Orde do 7 de marzo de 2006 pola que se desenvolve o Decreto 146/1997, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia. - Diario Oficial de Galicia, de 20-03-2006

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 55
  • Fecha de Publicación: 20/03/2006

O Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no seu artigo 20.1º que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia exercer todas as facultades que a Lei orgánica do poder xudicial e a Lei orgánica do Consello Xeral do Poder Xudicial lle recoñezan ou atribúan ao Goberno do Estado.

Neste sentido, o Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, transferiulle á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e os servizos en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza.

No exercicio desas competencias, a Xunta de Galicia estableceu un marco normativo axeitado ás peculiaridades da nosa comunidade autónoma, a través do Decreto 146/1997, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia, que na súa disposición derradeira primeira autoriza o conselleiro competente en materia de xustiza para ditar as disposicións precisas para o seu desenvolvemento e aplicación. Por outra banda, no seu artigo 39 establécese o procedemento para a actualización das cantidades fixadas para compensar economicamente as actuacións dos avogados e procuradores en materia de asistencia xurídica gratuíta.

Os acordo asinados o 24 de setembro de 2003 co Consello da Avogacía Galega e o 19 de outubro de 2003 co Consello Galego de Procuradores, sobre a compensación económica pola asistencia xurídica galega, prevén a aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2006 da actualización de cantidades previstas nos baremos do anexo II do Regulamento de asistencia xurídica gratuíta co incremento do índice de prezos ao consumo dos anos 2004 e 2005. Segundo os datos publicados polo INE, a evolución do IPC no período indicado é do 7,8%.

Coa finalidade de proceder á actualización dos módulos e bases de compensación económica nos termos acordados, faise necesario adaptar o devandito anexo II do decreto.

Na súa virtude, e consultada a Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO:

Artigo único.-Actualízanse os módulos e as bases de compensación pola prestación dos servizos de

asistencia letrada e de defensa e representación gratuítas aplicables durante o ano 2006 e que se determinan no anexo II do Decreto 146/1997, do 22 de maio, actualizado pola Orde do 1 de abril de 2005.

Disposición derradeira

Esta orde produce efectos desde o día 1 de xaneiro de 2006.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2006. José Luis Méndez Romeu Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)


No hay versiones para esta norma