Legislación
Legislación

ORDE do 27 de agosto de 2014 pola que se crea o Rexistro Auxiliar na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) de Ourense, dependente da Consellería de Traballo e Benestar., - Diario Oficial de Galicia, de 19-09-2014

Tiempo de lectura: 2 min

Tiempo de lectura: 2 min

Ambito: Galicia

Órgano emisor: VICEPRESIDENCIA E CONSELLERIA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIONS PUBLICAS E XUSTIZA

Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 179

F. Publicación: 19/09/2014

Documento oficial en PDF: Enlace

Esta normal es una reproducción del texto publicando en el Diario Oficial de Galicia Número 179 de 19/09/2014 y no contiene posibles reformas posteriores

O Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón no seu artigo 8.2 que a creación, modificación ou supresión das oficinas de rexistro auxiliares se fará mediante orde da consellería competente en materia de administracións públicas por proposta da consellería ou entidade correspondente logo de informe da oficina do Rexistro Xeral.

A Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación é a unidade encargada de levar a cabo as conciliacións previas á vía xurisdicional social nos procedementos recollidos nos artigos 63 e seguintes da Lei 13/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación, dependente da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Ourense encóntrase na rúa Concello, nº 4 de Ourense e por tanto fóra do resto de dependencias desta xefatura territorial situadas na avenida da Habana nº 79 da mesma localidade.

Conforme o anterior, resulta preciso proceder á creación do Rexistro na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC), sito na rúa Concello, nº 4 no concello de Ourense.

Polo exposto e en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Créase o Rexistro auxiliar na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC), sito na rúa Concello, nº 4 no concello de Ourense.

Disposición derradeira primeira

O establecido nesta orde non suporá incremento de gasto.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2014

Alfonso Rueda Valenzuela

Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza