Orde do 22 de marzo de 2005 pola que se establecen as condicións da emisión de obrigas da Comunidade Autónoma de Galicia por importe de 200 millóns de euros. - Diario Oficial de Galicia, de 04-04-2005

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 63
  • Fecha de Publicación: 04/04/2005
  • Este documento NO tiene versiones

Con base no artigo 28 da Lei 13/2004, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005, o Consello da Xunta de Galicia, por Decreto 2/2005, do 13 de xaneiro, polo que se regula a débeda da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio 2005, autorizou a realización das operacións financeiras recollidas na indicada lei mediante a emisión de débeda pública ou a concertación de créditos, facultando, así mesmo, ao conselleiro de Economía e Facenda para que estableza as condicións das ditas operacións e dite as disposicións necesarias para tal efecto.

Mediante acordo do Consello de Ministros do 25 de febreiro de 2005, obtívose a autorización establecida no artigo 14.3º da Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo único.-Emitir débeda pública da Comunidade Autónoma de Galicia por un importe de 200 millóns de euros. Esta emisión realízase baixo a forma de obrigas da Xunta de Galicia, representada mediante anotacións en conta, ao abeiro dos artigos 55 e seguintes da Lei 24/1988, do 28 de xullo, do mercado de valores, coas modificacións introducidas pola Lei 44/2002, do 22 de novembro, de medidas de reforma do sistema financeiro, e da Lei 41/1999, do 12 de novembro, sobre sistemas de pagamento e liquidación de valores.

A emisión de débeda pública que autoriza a presente orde terá as características que se detallan a continuación:

Importe: 200 millóns de euros. Data de emisión: 11 de abril de 2005. Data de desembolso: 11 de abril de 2005. Prezo da emisión: á par, libre de gastos para o subscritor.

Nominal das obrigas: 1.000 euros. Subscrición: será realizada directamente polas entidades financeiras aseguradoras da emisión, actuando en nome propio ou por conta de terceiras persoas, os días 7 e 8 de abril de 2005.

Cupón: o pagamento do cupón será anual e vencerá o día 11 de abril de cada ano. Nos casos en que, de acordo coa lexislación vixente, sexa aplicable a devolución da retención practicada nos cupóns desta emisión, será o Banco de España quen xestione o correspondente procedemento, segundo se establece na orde da Consellería de Economía e Facenda do 16 de xuño de 2004, publicada no Diario Oficial de Galicia o día 18 de xuño de 2004.

Cotizacións: solicitarase a inscrición desta débeda pública no mercado de débeda pública en anotacións,

Iberclear, S. A., na forma prevista nos artigos 55 e seguintes da Lei 24/1988, do 28 de xullo, de mercado de valores, e nos demais preceptos legais aplicables na materia.

Fiscalidade: de conformidade co previsto no artigo 14.5º da Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas, esta emisión goza dos mesmos beneficios e condicións que a débeda pública do Estado.

Amortización: dunha soa vez á par, aos 10 anos da data da emisión.

Tipo de xuro: 3,70%. Liquidez: as entidades aseguradoras garanten durante a vida da emisión a liquidez das obrigas.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2005. Jose Antonio Orza Fernández Conselleiro de Economía e Facenda


No hay versiones para esta norma