Orde do 29 de decembro de 2005 pola que se modifica a Orde do 13 de novembro de 1995 pola que se crea o polígono de viveiros denominado Portonovo D, do distrito marítimo de Portonovo, e se declaran como de reserva exclusiva as cuadrículas que o integran. - Diario Oficial de Galicia, de 20-01-2006

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 14
  • Fecha de Publicación: 20/01/2006
  • Este documento NO tiene versiones

Debido á aparición recorrente, nas augas das rías galegas, de episodios de mareas vermellas que afectan a produción de moluscos, procedeuse a reservar en exclusiva determinadas cuadrículas para o reparqueo en diversos polígonos de cultivo que presentan niveis baixos de toxicidade por fenómenos de floración fitoplanctónica, de xeito que os muluscos, unha vez autodepurados, acaden as condicións óptimas para o consumo.

Con este mesmo obxecto ditouse a Orde do 13 de novembro de 1995 pola que se crea o polígono de viveiros denominado Portonovo D, do distrito marítimo de Portonovo, e se declaran como de reserva exclusiva as cuadrículas que o integran (DOG nº 225, do 23 de novembro) .

Recentemente co obxecto de mellorar as condicións de extracción do marisqueo desde embarcación, as confrarías de pescadores de San Telmo de Pontevedra, San Andrés de Lourizán e San Gregorio de Raxó, así como da Asociación de Mexilloeiros de Combarro e Raxó, solicítanlle á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos o traslado da fila exterior de bateas do polígono Portonovo D, cara ao interior da ría de Pontevedra, mantendo a liña paralela coa fila interior por atoparse nesta zona un importante banco de ameixa babosa.

Este traslado supón unha modificación dos vértices A, B,C e D dopolígono D de Portonovo así como unha nova distribución das cuadrículas dentro do polígono de cultivo, mantendo a mesma superficie ocupada de 70.400 m 2 e a mesma capacidade de 12 cuadrículas.

Vistos os informes favorables emitidos polos organismos competentes na materia, e a proposta da

Dirección Xeral de Recursos Mariños, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Modifícase o anexo da Orde do 13 de novembro de 1995, pola que se crea o polígono de viveiros denominado Portonovo D, do distrito marítimo de Portonovo, nos seguintes puntos:

1. No referido á situación xeográfica dos vértices A, B,C e D dopolígono Portonovo D que pasan a ter a seguinte situación:

Vértice A = 42º 25’19’’, 466N 8º 42’10’’, 198W. Vértice B = 42º 25’20’’, 278N 8º 42’03’’, 281W. Vértice C = 42º 25’06’’, 187N 8º 42’00’’, 276W. Vértice D = 42º 25’05’’, 375N 8º 42’07’’, 193W. Coordenadas obtidas da carta do Instituto Hidrográfico da Mariña nº 4162, do porto de Marín.

2. No tocante á distribución das cuadrículas dentro do polígono de cultivo Portonovo D que quedarán tal e como se indica no Plano de situación das cuadrículas.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2005. María Carmen Gallego Calvar Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)


No hay versiones para esta norma