ORDE do 4 de xullo de 2011 pola que se fixan os prezos privados que percibirá a Xunta de Galicia a través do Laboratorio de Consumo de Galicia., - Diario Oficial de Galicia, de 18-07-2011

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 137
  • Fecha de Publicación: 18/07/2011
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no capítulo III do título II o que se entende por prezos privados. No artigo 50 do referido texto establécese que «Son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos a que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestando tamén tales servizos ou actividades o sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados».

A lexislación en materia de consumo, a través principalmente da Lei 44/2006, do 29 de decembro, de mellora da protección dos consumidores e usuarios, e da Lei 12/1984, do 28 de decembro, do Estatuto galego do consumidor e usuario, recolle amplamente o dereito do consumidor e usuario á protección da súa saúde e dos seus intereses económicos e sociais.

No cumprimento deste obxectivo, o Laboratorio de Consumo de Galicia actúa como órgano de apoio para empresas ou organismos preocupados por garantir a calidade e seguridade dos produtos que ofrecen, así como de particulares que os adquiran, para o que aplicará prezos privados de acordo co establecido na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. A dita lei no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

En virtude de todo isto, por proposta da presidenta do Instituto Galego de Consumo, organismo autónomo a que está adscrito o Laboratorio de Consumo de Galicia, e logo do informe da Consellería de Facenda,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Atendendo ás condicións e circunstancias do mercado, fíxanse os prezos privados que se van cobrar no Laboratorio de Consumo de Galicia como consecuencia da contraprestación percibida pola realización dos ensaios seguintes de interese directo na determinación dos cumprimentos de calidade e seguridade dos produtos, segundo as normas vixentes en cada materia (UNE, EN, ISO, etc.):

a) Ensaios de tipo químico.

b) Ensaios de produtos téxtiles.

c) Ensaios de seguridade dos xoguetes.

d) Ensaios de seguridade de artigos de puericultura.

e) Ensaios de seguridade en electrodomésticos en xeral.

f) Ensaios en pilas e acumuladores.

g) Ensaios de seguridade en aparellos eléctricos: bases e chavetas de uso doméstico.

h) Ensaios en produtos electrónicos.

Artigo 2.

Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído.

Artigo 3. Exencións.

Os organismos da Administración pública da Xunta de Galicia, definidos no artigo 3 da Lei 6/2003, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, non estarán suxeitos a esta orde.

Disposición derrogatoria.

Queda derrogada a Orde do 12 de marzo de 2004 pola que se fixan os prezos privados que percibirá a Xunta de Galicia no Laboratorio de Consumo de Galicia, e tamén cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto nesta orde.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2011.

Javier Guerra Fernández

Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI


No hay versiones para esta norma