Resolucion do 15 de maio de 2009 pola que se fai publica a encomenda de xestion para a realizacion de traballos correspondentes ao Congreso Internacional Eunis-2009 (do 23 ao 26 de xuño de 2009). - Diario Oficial de Galicia, de 17-12-2009

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 245
  • Fecha de Publicación: 17/12/2009
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

Para levar a cabo os traballos arriba mencionados, a USC conta cun servizo propio baixo a forma de sociedade unipersoal de capital integramente público, denominado Unixest, S.L. tal como se recolle no artigo dous in fine dos seus estatutos.

Polo exposto anteriormente, cumpríndose neste caso os requisitos establecidos nos artigos 4, letra n) e 24.6º da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e no artigo 15 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), o reitor resolve:

Encargar directamente mediante esta encomenda de xestión os traballos de secretaría técnica (comunicación, material, eventos sociais, persoal de apoio, instalacións e espazos, aloxamento e transportes relatores e restauración/catering) polo importe de 75.658,43 euros, IVE non incluído, do congreso arriba citado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados desde a súa recepción, de conformidade cos artigos 46 e 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante o reitor da USC. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite a resolución expresa ou presunta do recurso potestativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da LRX-PAC, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2009.

P.D. (Resolución 31-7-2007, DOG do 19 de setembro, modificada por Resolución 12-5-2009, DOG do 26 de maio)

Miguel A. Vázquez Taín

Vicerreitor de Economía, Financiamento

e Infraestruturas


No hay versiones para esta norma