Resolución do 16 de febreiro de 2006, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se convocan as eleccións para a renovación dos plenos das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia. - Diario Oficial de Galicia, de 23-02-2006

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 38
  • Fecha de Publicación: 23/02/2006
  • Este documento NO tiene versiones

A Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras de comercio, industria e navegación, establece no seu artigo 9 que lle corresponde á Administración estatal determinar a apertura do proceso electoral, logo da consulta coas comunidades autónomas que teñan atribuída a competencia nesta materia, correspondéndolle á respectiva administración tutelante a convocatoria de eleccións.

Pola súa banda, o artigo 32 da Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia, e o artigo 7 do Decreto 116/1997, do 14 de maio, polo que se regula o réxime electoral das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación da Comunidade Autónoma de Galicia, sinalan que lle corresponderá ao órgano tutelar, logo da consulta ás cámaras, a convocatoria de eleccións para a renovación dos membros dos plenos destas.

Estando próximo a finalizar o mandato dos órganos de goberno das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio declarou aberto o proceso electoral para a renovación dos plenos das cámaras de comercio, industria e navegación de España e do seu Consello Superior, mediante Orde do 29 de xullo de 2005, dispoñéndose a apertura do devandito proceso o día 1 de setembro de 2005 e a súa finalización o día 15 de xullo de 2006.

Unha vez aberto o proceso electoral e transcorridos os prazos previstos para a exposición pública dos censos electorais e de reclamacións, así como o de resolución dos recursos interpostos, correspóndelle á Dirección Xeral de Comercio e Consumo, como departamento competente en materia de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia convocar as eleccións para a renovación dos seus plenos, logo de seren consultadas as nove cámaras galegas, de acordo co establecido nos artigos 32 da referida Lei 5/2004, do 8 de xullo,e 7 doDecreto 116/1997, do 14 de maio.

Por todo o anterior, logo da consulta ás cámaras, e en uso das competencias que esta dirección xeral ten atribuídas no Decreto 552/2005, do 20 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Innovación e Industria e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos,

DISPOÑO:

Primeiro.-Convocar as eleccións para a renovación dos plenos das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia.

Segundo.-Para garantir a transparencia e a obxectividade dos procesos electorais, constituiranse as xuntas electorais, a razón dunha por cada cámara

oficial de comercio, industria e navegación, na forma e coa composición e competencias previstas na Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia e no Decreto 116/1997, do 14 de maio, polo que se regula o réxime electoral das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación da Comunidade Autónoma de Galicia. As xuntas electorais terán a súa sede no enderezo social da cámara correspondente.

Terceiro.-A elección dos vogais a que fai referencia o artigo 7.1. a) . 1 da Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras de comercio, industria e navegación de España, celebrarase para todos os grupos e categorías o 4 de maiode2006, permanecendo abertos os colexios electorais desde as nove horas ata as vinte e dúas horas.

Cuarto.-O número de colexios electorais e os lugares onde se van instalar establécense, para cada unha das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia, no anexo I desta resolución.

Quinto.-Os electores que prevexan que na data das eleccións non poderán comparecer nos colexios electorais poderán exercer o seu dereito ao voto emitíndoo por correo, logo da solicitude persoal á cámara respectiva, dentro dos vinte días seguintes ao da publicación desta convocatoria, segundo modelo normalizado que figura no anexo II desta resolución e con suxeición aos requisitos e ao procedemento sinalado no capítulo VII do Decreto 116/1997, do 14 de maio.

Sexto.-Para os efectos de proceder á elección dos vogais a que fai referencia o artigo 7.1. a) . 2 da Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de España, a Confederación de Empresarios de Galicia remitiralle á secretaría de cada cámara, antes de que transcorra o prazo para a toma de posesión dos membros electos, unha lista de candidatos entre persoas de recoñecido prestixio na vida económica dentro da circunscrición da cámara. O número de candidatos que se van presentar para cada cámara serán os seguintes:

-Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, 11 candidatos para elixir 8 vogais.

-Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol, 6 candidatos para elixir 4 vogais.

-Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo, 4 candidatos para elixir 3 vogais.

-Cámara Oficial de Comercio e Industria de Ourense, 6 candidatos para elixir 4 vogais.

-Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra, 6 candidatos para elixir 4 vogais.

-Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela, 4 candidatos para elixir 3 vogais.

-Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Tui, 3 candidatos para elixir 2 vogais.

-Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo, 11 candidatos para elixir 8 vogais.

-Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa, 4 candidatos para elixir 3 vogais.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2006. Ana María Rúa Souto Directora xeral de Comercio e Consumo

ANEXO I

a) Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña:

-Colexio electoral único.

-Domicilio: Alameda, 30-1º, 15003 A Coruña.

-Demarcación: a correspondente á cámara.

b) Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol:

-Colexio electoral único.

-Domicilio: Punta Arnela, A Malata s/n, 15405 Ferrol.

-Demarcación: a correspondente á cámara.

c) Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo:

-Colexio electoral único.

-Domicilio: avda. Ramón Ferreiro, 18, 27002 Lugo.

-Demarcación: a correspondente á cámara.

d) Cámara Oficial de Comercio e Industria de Ourense:

* Colexio electoral do Barco de Valdeorras.

-Domicilio: Casa da Cultura, avda. da Estación, nº 2, 32300 O Barco de Valdeorras.

-Demarcación: O Barco de Valdeorras, A Veiga, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.

* Colexio electoral de Verín.

-Domicilio: Casa da Xuventude, avda. Portugal, nº 11, 32600 Verín.

-Demarcación: Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

* Colexio electoral de Ourense.

-Domicilio: avda. da Habana, 30 bis, 32003 Ourense.

-Demarcación: os restantes concellos adscritos a esta cámara.

e) Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela:

* Colexio electoral de Boiro.

-Domicilio: Concello de Boiro, praza do Concello s/n, 15930 Boiro.

-Demarcación: Boiro, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Porto do Son.

* Colexio electoral de Melide.

-Domicilio: edificio multiusos, praza de Universidades, s/n, 15800 Melide.

-Demarcación: Melide, Arzúa, Boimorto, Sobrado, Toques, Santiso e Vilasantar.

* Colexio electoral de Santiago de Compostela.

-Domicilio: San Pedro de Mezonzo, 37-baixo, 15701 Santiago de Compostela.

-Demarcación: os restantes concellos adscritos a esta cámara.

f) Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Tui:

-Colexio electoral único.

-Domicilio: Augusto González Besada 15-1º D, 36700 Tui.

-Demarcación: a correspondente á cámara.

g) Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo:

-Colexio electoral único.

-Domicilio: República Arxentina 18A, 36202 Vigo.

-Demarcación: a correspondente á cámara.

h) Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra: * Colexio electoral de Cangas.

-Domicilio: Casa da Cultura, r/Rodeira-Pedreira (Coiro) , s/n, 36940 Cangas.

-Demarcación: Cangas, Moaña e Bueu.

* Colexio electoral de Lalín.

-Domicilio: Casa da Xuventude de Lalín, rúa Pena Toares, s/n, 36500 Lalín.

-Demarcación: Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada, Dozón e Lalín.

* Colexio electoral de Mos.

-Domicilio: Centro de Desenvolvemento Local, estrada Peinador, nº 41, 36416 Mos.

-Demarcación: A Cañiza, Arbo, Covelo, Crecente e Mos.

* Colexio electoral Pontevedra.

-Domicilio: xardíns de Vicenti, 4-2º, 36001 Pontevedra.

-Demarcación: os restantes concellos adscritos a esta cámara.

i) Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa:

-Colexio electoral único.

-Domicilio: avda. Doutor Tourón, 46, 36600 Vilagarcía de Arousa.

-Demarcación: a correspondente á cámara.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)


No hay versiones para esta norma