Orde do 23 de marzo de 2009 pola que se declara de interese galego a Fundacion Oscar Pereiro e se ordena a sua inscricion no Rexistro de Fundacions de Interese Galego. - Diario Oficial de Galicia, de 01-04-2009

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 63
  • Fecha de Publicación: 01/04/2009
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

Con data do 3 de marzo de 2009 foi publicada no Diario Oficial de Galicia a orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 4 de febreiro de 2009 pola que se clasifica de interese a Fundación Óscar Pereiro, adscribíndoa á Consellería de Cultura e Deporte, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Esta fundación, de acordo co establecido no artigo 6 dos seus estatutos, ten como finalidade a promoción e realización de actividades físico-deportivas, socioculturais e recreativas, mediante a elaboración e execución de plans de promoción do deporte dirixidos a todos os cidadáns, dedicando unha especial atención ao deporte escolar, ás actividades deportivas levadas a cabo por persoas discapacitadas, así como tamén ás prácticas deportivas que fomenten a participación e integración das persoas maiores.

A fundación prestaralle unha relevancia prioritaria á consecución do obxectivo segundo o cal os mozos e mozas en idade escolar que por calquera circunstancia se achen nunha situación desfavorable para a realización ou práctica dunha actividade deportiva, non se vexan privados da posibilidade de participaren, en igualdade de condicións, en calquera das diversas modalidades deportivas que se organicen dentro do amplo abano das actividades extraescolares.

Calquera outra finalidade que, respectando a lexislación vixente, sexa compatible cos fins perseguidos pola fundación.

Por iso, en virtude das competencias que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e segundo o establecido no artigo 5 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, e no artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declarar de interese galego a Fundación Óscar Pereiro xa que os seus estatutos cumpren as prescricións que para tal efecto sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

Segundo.-Ordenar a inscrición da Fundación Óscar Pereiro no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Consellería de Cultura e Deporte, para os efectos constitutivos que sinala a Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

Terceiro.-Esta fundación queda sometida ao disposto na normativa de xeral aplicación, en especial, á obriga de dar publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servizos. Tamén queda obrigada a renderlle contas anualmente ao protectorado e a xustificar, a través dunha memoria anual, o cumprimento da finalidade fundacional, así como a presentar o plan de actuación, con anterioridade ao inicio do exercicio económico para o que se formula e a solicitar as preceptivas autorizacións do protectorado.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2009.

Ánxela Bugallo Rodríguez

Conselleira de Cultura e Deporte


No hay versiones para esta norma