Orde do 26 de novembro de 2009 pola que se aproba a modificacion dos estatutos do Ilustre Colexio Oficial de Procuradores de Pontevedra. - Diario Oficial de Galicia, de 23-12-2009

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 249
  • Fecha de Publicación: 23/12/2009
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

De acordo co establecido no artigo 150.2º da Constitución española, a Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma galega, transfire no marco da lexislación básica do Estado, o desenvolvemento lexislativo e a execución en materia de corporacións de dereito público representativas de intereses económicos e profesionais.

A transferencia en materia de colexios oficiais ou profesionais fíxose efectiva a través do Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo, e asumiuse polo Decreto 337/1996, do 13 de setembro, da Xunta de Galicia, tendo a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, asignadas as competencias nesta materia, en virtude do Decreto 303/2009, do 21 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da citada consellería.

A Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais de Galicia, ditada en virtude da dita competencia, establece no artigo 18 a obrigatoriedade de comunicar á consellería competente en materia de colexios profesionais os estatutos aprobados, así como as súas modificacións.

Dando cumprimento a esta disposición o Ilustre Colexio Oficial de Procuradores de Pontevedra, acordou, en asemblea xeral que tivo lugar o 18 de setembro de 2009, a aprobación da modificación dos estatutos. Posteriormente, foron comunicados a esta consellería para os efectos da súa aprobación definitiva, despois da cualificación de legalidade, tal como dispón o artigo 18.1º da Lei 11/2001, de colexios profesionais de Galicia.

A precitada lei establece que os colexios profesionais deberán axustarse ás prescricións dos estatutos xerais do Consello Xeral. Neste caso, a modificación do artigo 30 do Estatuto xeral de procuradores xustifica a modificación do artigo 115 dos estatutos particulares do Colexio Oficial de Procuradores de Pontevedra.

Tendo en conta o exposto, e verificada a adecuación á legalidade da modificación estatutaria efectuada e en uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Aprobar a modificación dos estatutos do Ilustre Colexio Oficial de Procuradores de Pontevedra, que figura como anexo a esta orde.

Disposición derradeira

Este orde entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2009.

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administraciones

Públicas e Xustiza

ANEXO

Modificación do artigo 115 dos estatutos do Ilustre Colexio

Oficial de Procuradores de Pontevedra

Con base nas anteriores consideracións o artigo 115 queda redactado como segue:

«Artigo115º.-O procurador que cese na representación está obrigado a devolver a documentación que estea no seu poder e a facilitar ao novo procurador a información que sexa necesaria para continuar co oficial exercicio da representación procesual».


No hay versiones para esta norma