RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2014 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de xullo de 2014 polo que se declara municipio turístico galego o concello de Sober, na provincia de Lugo., - Diario Oficial de Galicia, de 18-07-2014

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 136
  • Fecha de Publicación: 18/07/2014
  • PDF de la disposición

En cumprimento do disposto no artigo 16 do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, esta dirección dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta na súa reunión do 3 de xullo de 2014 e que a seguir se transcribe:

Declarar municipio turístico galego, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico:

• O concello de Sober, na provincia de Lugo.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2014

Mª Nava Castro Domínguez

Directora da Axencia Turismo de Galicia


No hay versiones para esta norma