Legislación
Legislación

ORDE do 14 de febreiro de 2012 pola que se crea un rexistro auxiliar do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia adscrito a esta consellería., - Diario Oficial de Galicia, de 29-02-2012

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Ambito: Galicia

Órgano emisor: CONSELLERIA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIONS PUBLICAS E XUSTIZA

Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 42

F. Publicación: 29/02/2012

Documento oficial en PDF: Enlace

Esta normal es una reproducción del texto publicando en el Diario Oficial de Galicia Número 42 de 29/02/2012 y no contiene posibles reformas posteriores

O Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón no seu artigo 8 que se poderán crear oficinas de rexistro auxiliares vinculadas á Oficina de Rexistro Xeral cando a distribución xeográfica, o volume ou a natureza das actividades dun órgano, servizo ou unidade o aconsellen.

A creación dos rexistros auxiliares farase por orde da consellería competente en materia de administracións públicas por proposta da consellería ou entidade que corresponda e logo do informe da Oficina de Rexistro Xeral.

A Lei 9/2010, do 4 de novembro, de Augas de Galicia (DOG número 222, do 18 de novembro) crea e regula Augas de Galicia, ente público da administración da Comunidade Autónoma de Galicia, con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins. Mediante o Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro (DOG do 13 de xaneiro), apróbase o estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia. Con data do 30 de xaneiro de 2012 celebrouse a sesión constitutiva do Consello Reitor de Augas de Galicia, o que supuxo a entrada en funcionamento do novo ente e a extinción do organismo autónomo Augas de Galicia e a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, de conformidade co disposto na disposición adicional primeira do Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro.

A actual sede da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos está na rúa Doutor Maceira, n.º18, baixo, de Santiago de Compostela. Coa entrada en funcionamento da nova entidade, estas instalacións albergarán o departamento de contratación e gran parte do persoal da área técnica de Augas de Galicia.

Durante o ano 2011, o rexistro da EPOSH xerou un total de 5.693 entradas e 1.938 saídas. Este volume de entradas e saídas de rexistro prevese que aumente ao trasladarse toda a contratación de Augas de Galicia ás dependencias da rúa Doutor Maceira.

Tendo en conta a anterior situación, resulta precisa a creación dun rexistro auxiliar dependente do rexistro xeral na rúa Doutor Maceira, n.º18, baixo, de Santiago de Compostela.

Polo exposto e en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6.ºe 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Créase o rexistro auxiliar do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia adscrito á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza seguinte:

Rexistro Auxiliar de Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira, n.º18, baixo, 15706 de Santiago de Compostela.

Artigo 2.

O rexistro auxiliar creado pola presente orde rexerase polas disposicións contidas no Decreto 191/2011, do 22 de setembro, e estará conectado á rede privada de voz e datos da Xunta de Galicia (SXPA).

Disposición derradeira primeira.

O establecido nesta orde non suporá incremento de gasto.

Disposición derradeira segunda.

O rexistro auxiliar comezará a súa actividade a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira terceira.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2012.

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza