Orde do 15 de decembro de 2009 pola que se incorpora un novo procedemento ao Rexistro Telematico da Xunta de Galicia, regulado polo Decreto 164/2005, do 16 de xuño. - Diario Oficial de Galicia, de 23-12-2009

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 249
  • Fecha de Publicación: 23/12/2009
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

O Decreto 164/2005, do 16 de xuño, crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, que permite a presentación por vía telemática de solicitudes, escritos e comunicacións. Esta orde inclúe no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, un novo procedemento, co fin de continuar impulsando o emprego de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos no desenvolvemento da actividade da Xunta de Galicia e no exercicio das súas competencias.

De conformidade co disposto no artigo 2.2º e a disposición adicional primeira b) e derradeira primeira do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, créase o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e regúlase a atención ao cidadán,

DSPOÑO:

Artigo único.

1. Inclúese no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, procedementos para os que está habilitado o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, e queda, pois, habilitado cos efectos previstos no seu artigo 5.1º, o seguinte procedemento:

PR980A Premios ao desenvolvemento de novos contidos para internet, para particulares e asociacións non empresariais sen ánimo de lucro.

2. O procedemento para a tramitación electrónica estará dispoñible no enderezo http:/www.xunta.es/servicios/.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2009.

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza


No hay versiones para esta norma