Orde do 9 de decembro de 2009 pola que se declara de interese galego a Fundacion Vigo Convention Bureau e se ordena a sua inscricion no Rexistro de Fundacions, seccion da Conselleria de Economia e Industria. - Diario Oficial de Galicia, de 31-12-2009

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 254
  • Fecha de Publicación: 31/12/2009
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

Con data do 12 de novembro de 2009, publicouse no Diario Oficial de Galicia número 222 a orde de Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 29 de outubro de 2009, pola que se clasifica como de interese para o fomento da economía de Galicia a Fundación Vigo Convention Bureau, e se adscribe á Consellería de Economía Industria, que terá que exercer o protectorado plenamente sobre ela.

Esta fundación, de acordo co establecido no artigo 4 dos seus estatutos, ten por obxecto o desenvolvemento da economía produtiva e o fomento da economía social de Galicia, mediante a potenciación e o desenvolvemento das infraestruturas turísticas e servizos específicos no campo do subsector do turismo de reunións, e a captación de congresos, convencións e viaxes de incentivo para a cidade de Vigo.

Por todo isto, e en virtude das competencias que me confire o artigo 34.12º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro (modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro), reguladora da Xunta e da súa presidencia, e segundo o establecido nos artigos 47 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, e 7.2º do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Declarar de interese galego a Fundación Vigo Convention Bureau ao cumprir os seus estatutos as prescricións que, para tal efecto, sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

Artigo 2º

Ordenar a inscrición da Fundación Vigo Convention Bureau no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Economía e Industria, para os efectos constitutivos que sinala a Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

Artigo 3º

Esta fundación queda sometida ao disposto na normativa de xeral aplicación, en especial á obriga de darlles publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos servizos. Tamén queda obrigada a renderlle contas anualmente ao protectorado e a xustificar, a través da memoria anual, o cumprimento da finalidade fundacional, así como a presentar o plan de actuación con anterioridade ao inicio do exercicio económico correspondente.

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2009.

Javier Guerra Fernández

Conselleiro de Economía e Industria


No hay versiones para esta norma