Orde do 9 de febreiro de 2006 pola que se convoca para o curso académico 2005-2006 o Programa de promoción da intensificación da actividade investigadora no sistema universitario de Galicia. - Diario Oficial de Galicia, de 16-02-2006

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 33
  • Fecha de Publicación: 16/02/2006
  • Este documento NO tiene versiones

Tal como se establece na Orde do 26 de decembro de 2005 (DOG nº 250, do 30 de decembro) pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da intensificación da actividade investigadora no sistema universitario de Galicia, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establecerá anualmente, mediante convocatoria pública, o número e contía das axudas que se vaian conceder, así como os requisitos específicos dos candidatos atendendo a criterios de experiencia e calidade científica e tecnolóxica e aos obxectivos estratéxicos asociados á actividade de investigación que debe ser intensificada.

Este programa ten a finalidade de estimular as actividades de investigación de calidade nos profesores-investigadores do sistema universitario de Galicia e dos grupos de investigación a que están asociados, así como de atender ao compromiso establecido no convenio co Ministerio de Educación y Ciencia segundo o establecido na Orde ECI/1520/2005, do 26 de maio, pola que o ministerio regula o Programa I3.

O Programa de promoción da intensificación da actividade investigadora no sistema universitario de Galicia créase cos seguintes obxectivos:

-Establecer unha vía de apoio directo aos profesores-investigadores que por razón da súa actividade científica e tecnolóxica requiran incrementar a súa dedicación intensiva á función de investigación.

-Facilitarlles ás universidades a axuda necesaria para que os profesores-investigadores con actividade científica e tecnolóxica relevante e estratéxica poidan intensificar a súa dedicación a actividades de investigación, co seu equipo de investigación e dentro da mesma universidade.

-Incentivar as universidades e os profesores universitarios na procura da excelencia nas súas funcións investigadoras.

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Finalidade da convocatoria. A presente convocatoria establece as condicións, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o acceso ás axudas do

Programa de intensificación da actividade investigadora no sistema universitario de Galicia correspondentes ao curso académico 2005-2006, e determina o número de axudas para este curso, así como a contía e criterios de concesión destas axudas.

Artigo 2º.-Requisitos dos beneficiarios. Poden optar ao programa, na presente convocatoria, os profesores-investigadores con dedicación a tempo completo e, polo menos, dous sexenios recoñecidos, que desenvolvan a súa actividade de investigación nas universidades do sistema universitario de Galicia, e que cumpran os seguintes requisitos:

1. Experiencia e calidade científica curricular: En canto á produción científica, deben cumprir as condicións seguintes:

a) Ter recoñecido o total dos sexenios valorables, obtidos de forma continuada, desde que ao candidato lle fose concedido o seu primeiro tramo de investigación ata a data de publicación desta convocatoria.

b) Ter xerado unha produtividade mínima entre o 2002 e a data de publicación da convocatoria de 4 publicacións científicas de prestixio internacional que supoñan unha contribución real e non simple rutina. Enténdese por publicacións científicas os libros, capítulos de libro, revistas, publicacións electrónicas con avaliación e os artigos en revistas científicas de calquera ámbito xeográfico, así como, e para os efectos de cómputo nesta convocatoria, as patentes rexistradas.

No ámbito da arquitectura poderán contabilizarse para efectos do cómputo (a) os proxectos arquitectónicos e urbanísticos de constatable carácter innovador, avalado polos premios recibidos, polo seu impacto na literatura especializada nacional ou internacional ou por ter sido mostrados en exposicións con catálogo, así como (b) a participación relevante en exposicións de prestixio, de carácter monográfico dedicadas a un só autor.

En canto á actividade investigadora correspondente ao período comprendido entre o ano 2001 e o peche desta convocatoria, deben cumprir unha das dúas condicións seguintes:

a) Dirección de 2 ou máis proxectos financiados en convocatorias competitivas de ámbito nacional ou internacional, mantendo polo menos un proxecto activo durante o período de aplicación da intensificación investigadora.

b) Dirección, polo menos, dun proxecto de investigación financiado en convocatorias competitivas, así como convenios ou contratos de proxectos de investigación e transferencia de coñecemento con entidades públicas ou empresas privadas cun valor conxunto, como mínimo, de 120.000 euros.

2. Con carácter prioritario, que estean a desenvolver unha actividade de investigación, produción científica ou tecnolóxica que, polo seu valor estratéxico institucional e o seu carácter internacional, interdisciplinar ou cooperativo, xustifiquen a súa intensificación no ano 2006.

Artigo 3º.-Dotación, número e duración dos períodos de intensificación.

Convócanse 10 axudas á intensificación, que terán unha duración dun ano.

A axuda máxima concedida para cada intensificación será de 34.000 euros por ano e profesor-investigador, que irá destinada a:

a) Retribución ou compensación económica aplicable á substitución da actividade docente do profesor-investigador que intensifique a súa actividade investigadora.

b) Se procede, a contratación de persoal de apoio que fose necesario para o desenvolvemento, xestión ou promoción da súa actividade investigadora.

c) Se procede, a cobertura dos custos de expertos ou investigadores de alto nivel que puidesen ser necesarios para o desenvolvemento da actividade investigadora que xustifica a intensificación.

d) Outros custos que sexan necesarios para contribuír directamente á intensificación da investigación formulada.

Deste importe destinarase ata un máximo de 3.400 euros a gastos indirectos da universidade.

As axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 09.05.322C. 440.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2006. Estes fondos proceden dos orzamentos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e da transferencia correspondente do Ministerio de Educación e Ciencia, para tal efecto.

A consellería fará as achegas á universidade beneficiaria, contra entrega da certificación acreditativa de que eses fondos van destinados exclusivamente aos fins recollidos nesta orde. Pola súa parte, a universide será a encargada do pagamento aos profesores-investigadores dos correspondentes gastos asociados de acordo co establecido neste artigo. Para estes efectos, e unha vez resolta a convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades beneficiarias formalizarán convenios de colaboración anuais para o efecto de establecer os vínculos necesarios para facer plenamente efectivos os obxectivos do programa.

O período de intensificación comezará a computarse na data que se indique na resolución da presente convocatoria e non será anterior ao 1 de xaneiro de 2006.

Artigo 4º.-Formalización de solicitudes e prazo de presentación.

As solicitudes serán presentadas polo profesor-investigador que vaia intensificar o seu labor investigador, que deberá pertencer a unha das universidades do sistema universitario de Galicia, e cumprir os requisitos establecidos no artigo 2º.

O modelo oficial de solicitude, que se achega como anexo á presente orde, estará ao dispor dos inte resados nas dependencias da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria e na internet no enderezo: http://www.edu. xunta. es. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade ou do documento equivalente no caso de ser nacional doutro país membro da Unión Europea ou da tarxeta de residente, no caso de nacionais doutros países.

b) Documentos que, se é o caso, acrediten o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 2º da presente convocatoria

c) Memoria da actividade científica ou tecnolóxica que se vai desenvolver durante o período de intensificación

d) Documentos que, se é o caso, acrediten a necesidade da intensificación da actividade investigadora.

e) Declaración das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de todas as administracións públicas, consonte o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

f) Currículo normalizado, que, de non ser presentado, se tomará en consideración o correspondente dispoñible no Rexistro de Investigadores de Galicia (Riga)

O prazo de presentación de solicitudes será de 40 días naturais que se contarán a partir do día seguinte ao de publicación da presente convocatoria no DOG.

Artigo 5º.-Tramitación, selección e resolución. A tramitación das solicitudes, a selección dos candidatos, a resolución e demais trámites relacionados coa convocatoria seguirán o establecido na Orde do 26 de decembro de 2005, pola que se establecen as bases do Programa de promoción da intensificación da actividade investigadora no sistema universitario de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A presente orde sométese ao réxime de axudas públicas establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Aplicarase o Decreto 287/2000, do 21 de novembro, no que non se opoña.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2006. Laura Sánchez Piñón Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)


No hay versiones para esta norma