Orde do 20 de maio de 2009 sobre delegacion de competencias no secretario xeral da Presidencia. - Diario Oficial de Galicia, de 27-05-2009

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 102
  • Fecha de Publicación: 27/05/2009
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

Mediante Decreto 82/2009, do 21 de abril, establécense os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, que dependerán funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sendo un destes órganos superiores a Secretaría Xeral da Presidencia.

Coa finalidade de axilizar a tramitación administrativa da xestión do personal no ámbito da Presidencia con plena garantía dos principios que rexen a actividade das administracións públicas, cómpre dispoñer a delegación de competencias na Secretaría Xeral da Presidencia.

A delegación de competencias permite a axilización administrativa necesaria, dentro do respecto aos principios informadores da actuación administrativa que se recollen no artigo 103.1º da nosa Constitución.

Na súa virtude, facendo uso das facultades que me confiren os artigos 38, 43.3º e 44 da Lei 1/1983, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, na redación dada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e de conformidade co disposto no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a prol dunha maior eficacia na xestión do persoal dependente dos órganos superiores da Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Deléganse na Secretaría Xeral da Presidencia as facultades que lle corresponden ao conselleiro en materia de persoal, en relación ao persoal dependente dos distintos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, así como as que lle corresponden en relación co organismo autónomo adscrito á Presidencia, nos termos previstos no artigo 17 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia.

Artigo 2º

As resolucións administrativas que se adopten facendo uso da delegación contida nesta orde farán constar expresamente esta circunstancia e considéranse ditadas polo órgano delegante.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2009.

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza


No hay versiones para esta norma