Orde do 9 de decembro de 2009 pola que se resolve a cesion en propiedade de vehiculos especialmente preparados para os concellos da Comunidade Autonoma galega que conten con servizos de policia local. - Diario Oficial de Galicia, de 22-12-2009

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 248
  • Fecha de Publicación: 22/12/2009
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

Por Orde do 29 de decembro de 2008 (DOG nº 2, do 5 de xaneiro de 2009) a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza anunciou medidas de apoio á Policía Local de Galicia, consistentes na cesión de vehículos especialmente preparados para o exercicio das súas funcións.

Analizadas as solicitudes e a súa documentación, de acordo cos criterios de avaliación recollidos no artigo 5 da orde antedita, elevouse a correspondente proposta mediante acta motivada, e de conformidade co artigo 6 da citada orde

RESOLVO:

Primeiro.-Ceder en propiedade vehículos equipados para uso da policía local aos concellos que se relacionan no anexo.

Segundo.-Notificar o contido desta resolución aos concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e a súa cesión formalizarase mediante acta subscrita pola secretaria xeral desta consellería ou funcionario/a en que delegue, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario, segundo establece o artigo 9 da Orde do 29 de decembro de 2008, pola que se anuncian medidas de apoio á Policía Local de Galicia, consistente na cesión en propiedade de vehículos especialmente preparados para o exercicio das súas funcións.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2009.

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI


No hay versiones para esta norma