Legislación
Legislación

ORDE do 2 de marzo de 2012 pola que se suprime un rexistro auxiliar do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia adscrito a esta consellería., - Diario Oficial de Galicia, de 15-03-2012

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Ambito: Galicia

Órgano emisor: CONSELLERIA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIONS PUBLICAS E XUSTIZA

Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 53

F. Publicación: 15/03/2012

Documento oficial en PDF: Enlace

Esta normal es una reproducción del texto publicando en el Diario Oficial de Galicia Número 53 de 15/03/2012 y no contiene posibles reformas posteriores

O Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón no seu artigo 8.2 que a creación, modificación ou supresión das oficinas de rexistro auxiliares farase mediante orde da consellería competente en materia de administracións públicas, por proposta da consellería ou entidade correspondente, logo de informe da Oficina de Rexistro Xeral.

Mediante o Decreto 1/2012, do 3 de xaneiro, modifícase a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Neste decreto o presidente da Xunta de Galicia dispón que un dos departamentos que a integran sexa a Consellería do Medio Rural e do Mar.

O Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia e mediante a Orde do 5 de xaneiro de 2012, da Consellería do Medio Rural e do Mar determínase a adscrición dos órganos superiores e directivos regulados no Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro. No artigo 2 da citada orde, adscríbense á Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes os órganos dependentes das extinguidas Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais e Dirección Xeral de Montes.

Todas estas modificacións lévanse a cabo tendo sempre en conta os principios de eficacia e economía que deben inspirar a actuación e a organización administrativa así como os compromisos de austeridade e eficiencia asumidos polo Goberno galego. Tendo presente a nova estrutura e os citados compromisos que inspiran a antedita reorganización administrativa, resulta preciso suprimir o rexistro auxiliar do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia da Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, cuxas funcións son asumidas pola Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes servida polo Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

Polo exposto e en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Suprímese o rexistro auxiliar do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia adscrito á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza seguinte:

Rexistro Auxiliar da Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais situado na avenida do Camiño Francés, n.º 10, 15703 de Santiago de Compostela.

Disposición derradeira primeira.

O establecido nesta orde non suporá incremento de gasto.

Disposición derradeira segunda.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2012.

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza