Resolucion do 1 de decembro de 2009, da Direccion Xeral de Saude Publica e Planificacion, pola que se fai publica a realizacion dun curso homologado de nivel cualificado para a obtencion do carne de aplicador/manipulador de biocidas. - Diario Oficial de Galicia, de 23-12-2009

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 249
  • Fecha de Publicación: 23/12/2009
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6º que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables, na Comunidade Autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai a celebrar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitados pola entidade Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso de aplicador/manipulador de biocidas. Nivel cualificado.

2. Entidade organizadora.

Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

3. Data.

O curso impartirase dous días por semana nos meses de febreiro e marzo de 2010 polas tardes das 16.00 ás 21.30 horas.

Os días 11, 18, 23, 25 de febreiro e 2, 4, 9, 11, 16, 18, 23, 25 de marzo de 2010.

4. Duración.

60 horas (avaliación 1 hora).

5. Lugar de realización.

Instalacións de Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

Avda. Primo de Rivera 4-2º, local 6-7, 15006 A Coruña.

6. Número de prazas.

Máximo 20 alumnos.

7. Dirixido a:

Responsables técnicos das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

8. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de solicitude de inscrición.

9. Presentación de solicitudes.

Segundo modelo do anexo.

10. Programa.

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

11. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Rematado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2009.

Sagrario Pérez Castellanos

Directora xeral de Saúde Pública e Planificación

ANEXO

Ficha de solicitude de inscrición

Curso de aplicador/manipulador de biocidas. Nivel cualificado

-Entidade organizadora: Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

-Data: o curso impartirase dous días por semana nos meses de febreiro e marzo de 2010 polas tardes das 16.00 ás 21.30 h.

Os días 11, 18, 23, 25 de febreiro e 2, 4, 9, 11, 16, 18, 23, 25 de marzo de 2010.

-Lugar de celebración: Instalacións de Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U. Avda. Primo de Rivera 4-2º, local 6-7, 15006 A Coruña.

-Duración: 60 horas teórico/prácticas e 1 hora proba avaliación.

-Horario: das 16.00 ás 21.30 h.

-Nº máximo de alumnos: 20.

-Prezo: 520 euros que se van ingresar na conta Biocontrol, S.L. do BBVA co número 0182 2201 45 0201581606.

Inscrición: enviar ficha de solicitude xunto co xustificante de pagamento a Biocontrol, avda. Primo de Rivera, 2º local 6-7, 15006 A Coruña. Tel: 981 24 54 18. Fax: 981 16 81 59. Correo electrónico: biocontrol@biocontrolbcl.com.

-Data límite de presentación de solicitudes: ata o día 8 de febreiro de 2010 (26 de xaneiro para empresas bonificadas).

-Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento.

Empresa

CIF

Enderezo

Localidade

Teléfono

Fax

Correo electrónico

Apelidos

Nome

NIF


No hay versiones para esta norma