Orde do 7 de maio de 2009 pola que se fixa o prezo de venda ao publico da publicacion Patologias evitables con habitos de vida saludables. - Diario Oficial de Galicia, de 26-05-2009

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 101
  • Fecha de Publicación: 26/05/2009
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato, e despois de emitido informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada pola Consellería de Sanidade e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase, de ser o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2009.

Mª del Pilar Farjas Abadía

Conselleira de Sanidade

ANEXO

Patologías evitables con hábitos de vida saludables: 14 euros.


No hay versiones para esta norma