Orde do 25 de xuño de 2007 pola que se autorizan as estadias formativas en empresas ou institucions destinadas ao funcionariado docente non-universitario para o curso 2006-2007. - Diario Oficial de Galicia, de 10-07-2007

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 133
  • Fecha de Publicación: 10/07/2007
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

En virtude da Orde do 12 de abril de 2007 (DOG do 23 de abril) pola que se convocan estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 2006-2007, destinadas ao funcionariado docente non-universitario e pola que se aproban as súas bases de concesión, vista a proposta da comisión de selección prevista no punto sétimo da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizar as estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 2006-2007 que figuran no anexo I desta orde.

Segundo.-Non autorizar as estadías formativas en empresas ou institucións que figuran no anexo II desta orde.

Terceiro.-Aceptar as renuncias aos solicitantes que figuran no anexo III desta orde.

Cuarto.-As bolsas de asistencia por día que percibirán os profesores seleccionados están cofinanciadas nun 80% polo Fondo Social Europeo.

Quinto.-Contra esta orde os interesados poderán interpoñer recurso de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán formular recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2007.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI


No hay versiones para esta norma