Orde do 21 de decembro de 2009 pola que se aproba o Plan de xestion de recursos piscicolas dun tramo do rio Castro, afluente do Xuvia, nos concellos de Neda e San Sadurniño. - Diario Oficial de Galicia, de 05-01-2010

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 2
  • Fecha de Publicación: 05/01/2010
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

De conformidade co disposto no artigo 68 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio, o Servizo Provincial de Conservación da Natureza da Coruña iniciou o expediente de aprobación do Plan de xestión de recursos piscícolas do seguinte tramo do río Castro, afluente do Xuvia, situado nos concellos de Neda e San Sadurniño:

Límite superior: A Ponte de Pielas (San Sadurniño).

Límite inferior: A Ponte da Coveluda (Neda).

Lonxitude aproximada: 3,77 km.

Fundamentos xurídicos.

Os plans de xestión de recursos piscícolas están recollidos no artigo 67 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, e están previstos como instrumentos que determinan as medidas de protección, conservación, mantemento e mellora das poboacións ictícolas e do seu medio nas masas de auga de especial interese para a riqueza piscícola e naquelas masas de auga en que o aproveitamento piscícola deba estar regulado con normas específicas.

A tramitación do expediente de aprobación do Plan de xestión de recursos piscícolas do tramo do río Castro antes citado axustouse ao establecido na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e ao Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais. Concretamente, na elaboración deste Plan de xestión de recursos piscícolas foron oídos o Comité Provincial de Pesca Fluvial da Coruña e o Comité Galego de Pesca Fluvial, que emitiron informes favorables sobre a aprobación do devandito plan.

Con suxeición ao establecido no artigo 68 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, o conselleiro do Medio Rural é o órgano competente para a aprobación dos plans de xestión de recursos piscícolas.

De acordo con todo o anterior,

RESOLVO:

Aprobar o Plan de xestión de recursos piscícolas do tramo do río Castro que se sinala nos antecedentes.

O contido íntegro deste plan poderá consultarse nas dependencias da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, sitas en San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela.

Contra esta orde poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición perante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses, contados ambos os dous prazos desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido, respectivamente, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 10.1º a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2009.

Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural


No hay versiones para esta norma