Legislación
Legislación

ORDE do 24 de maio de 2013 pola que se crea o Rexistro da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)., - Diario Oficial de Galicia, de 04-06-2013

Tiempo de lectura: 2 min

Tiempo de lectura: 2 min

Ambito: Galicia

Órgano emisor: VICEPRESIDENCIA E CONSELLERIA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIONS PUBLICAS E XUSTIZA

Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 105

F. Publicación: 04/06/2013

Documento oficial en PDF: Enlace

Esta normal es una reproducción del texto publicando en el Diario Oficial de Galicia Número 105 de 04/06/2013 y no contiene posibles reformas posteriores

A Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, na súa disposición adicional terceira, autorizou a creación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) adscrita á Presidencia da Xunta de Galicia.

En desenvolvemento desta autorización aprobouse o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos. A Amtega constituíuse o 9 de marzo de 2012 mediante celebración da sesión constitutiva do seu Consello Reitor.

Tendo en conta a especificidade da natureza das actividades da Amtega, a súa cualificación como entidade pública instrumental do sector público autonómico, o volume do seu traballo, e mesmo a súa localización, fan necesario a creación dun rexistro auxiliar conforme o previsto no artigo 8 do Decreto 191/2011, do 22 de setembro.

O Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón no seu artigo 8.2 que a creación, modificación ou supresión das oficinas de rexistro auxiliares se fará mediante orde da consellería competente en materia de administracións públicas por proposta da consellería ou entidade correspondente logo de informe da Oficina de Rexistro Xeral.

Conforme o anterior, resulta preciso proceder á creación do Rexistro da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, sito no Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia (CINC), Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Polo exposto e en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Créase o Rexistro da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, sito no Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia (CINC), Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Disposición derradeira primeira

O establecido nesta orde non suporá incremento de gasto.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2013

Alfonso Rueda Valenzuela

Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza