Orde do 30 de decembro de 2005 pola que se fixan as tarifas e os prezos correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís, expedición de carnés dirixidos á xuventude e participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, durante o ano 2006. - Diario Oficial de Galicia, de 13-01-2006

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 9
  • Fecha de Publicación: 13/01/2006
  • Este documento NO tiene versiones

Dando cumprimento ao disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, procede actualizar os prezos dos servizos prestados nos campamentos, albergues, residencias e demais instalacións xuvenís dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, ata agora fixados pola Orde do 7 de xaneiro de 2005 (DOG nº 4, do 7 de xaneiro) , así como establecer os prezos dos diferentes carnés dirixidos á xuventude que se expiden a través dos servizos de xuventude, casas da xuventude, oficinas TIVE e outras entidades colaboradoras e os relativos á participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

A Lei 6/2003, que regula as taxas, prezos e exaccións, dispón no seu artigo 51 que a contía destes se acordará por orde da consellería correspondente, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1º 1º.Os prezos exixibles pola prestación de servizos e actividades en campamentos, albergues, residencias e demais instalacións de xuventude, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade,

da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, son os que se fixan no anexo I desta orde.

2. Os prezos relativos á expedición do Carné Xove Euro‹ 26, Carné Máis, carnés de alberguista nas súas diferentes modalidades e carnés TIVE, recóllense no anexo II.

3. Os prezos relativos á participación nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade especificadas nesta orde recóllense no anexo III.

4. Estes prezos enténdense, se é o caso, co IVE incluído.

A xestión destes prezos privados farase de acordo co disposto no artigo 52 da Lei 6/2003, do 9 de decembro.

Artigo 2º 1º.Os prezos recollidos no anexo I desta orde serán expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro en función do tipo de instalación e do uso ou non da enerxía eléctrica.

2. Os grupos que usen unha instalación xuvenil terán preferencia para o uso de todas as súas dependencias. Non aboarán suplemento polo uso das pistas polideportivas descubertas, pero terán a obriga de aboar as tarifas correspondentes polo uso dos polideportivos cubertos ou ximnasios, segundo os prezos que figuran no anexo desta orde.

Artigo 3º.Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa terán un desconto do 50% sobre os prezos relativos ás actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade no Programa Campaña de Verán.

Para estes efectos, o beneficiario do desconto deberá presentar, xunto coa documentación que proceda en cada caso, unha fotocopia do título de familia numerosa onde figure.

Artigo 4º.Os usuarios do Carné Xove Euro‹ 26 e do Carne Máis gozarán en todas as actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade dun desconto como mínimo do 10% e como máximo do 50%. A porcentaxe de desconto aplicable en cada caso especificarase no folleto informativo de cada un dos programas e actividades que se leven a cabo.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 30 de decembro de 2004 pola que se fixan as tarifas e os prezos correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís, expedición de carnés dirixidos á xuventude e participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, durante o ano 2005.

Disposición transitoria

Malia o disposto na disposición derrogatoria, segue vixente o prezo do servizo (por praza e mes) nas

residencias xuvenís para estudantes contido na alínea C da Orde do 30 de decembro de 2004 pola que se fixan as tarifas e os prezos correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís, expedición de carnés dirixidos á xuventude e participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, durante o ano 2005.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Xuventude e Solidariedade para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2005. Anxo Manuel Quintana González Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

ANEXO I

Prezos relativos á utilización e os servizos prestados nos campamentos, albergues e residencias xuvenís titularidade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

A. Pola utilización dos campamentos e albergues xuvenís durante a campaña de verán establécense os seguintes prezos por praza:

A.

1. En réxime de oferta concertada (dirixida a grupos) .

A. 1.1. Campamentos:. Por quincena: 108 A.

Por día: 10,40 A.

A. 1.2. Albergues e residencias:. Por quincena: 146 A.

Por día: 15,50 A.

Estes prezos abranguen os seguintes servizos: o aloxamento, a alimentación en réxime de pensión completa, o uso das instalacións e material, o consumo de auga, electricidade e combustible, agás o material de actividades específicas de animación.

A.

2. En actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

A. 2.1. Campamentos: Promoción normal (por quincena) : 131 A.

Promoción normal (quenda de 10 días) : 99 A.

Promoción normal (quenda de 7 días) : 68 A.

Cursos de especialidade (por quincena) : 161 A.

Aulas de aire libre (por quincena) : 136 A.

Aulas de natureza (por quincena) : 136 A.

Curso de piragüismo (por quincena) : 161 A.

A. 2.2. Albergues: Promoción normal (por quincena) : 164 A.

Promoción normal (quenda de 10 días) : 108 A.

Promoción normal (quenda de 7 días) : 85 A.

Cursos de especialidade (por quincena) : 172 A.

Cursos de náutica, vela, táboa e esquí (por quincena) : 180 A.

Rutas turístico-culturais e deportivas: 180 A.

Cursos de piragüismo (por quincena) : 180 A.

A. 2.3. Campos de traballo: Ámbito autonómico e nacional (por quincena) : 72 A.

Ámbito internacional (por quincena) : 72 A.

B. Por servizos nos albergues e residencias integrados na Rede Española de Albergues Xuvenís (REAX) , establécense os seguintes prezos por persoa:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Para facer uso destes servizos deberase posuír o carné de alberguista en calquera das súas modalidades.

C. Servizo nas residencias xuvenís para estudantes (por praza e mes) , durante o curso 2006/2007, que abrangue do 1 de outubro de 2006 ao 30 de xuño do 2007.

Residentes internos: 251 A.

D. Pola utilización das instalacións recreativo-deportivas. D.

1. Uso de pavillón polideportivo cuberto: Adestramento/hora para infantís e xuvenís:

-Sen enerxía eléctrica: 7 A.

-Con enerxía eléctrica: 10 A.

Partidos:

-Sen enerxía eléctrica: 10 A.

-Con enerxía eléctrica: 19 A.

D.

2. Uso de pistas polideportivas descubertas: Ata dezaoito anos e maiores/hora:

-Sen enerxía eléctrica: 4 A.

-Con enerxía eléctrica: 7 A.

D.

3. Uso de pistas de tenis: Infantís-xuvenís/hora: 2,50 A.

Maiores de 18 anos: 3,50 A.

D.

4. Uso de piscina non climatizada: Infantís-xuvenís: 1,50 A.

Maiores de 18 anos: 2,50 A.

D.

5. Uso de material náutico: Un barco de vela media xornada: 5 A.

Un barco de vela unha xornada: 10 A.

Unha embarcación pneumática a motor media xornada: 10 A.

Unha embarcación pneumática a motor unha xornada: 20 A.

Unha canoa media xornada: 3 A.

Unha canoa unha xornada: 6 A.

D.

6. Uso de bicicletas: Unha bicicleta media xornada: 3 A.

Unha bicicleta unha xornada: 6 A.

E. Polo uso de locais: Media xornada: 6 A.

Unha xornada: 10 A.

Media xornada é unha mañá ou unha tarde cun máximo de catro horas.

O réxime de pensión completa para grupos xa inclúe o uso das dependencias necesarias para o desenvolvemento do programa.

F. Pola utilización dos campamentos e albergues para actividades recreativas ao aire libre:

F.

1. Acampadas (con tendas da entidade) : 2 euros/día e persoa.

F.

2. Actividades recreativo-culturais (convivencia) : 14,50 euros/día/grupo de ata 50 usuarios. 21,50 euros/día/grupo de 51 a 100 usuarios. 36 euros/día/grupo de 101 a 200 usuarios. 70 euros/día/grupo de 201 a 300 usuarios.

ANEXO II

Prezos pola expedición dos diferentes carnés dirixidos á xuventude.

Carné Xove Euro‹ 26: 6 A.

Carné Máis: 6 A.

Carné alberguista xove: 5 A.

Carné alberguista adulto: 11 A.

Carné alberguista grupo: 15 A.

Carné alberguista familiar: 22 A.

Carné alberguista para estranxeiros (completo) : 21 A.

Carné alberguista para estranxeiros (cupón) : 3,50 A.

Guía internacional de albergues: 9,80 A.

Carné Teacher (ITIC) : 8 A.

Carné internacional xove (IYTC) : 6 A.

Carné Student (ISIC) : 6 A.

ANEXO III

Prezos relativos á participación nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e

Solidariedade que a continuación se especifican. Os prezos establecidos entenderanse por participante, agás que se especifique outra cousa:

A. As xuntanzas de Gandarío: 20,50 A.

B. Programa Condución Segura: 25,50 A.

C. Programa Atlántida: 24,50. A.

D. Programa Os Espazos Naturais-Un Mundo Aberto: 24,50 A.

E. Xuventude Galiza Net: 36 A.

F. Encontros e congresos: 15 A.

G. Obradoiros culturais: 32 A.

H. Navegando entre culturas: 32 A.

I. Outras actividades de lecer e tempo libre: I.

1. Duración de 3 días: 20,90 A.

I.

2. Duración de 1 semana: 42 A.

I.

3. Duración de 15 días: 84 A.

J. Descubre Galicia: 42 A.


No hay versiones para esta norma