Orde do 22 de xaneiro de 2010 pola que se resolve a integracion da Biblioteca Publica Municipal de Portomarin na Rede de Bibliotecas de Galicia. - Diario Oficial de Galicia, de 23-02-2010

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 36
  • Fecha de Publicación: 23/02/2010
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

Vista a proposta do director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, en conformidade co establecido no artigo 38 do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas,

RESOLVO:

Primeiro.-Integrar na Rede de Bibliotecas de Galicia a Biblioteca Pública Municipal de Portomarín.

Segundo.-A resolución favorable de integración estará condicionada á sinatura dun convenio onde se recolla a obriga por parte do centro bibliotecario de prestar un servizo público que deberá axustarse ao estipulado no Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, e que poderá responder nos restantes termos ás especiais características de cada tipo de centros.

Terceiro.-O prazo de sinatura deste convenio non deberá ser superior aos tres meses. De non cumprirse este prazo deixarase sen efecto a posible resolución favorable e suporá o arquivo definitivo da solicitude.

Cuarto.-O posterior incumprimento do devandito convenio poderá ser motivo de exclusión temporal ou definitiva do centro bibliotecario de que se trate da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2010.

Roberto Varela Fariña

Conselleiro de Cultura e Turismo


No hay versiones para esta norma