Resolucion do 11 de maio de 2010, da Direccion Xeral de Ordenacion e Xestion de Recursos Mariños, pola que se establece o periodo de veda para o polbo (Octopus vulgaris) para o ano 2010. - Diario Oficial de Galicia, de 21-05-2010

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 95
  • Fecha de Publicación: 21/05/2010
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

Por medio da Orde do 22 de decembro de 2009, pola que se aproba o Plan Xeral de Explotación Marisqueira, desenvólvese o plan para a xestión da pesqueira do polbo (Octopus vulgaris) e establécense as condicións para o seu desenvolvemento.

O artigo 9.1.b) desta orde dispón que se poderá establecer un período de veda de dous meses continuados no período comprendido entre abril e setembro. Para a súa determinación terase en conta o estado do recurso e a opinión do sector afectado.

Consultado o sector, esta dirección xeral

RESOLVE:

Declarar o período de veda do polbo (Octopus vulgaris) para o ano 2010, que queda establecido entre as 16.00 horas do 28 de maio ata as 6.00 horas do 5 de xullo.

Polo tanto, neste período queda expresamente prohibida a captura do polbo (Octopus vulgaris), por medio de calquera arte, en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia. As embarcacións dedicadas á captura de polbo con nasas deberán retirar estas do seu calado e levalas a porto.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante a conselleira do Mar, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2010.

Pablo Ramón Fernández Asensio

Director xeral de Ordenación e Xestión

de Recursos Mariños


No hay versiones para esta norma