RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2011 pola que se publican os modelos de solicitude de certificación de empresas no que se refire aos sistemas que conteñan determinados gases fluorados de efecto invernadoiro., - Diario Oficial de Galicia, de 18-07-2011

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 137
  • Fecha de Publicación: 18/07/2011
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

Antecedentes.

1. Os Regulamentos (CE) n.º 303/2008 e 304/2008 da Comisión, do 2 de abril de 2008, estableceron os requisitos mínimos e as condicións de recoñecemento mutuo da certificación de empresas e persoal no que se refire aos equipamentos fixos de refrixeración, aire acondicionado e bombas de calor que conteñan determinados gases fluorados de efecto invernadoiro.

2. Os ditos regulamentos foron traspostos á normativa nacional polo Real decreto 795/2010, do 16 de xuño, polo que se regula a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados neles, así como a certificación dos profesionais que os utilizan (BOE número 154, do 25 de xuño).

3. Na disposición adicional primeira do dito real decreto establécese que os certificados das empresas previstos nos artigos 8 e 9 dos regulamentos (CE) n.º 303/2008 e 304/2008 da Comisión, do 2 de abril de 2008, serán outorgados polos servizos competentes en materia de industria da comunidade autónoma.

4. Finalmente, o Decreto 100/2011, do 19 de maio, polo que se regula a distribución de competencias en materia de expedición de certificados para a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados neles (DOG número 105, do 1 de xuño) establece que será competente para emitir os certificados de empresa previstos nos artigos 8 e 9 dos regulamentos (CE) n.º 303/2008 e 304/2008, da Comisión, do 2 de abril de 2008, a consellería competente en materia de industria da comunidade autónoma.

Consideracións legais e técnicas:

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver segundo o establecido no Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Aprobar o modelo de solicitude de certificación de empresas no que se refire aos sistemas que conteñan determinados gases fluorados de efecto invernadoiro que se inclúe como anexo I a esta resolución.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE número 16, do 19 de xaneiro, e BOE número 30, do 4 de febreiro).

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2011.

Ángel Bernardo Tahoces

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI


No hay versiones para esta norma