Orde do 25 de abril de 2007 pola que se modifica a do 23 de marzo de 2007 pola que se convocan actividades formativas de ingles, frances, aleman, portugues e de educacion fisica para o curso 2007-2008 destinadas a profesorado que imparte docencia en niveis non universitarios e se aproban as suas bases de concesion. - Diario Oficial de Galicia, de 03-05-2007

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 85
  • Fecha de Publicación: 03/05/2007
  • PDF de la disposición

Coa finalidade de clarificar a posible confusión entre o disposto no artigo primeiro, a) punto terceiro e punto noveno, e a redacción da solicitude que figura como anexo I da Orde do 23 de marzo de 2007 pola que se convocan actividades formativas de inglés, francés, alemán, portugués e de educación física para o curso 2007-2008 destinadas ao profesorado que imparte docencia en niveis non universitarios, procede realizar a seguinte modificación do seu texto:

Artigo único.-Modificación da Orde do 23 de marzo de 2007 pola que se convocan actividades formativas de inglés, francés, alemán, portugués e de educación física para o curso 2007-2008 destinadas a profesorado que imparte docencia en niveis non universitarios e se aproban as súas bases de concesión.

Un.-O artigo primeiro, a), punto noveno, queda redactado «Un curso de alemán para 10 profesores e profesoras de educación infantil, educación primaria, educación secundaria, formación profesional, educación de adultos, ensinanzas de réxime especial e persoas asesoras dos CFR, especialistas e non especialistas na lingua, que terá lugar no Goethe Institut Freiburg (Alemaña), cunha duración de 2 semanas e desenvolvido do 9 ao 20 de xullo de 2007. 9 prazas reservaranse para o profesorado e 1 para os asesores e asesoras de formación; no caso de quedaren vacantes desta reserva as prazas serán cubertas polo resto do profesorado solicitante desta actividade».

Dous.-O anexo I, punto I-Actividades. O punto 3 queda redactado como segue: «3. Curso de lingua inglesa (PES, EOI, inspectores e asesores non especialistas)».

Tres.-Os solicitantes afectados por estas correcións poderán presentar as súas solicitudes, ou correccións ás solicitudes xa presentadas, desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 11 de maio, inclusive.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2007.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria


No hay versiones para esta norma