Orde do 3 de marzo de 2009 pola que se estenden aos produtores membros e non membros da Organizacion de Productores de Pesca Fresca Pescagalicia (OPP-31), da Organizacion de Productores Pesqueros de Lugo (OPP-07) e da Organizacion de Productores de Pesca Fresca del Puerto y Ria de Marin (OPP-08), determinadas normas, segundo os acordos por elas adoptados, respectivamente, o 2 de decembro e o 25 de novembro, ambos de 2008, e o 20 de xaneiro de 2009 e orientadas a mellora da sutentabilidade do xurelo procedente do arrastre de litoral. - Diario Oficial de Galicia, de 31-03-2009

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 62
  • Fecha de Publicación: 31/03/2009
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

O artigo 7 do Regulamento (CE) n° 104/2000, do Consello, do 17 de decembro de 1999, polo que se establece a Organización Común de Mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, dispón que no caso de que unha organización de produtores sexa considerada representativa da produción e comercialización nun ou varios lugares de desembarque e de que o solicite ás autoridades competentes do Estado membro, este podería decidir facer obrigatorias para os non membros da dita organización as normas de produción e comercialización decididas pola organización, sempre que estas respondan aos obxetivos de garantir o exercicio racional da pesca e mellorar as condicións de venda da súa produción.

Pola súa banda, o Regulamento (CE) n° 1886/2000, da Comisión, do 5 de setembro, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (CE) n° 104/2000, do 17 de decembro de 1999, do Consello no relativo aos non membros de determinadas normas adoptadas polas Organizacións de Produtores do sector da pesca, profunda nos requisitos e procedemento, polo que a extensión de normas das OPP aos non membros debe ser realizada.

O Real decreto 724/2003, do 13 de xuño, polo que se regulan as organizacións de produtores da pesca e da acuicultura e as súas asociacións, establece no seu artigo 1 os requisitos para o recoñecemento de Organizacións de Produtores da Pesca (OPP) e no seu artigo 10 a posibilidade de extensión das súas normas, conforme o artigo 7 do Regulamento (CE) n° 104/2000.

A Organización de Productores de Pesca Fresca Pescagalicia (OPP-31 en diante), recoñecida pola Orde do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 30 de decembro de 1986, a Organización de Productores Pesqueros de Lugo (OPP-07 en diante) recoñecida pola Orde do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 17 de setembro de 1986 e a Organización de Productores de Pesca Fresca del Puerto y Ría de Marín (OPP-08 en diante) recoñecida pola Orde do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación do 17 de setembro de 1986 solicitaron á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, de acordo cos artigos anteriores, a extensión daquelas normas que adoptaron que están orientadas á mellora da sustentabilidade do xurelo procedente do arrastre de litoral, nos acordos do 2 de decembro de 2008, 25 de novembro de 2008 e o 20 de xaneiro de 2009, respectivamente.

Sendo que a materia cuxa extensión se acorda é das relacionadas no artigo 7 do Regulamento (CE) n° 104/2000, considerando que as OPP-31, OPP-07 e OPP-08 son unhas organizacións representativas da produción nos termos previstos no artigo 1 do Regulamento (CE) n° 1886/2000, recoñecidas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e que a Comunidade Autónoma é competente para realizar a dita extensión, e tendo en conta que as normas a estender teñen unha incidencia na sustentabilidade do recurso ao limitar as descargas e comercialización de xurelo procedente do arrastre de litoral.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Pr esta orde fanse obrigatorias para os produtores membros e non membros das OPP-31, OPP-07 e OPP-08 as seguintes normas para o cumprimento das medidas orientadas á mellora da sustentabilidade do xurelo procedente da pesca do arrastre de litoral, adoptadas polas citadas OPP nos acordos do 2 de decembro e 25 de novembro, ambos de 2008 e 20 de xaneiro de 2009, respectivamente.

a) Desde a entrada en vigor desta orde e durante tres meses, limitaranse as descargas nos portos e centros de descarga e a primeira venda nas lonxas de Galicia de xurelo procedente do arrastre de litoral, á cantidade máxima de 4.500 Kg diarios por buque, debendo respectar o obrigatorio descanso semanal establecido na lexislación vixente, así como os horarios e días de actividade para esa pesquería.

b) A referida limitación aplicarase ás descargas e a primeira venda das capturas que se realicen polo conxunto da frota de arrastre de litoral nos portos, centros de descarga e lonxas de Galicia.

c) Esta limitación de descargas aplicarase aos produtores membros e non membros aos que se fai extensiva a norma desde a data en que esta resolución surta efectos.

Segundo.-Conforme o establecido no número 3º do artigo 7 do Regulamento (CE) nº 104/2000 comunicarase á Comisión Europea a extensión das normas previstas.

Terceiro.-As infraccións serán sancionadas de conformidade co establecido na lexislación vixente.

Cuarto.-Esta orde pon fin á vía administrativa, e poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte a súa publicación no DOG.

Quinto.-Esta orde será eficaz, conforme o disposto no artigo 5 do Regulamento (CE) n° 1886/2000 no prazo de 8 días desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2009.

Carmen Gallego Calvar

Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos


No hay versiones para esta norma