Orde do 4 de abril de 2007 pola que se aproban os plans para a explotacion de poliquetos en Galicia para o ano 2007 e se regula o seu exercicio. - Diario Oficial de Galicia, de 25-04-2007

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 80
  • Fecha de Publicación: 25/04/2007
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

A explotación de poliquetos no litoral de Galicia aumenta cada ano debido á gran demanda destas especies para o seu uso como engado na pesca deportiva, cun valor económico elevado e que constitúe para os mariscadores unha diversificación da súa actividade, que contribúe a mellora das súas rendas.

A orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, do 6 de febreiro de 1998, pola que se regula a extracción de poliquetos, vermes mariños para engado, no litoral de Galicia, outórgalles a consideración de recurso específico, e determina o acceso ás modalidades de extracción, as condicións para a súa explotación, os días e horarios permitidos para a actividade, as cotas máximas e outras normas reguladoras.

Segundo a devandita orde, no seu artigo 3º, a extracción de poliquetos, vermes mariños para engado, no litoral de Galicia, indica que a explotación de poliquetos requirirá a presentación dun plan de explotación segundo o establecido no Decreto 425/1993, do 17 de decembro (DOG nº 13, do 20 de xaneiro de 1994), polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira.

Con posterioridade a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos publica a Orde do 18 de abril de 2006 na cal se regulan os plans de explotación para poliquetos, e determina o marco para desenvolver esta actividade.

Na citada Orde do 18 de abril, e en colaboración co Centro de Investigacións Mariñas identificáronse taxonomicamente todas as especies de poliquetos comercializables, o que se completou cunha revisión bibliográfica sobre a bioloxía e ecoloxía de cada especie, da cal resulta que as especies que se explotan continúan a ser actualmente:

-Hediste diversicolor (miñoca).

-Diopatra neapolitana (miñoca de tubo, casulo).

-Lumbrineris impatiens (gavilán).

-Arenicola marina (mangón, miñoca de area).

Polo exposto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbanse os seguintes plans de explotación para poliquetos para o ano 2007, que se desenvolverán conforme o indicado no artigo 3º da Orde do 18 de abril de 2006, e as instrucións que se poidan ditar ao respecto:

-Plan de poliquetos da confraría de pescadores de Foz.

Especies: Arenicola marina.

Días máximos de extracción: 156.

Puntos de control: en Foz, saída Mañente; en Barreiros, Esteiro, saída a Barreira.

Épocas probables de extracción: de marzo a outubro, ambos inclusive.

Zona de traballo: bancos de Fondás e O Taro (ría de Foz).

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de poliquetos da confraría de pescadores de Espasante.

Especies: Arenicola marina e Diopatra neapolitana.

Días máximos de extracción: 62.

Puntos de control: punta Cabalar, peirao de Ortigueira e peirao de Ladrido.

Épocas probables de extracción: de xuño a outubro, ambos os dous inclusive.

Zona de traballo: Ladrido (peirao de Ladrido ata parque de cultivo, Laxas) Ortigueira (praia Cabalar, peirao de Ortigueira ata punta Cabalar), peirao Ortigueira (zona sur) e Senra (zona norte).

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de poliquetos da confraría de pescadores de Ferrol.

Días máximos de extracción: 106.

Puntos de control: peirao e lonxa de Ferrol, ría de Ferrol (embarcacións de vixilancia).

Épocas probables de extracción: de xuño a outubro, ambos os dous inclusive.

Zona de traballo: desde illa Redonda ata illa Castelo.

Arte ou técnica de extracción: a mergullo con subministración de aire desde a superficie.

-Plan de poliquetos da confraría de pescadores de Miño.

Especies: Hediste diversicolor, Arenicola marina, Diopatra neapolitana e Lumbrineris impatiens.

Días máximos de extracción: 140.

Puntos de control: porto e praia pequena de Miño.

Épocas probables de extracción: de marzo a outubro, ambos os dous inclusive.

Zona de traballo: Souto, Lombo Castelo de Souto, río Láncara, Salinas, río Morto, Lombo Castelo do Pedrido, Espiñeira, pta. praia Xurela, praia pequena Cebado, praia pequena Couce, Lombo Espiñeira. A Ponte do Porto, final praia grande, Seixas e río Bañobre.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de poliquetos da confraría de pescadores da Coruña.

Especies: Lumbrineris impatiens e Arenicola marina.

Días máximos de extracción: 155.

Puntos de control: zonas de extracción.

Épocas probables de extracción: de marzo a outubro, ambos os dous inclusive.

Zona de traballo: entre Pedra do Sal ata praia de Bastiagueiro.

Arte ou técnica de extracción: a pé, mergullo en apnea e con subministración de aire desde a superficie.

-Plan de poliquetos da Asociación de Mariscadores Fonte Sta. Helena de Baldaio.

Especies: Arenicola marina.

Días máximos de extracción: 24.

Puntos de control: Fonte Santa Helena.

Épocas probables de extracción: de maio a setembro, ambos os dous inclusive.

Zona de traballo: lagoa externa.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de poliquetos da confraría de pescadores de Corme-Malpica-Muxía-Camelle.

Especies: Lumbrineris impatiens.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: peiraos de Corme, Muxía, Camelle e Malpica de Bergantiños.

Épocas probables de extracción: de marzo a outubro, ambos os dous inclusive.

Zona de traballo: determinarase na resolución de apertura.

Arte ou técnica de extracción: a pé e a mergullo con subministración de aire desde a superficie.

-Plan de poliquetos da confraría de pescadores do Pindo.

Especies: Lumbrineris impatiens, Arenicola marina, Hediste diversicolor, Diopatra neapolitana.

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control: zonas de produción.

Épocas probables de extracción: de marzo a outubro, ambos os dous inclusive.

Zona de traballo: entre Punta Boxeco e Punta Curra.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de poliquetos da confraría de pescadores de Lira.

Especies: Hediste diversicolor, Arenicola marina, Lumbrineris impatiens.

Días máximos de extracción: 102.

Puntos de control: zona A (na praia da Lagoa), zona B (en Maceiras), zona C (praia de Arca).

Épocas probables de extracción: de marzo a outubro, ambos os dous inclusive.

Zona de traballo: (zona A) praia de Lagoa e Lagoa de Carrofeito, (zona B) praia de Carnota e (zona C) de Portocubelo a praia de Arca.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de poliquetos da confraría de pescadores de Muros.

Especies: Hediste diversicolor, Arenicola marina, Lumbrineris impatiens.

Días máximos de extracción: 50.

Puntos de control: Ancoradoiro, praias da Virxe, Abelleira e Esteiro.

Épocas probables de extracción: de marzo a xuño, e outubro.

Zona de traballo: de punta Uhía a punta Ínsua.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de poliquetos da confraría de pescadores de Vilaxoán.

Especies: Hediste diversicolor e Arenicola marina.

Días máximos de extracción: 72.

Puntos de control: esteiro do Rial, Saíñas e Corón.

Épocas probables de extracción: de marzo a outubro, ambos os dous inclusive.

Zona de traballo: esteiro do Rial, Saíñas e Corón.

Arte ou técnica de extraccion: a pé.

-Plan de poliquetos da confraría de pescadores de Vilanova de Arousa.

Especies: Hediste diversicolor, Arenicola marina e Diopatra neapolitana.

Días máximos de extracción: 75.

Puntos de control: zona de extracción e lonxa de Vilanova de Arousa.

Épocas probables de extracción: de marzo a outubro, ambos inclusive.

Zona de traballo: Castelete-O Rego (desde Punta Baleiro a Rego do Alcalde), Esteiro de Vilamaior, O Bote-As Carballas (desde Punta Ariño ata Punta Baleiro).

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de poliquetos da confraría de pescadores de Cambados.

Especies: Hediste diversicolor, Arenicola marina e Diopatra neapolitana.

Días máximos de extracción: 75.

Puntos de control: pendello da rúa Montesaco de San Tomé e lonxa de Tragove.

Épocas probables de extracción: de marzo a outubro, ambos os dous inclusive.

Zona de traballo: zonas de autorización, segundo a resolución de apertura.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de poliquetos da confraría de pescadores do Grove.

Especies: Arenicola marina, Diopatra neapolitana e Hediste diversicolor.

Días máximos de extracción: 88.

Puntos de control: zonas de extracción e lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción: de marzo a outubro, ambos os dous inclusive.

Zona de traballo: de punta Faxilda a ponte da Illa da Toxa e de punta Cabreirón á ponte da Illa da Toxa.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de poliquetos da confraría de pescadores de Aldán.

Especies: Hediste diversicolor, Arenicola marina, Lumbrineris impatiens e Diopatra neapolitana.

Días máximos de extracción: 36.

Puntos de control: lonxa de Aldán.

Épocas probables de extracción: de marzo a outubro, ambos os dous inclusive.

Zona de traballo: zona interna da ría de AldánBanco de S. Cibrán, praia de Vilariño e O Cagallón.

Zona externa da ría-praias de Area Brava e Castiñeiras.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de poliquetos da confraría de pescadores de Cangas.

Especies: Nereis diversicolor, Arenicola marina, Lumbrineris spp.

Días máximos de extracción: 90.

Puntos de control: zona de extracción e lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: de marzo a outubro.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de poliquetos da Asociación de Mariscadores de Vilaboa.

Especies: Hediste diversicolor, Diopatra neapolitana, Arenicola marina.

Días máximos de extracción: 50.

Puntos de control: peirao de Sta. Cristina de Cobres.

Épocas probables de extracción: de marzo a outubro, ambos os dous inclusive.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Plan de poliquetos da confraría de pescadores de Redondela.

Especies: Hediste diversicolor, Diopatra neapolitana.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: A Portela e lonxa de Cesantes.

Épocas probables de extracción: de marzo a outubro, ambos os dous inclusive.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

Artigo 2º

1. Todas aquelas persoas que queiran dedicarse á extracción de poliquetos deberán figurar nun plan de explotación e estar en posesión dun permiso de explotación de poliquetos segundo o regulado no Decreto 425/1993, do 17 de decembro.

2. Os armadores de embarcacións con permiso de explotación que inclúen artes de anzol e que estean utilizando poliquetos como engado, deberán solicitarlles ás delegacións territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos autorización para a captura de poliquetos (segundo o anexo III) indicando datas e zonas. Non poderán realizarse extraccións naquelas zonas en que existan plans de explotación.

3. Segundo a Orde do 23 de abril de 1999 modificada pola do 13 de xuño de 2001, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se regula o exercicio do mergullo profesional, a aprobación dos plans de explotación con arte ou modalidade de mergullo implica a autorización para realizar o mergullo nas zonas e período de vixencia daqueles, segundo as resolucións de apertura que sexan ditadas pola delegación territorial, sen prexuízo da correspondente aprobación para efectos de seguridade, outorgada pola Capitanía Marítima correspondente, de acordo co establecido na Orde do 14 de outubro de 1997, do Ministerio de Fomento, que establece as normas de seguridade para o exercicio de actividades subacuáticas.

Disposicións adicionais

Primeira.-Presentación solicitudes de plan para o ano 2008.

1. As solicitudes dirixiranse á conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos segundo o modelo que figura no (anexo I) da Orde de 18 de abril de 2006, antes do 31 de decembro de 2007, contará con informe favorable da/s confrarías do ámbito territorial onde se vaia desenvolver. Presentarase no rexistro da Con

sellería de Pesca e Asuntos Marítimos ou no de calquera das súas delegacións territoriais e comarcais, e en calquera dos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A solicitude virá acompañada do plan de explotación orixinal, catro copias, máis unha copia en soporte informático; no caso de que o plan se desenvolva no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas ou zona de protección ambiental engadirase unha copia para informe da administración ambiental competente.

As solicitudes virán asinadas polo representante legal da entidade; se a solicitude é para un plan conxunto deberá asinarse por todos os representantes ou constar o acordo de delegación expresa de nomeamento de representante.

2. As solicitudes ás que se refire o artigo 3º da Orde do 18 de abril de 2006, axustaranse aos modelos que figuran como (anexo II) desta orde.

3. As delegacións territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, como órganos responsables da tramitación da solicitude comprobarán que reúnen todos os requisitos. En caso contrario poráselles de manifesto por escrito aos interesados, para que nun prazo de dez (10) días remitan cantos datos, documentos complementarios e aclaracións se consideren necesarios para poder avaliar o plan. Advertido de que se así non o fixesen, considerarase que desistiron da súa petición. A documentación requirida para a emenda da solicitude deberá ser presentada no rexistro da delegación territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos a que corresponda a tramitación, salvo que no escrito de requirimento se sinale outra cousa. A documentación presentada nun rexistro distinto poderá ser non-admitida, a menos que teña entrada naquel dentro do prazo inicial de 10 días conferido para a súa entrega.

4. Non se aplicará o disposto no parágrafo anterior ás solicitudes que non veñan acompañadas como mínimo dos aspectos sinalados no artigo 2º da Orde do 18 de abril de 2006, xa que se carecen dos devanditos documentos poderán ser non-admitidos sen máis trámite.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Os plans de explotación presentados polas entidades que serviron de base para esta orde estarán dispoñibles nos servizos centrais, delegacións territoriais correspondentes da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, así como na sede das entidades responsables destes.

Segunda.-Autorízase o director xeral de Recursos Mariños para o desenvolvemento desta orde, que entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2007.

Carmen Gallego Calvar

Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI


No hay versiones para esta norma