Orde do 20 de xullo de 2005 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de licenzas por estudos para o curso 2005-2006 destinadas a funcionarios docentes non universitarios. - Diario Oficial de Galicia, de 22-08-2005

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 160
  • Fecha de Publicación: 22/08/2005

De conformidade co establecido no artigo 14 da orde desta consellería do 2 de marzo de 2005 (DOG do 10 de marzo) pola que se convocaban licenzas por estudos para o curso 2005-2006, destinadas a funcionarios docentes non universitarios, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicarlle as licenzas por estudos aos profesores que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-O período improrrogable de duración das licenzas dun curso completo será, como máximo, do 1 de setembro de 2005 ao 31 de agosto de 2006, para o profesorado de educación infantil e de educación primaria e desde o 15 de setembro de 2005 ao 14 de setembro de 2006, para o profesorado de ensino secundario e de ensinanzas de réxime especial.

Nas licenzas cuadrimestrais das modalidades 4 e 5 a duración dos cuadrimestres establécese do seguinte xeito:

1. Para o profesorado de educación infantil e de educación primaria:

-Primeiro cuadrimestre, do 1 de setembro de 2005 ao 31 de decembro de 2005.

-Segundo cuadrimestre, do 1 de xaneiro de 2006 ao 30 de abril de 2006.

-Terceiro cuadrimestre, do 1 de maio de 2006 ao 31 de agosto de 2006.

2. Para o profesorado que imparte docencia no ensino secundario e nas ensinanzas de réxime especial:

-Primeiro cuadrimestre, do 15 de setembro de 2005 ao 14 de xaneiro de 2006.

-Segundo cuadrimestre, do 15 de xaneiro de 2006 ao 14 de maio de 2006.

-Terceiro cuadrimestre, do 15 de maio de 2006 ao 15 de setembro de 2006.

3. Para funcionarios dos corpos de inspectores:

-Segundo cuadrimestre, do 1 de xaneiro de 2006 ao 30 de abril de 2006.

-Terceiro cuadrimestre, do 1 de maio de 2006 ao 31 de agosto de 2006.

Terceiro.-O profesorado ao que se lle concede licenza por estudos das modalidades 2, 3 e 4, continuará condicionado ao envío do xustificante orixinal ou fotocopia cotexada do pagamento da matrícula e das taxas no centro no que se realizarán os estudos, que deberá enviar antes do 31 de outubro de 2005; en caso contrario, a dita licenza quedará automaticamente denegada.

Cuarto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) , de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2005. Celso Currás Fernández Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)


No hay versiones para esta norma