias de competencia autonómica e sobre as políticas autonómicas de desenvolvemento sustentable e a articulación das infraestruturas de carácter local cos elementos vertebradores do territorio de alcance supramunicipal.

O modelo de ordenación proposto polo PXOM de Irixoa axústase no fundamental, aos criterios expresados na LOUG: recoñece o sistema tradicional de asentamentos, establece para eles unha ordenación propia, define as necesarias proteccións para os terreos que as precisan, e prevé ámbitos para o futuro desenvolvemento de usos residenciais e produtivos polo que dota o concello dunha ordenación propia cara a favorecer o desenvolvemento equilibrado e sustentable do territorio.

Logo de analizar a documentación que integra o Plan xeral de ordenación municipal do concello de Irixoa, obxecto de aprobación provisional plenaria en sesión do 8 de xuño de 2012, enténdese que a documentación presentada resolve as cuestións sinaladas no informe previo á aprobación inicial e que, por axustarse á lexislación urbanística, é apto para ser aprobado definitivamente.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do planeamento xeral correspóndelle ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co disposto nos artigos 89 e 93.4 da LOUG, e no artigo 1 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da CMATI.

III. Resolución

En consecuencia, e visto o que antecede e a proposta literal que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo,

RESÓLVESE:

1º. Outorgar a aprobación definitiva ao Plan xeral de ordenación municipal do concello de Irixoa, de acordo co establecido no artigo 85.7.a) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia.

2º. De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002 e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas do PXOM aprobado definitivamente.

3º. Notifíquese esta orde ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

4º. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2012

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas


No hay versiones para esta norma