ORDE do 20 de novembro de 2014 de aprobación definitiva da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Verín (Ourense)., - Diario Oficial de Galicia, de 09-12-2014

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 235
  • Fecha de Publicación: 09/12/2014
  • PDF de la disposición

O Concello de Verín eleva, para a súa aprobación definitiva, o expediente da modificación puntual nº 1 do Plan xeral de ordenación municipal, de conformidade co previsto no artigo 85.7 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Analizada a documentación achegada polo Concello de Verín e vista a proposta literal que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

1. O Concello de Verín conta cun PXOM, aprobado definitivamente pola Orde da CMATI do 7 de decembro de 2012.

2. No Diario Oficial de Galicia do 15 de abril de 2014, publícase a Decisión da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 25 de marzo de 2014 de non someter a modificación puntual ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica.

3. Constan no expediente os informes municipais xurídico, do 28 de abril de 2014, e técnico, do 29 de abril de 2014.

4. O Pleno do Concello, en sesión do 9 de maio de 2014, aprobou inicialmente a modificación puntual e someteuna a información pública durante dous meses, mediante anuncios nos xornais La Región do 10 de maio de 2014 e La Voz de Galicia do 13 de maio de 2014, e no Diario Oficial de Galicia do 14 de maio de 2014. Déuselles audiencia aos municipios limítrofes de Oímbra, Vilardevós, Monterrei e Castrelo do Val.

5. En cumprimento da lexislación sectorial vixente, solicitouse e emitiuse o informe favorable da Confederación Hidrográfica del Duero, do 22 de maio de 2014, cunha serie de condicións.

6. O Pleno do Concello do 8 de agosto de 2014 aprobou provisionalmente a modificación puntual.

7. Con data do 14 de agosto de 2014 tivo entrada no rexistro da Xunta de Galicia a modificación puntual para a súa aprobación definitiva. Con data do 12 de setembro de 2014, unha vez analizada a integridade documental do PXOM, requiriuse o Concello que solventase as deficiencias. Con data do 5 de novembro de 2014 achegouse a documentación corrixida conforme o requirimento.

10. Constan no expediente os informes municipais técnico, do 30 de outubro de 2014, e xurídico, do 31 de outubro de 2014.

11. O Concello Pleno do 4 de novembro de 2014 aprobou provisionalmente a modificación puntual.

II. Análise e consideracións.

O ámbito da actuación refírese ao conxunto do termo municipal, pola introdución dalgunhas variacións normativas e de xestión.

O obxecto da redacción da modificación consiste en diversos cambios no documento de normativa e no documento de xestión do plan xeral.

Na modificación, incluíronse para unha maior claridade das alteracións propostas os textos modificados ou engadidos respecto da normativa actual do plan xeral.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do planeamento xeral correspóndelle ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co disposto nos artigos 89 e 93.4 da LOUG, e no artigo 1 do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da CMATI.

III. Resolución.

En consecuencia, e visto o que antecede, resolvo:

1. Outorgar a aprobación definitiva á modificación puntual nº 1 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Verín, de acordo co establecido no artigo 85.7.a) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia.

2. De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002 e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar no BOP a normativa e as ordenanzas do PXOM aprobado definitivamente.

3. Notifíquese esta orde ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

4. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2014

Ethel María Vázquez Mourelle

Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas


No hay versiones para esta norma