Resolucion do 17 de abril de 2007, da Secretaria Xeral de Relacions Exteriores, pola que se crea e regula o rexistro de oficinas autonomicas no exterior. - Diario Oficial de Galicia, de 10-05-2007

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 90
  • Fecha de Publicación: 10/05/2007
  • PDF de la disposición

A disposición adicional primeira do Decreto 224/2006, do 30 de novembro, polo que se regulan as delegacións da Xunta de Galicia no exterior, establece que no prazo de tres meses contados a partir da súa entrada en vigor, a Secretaría Xeral de Relacións Exteriores creará e regulará o rexistro de oficinas autonómicas no exterior a que accederán, logo do oportuno inventario, aquelas oficinas de titularidade autonómica ou que exerzan calquera tipo de representación exterior baixo mandato dunha autoridade autonómica, que foran regulamentariamente creadas.

No citado rexistro consignarase o acto xurídico de creación da oficina, a identificación nominativa das persoas físicas que nela desenvolvan actividades, a localización e características das súas instalacións e o orzamento anual de que dispoñan para o seu funcionamento.

Xa que logo, logo de efectuar as consultas oportunas con todos os departamentos da Administración autonómica, cómpre dar cumprimento ao disposto naquela disposición.

Na súa virtude, logo do informe da Asesoría Xurídica Xeral,

RESOLVO:

Artigo 1º

Créase o rexistro de oficinas autonómicas no exterior.

Artigo 2º

A levanza do rexistro correspóndelle á Secretaría Xeral de Relacións Exteriores. Para tal efecto realizará os actos de inscrición, rectificación ou cancelación dos asentos, de oficio ou por solicitude de:

a) A Xunta de Galicia a través dos seus departamentos.

b) Os organismos autónomos galegos.

c) As entidades de dereito público con personalidade xurídica propia, vinculados ou dependentes da Administración autonómica.

d) As sociedades mercantís con capital público maioritario da Administración autonómica, dos seus organismos autónomos e das demais entidades de dereito público.

e) As fundacións ás que se refire a Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas cales ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación.

f) Os consorcios cuxos órganos de decisión estean integrados maioritariamente por representantes designados pola Xunta de Galicia.

Artigo 3º

1. No rexistro inscribiranse todas aquelas oficinas de titularidade autonómica ou que exerzan calquera tipo de representación exterior baixo mandato dunha autoridade autonómica, que foran regulamentariamente creadas.

2. Así mesmo, a creación de oficinas sectoriais en estados non cubertos por unha delegación da Xunta de Galicia, consignarase de oficio no rexistro.

Artigo 4º

No rexistro consignarase o acto xurídico de creación da oficina, a identificación nominativa das persoas físicas que nela desenvolvan actividades, a localización e características das súas instalacións e o orzamento anual de funcionamento.

Artigo 5º

Os datos do rexistro serán públicos e o acceso a eles polos cidadáns exercerase nos termos e condicións establecidos pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición adicional

Única.-Apróbase o inventario das oficinas autonómicas no exterior existentes, que se publica como anexo a esta resolución.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor aos vinte días da súa publicación.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2007.

Santiago Gómez-Reino Lecoq

Secretario xeral de Relacións Exteriores

Anexo

Inventario de oficinas autonómicas no exterior existentes

Oficinas de representación do Instituto Galego de Promoción Económica

País: Estados Unidos de América.

Cidade: Nova York.

Enderezo: Empire State Building, 350, 5th Avenue, Suite 2600. 10118 NY.

País: República Popular China.

Cidade: Shangai.

Enderezo: Unit 1005, Jing An Zhong Hua Building, No. 1701. BEIJING Road West. Jingan District, 2000040.

País: República Federal de Alemaña.

Cidade: Düsseldorf.

Enderezo: Immermannstr.13, D-40210.

País: Xapón.

Cidade: Tokyo.

Enderezo: Yatsuka Bledg, 8 fl.1-3-8 Hgashi-Azabu, Minato-Ku.

País: Polonia.

Cidade: Varsovia.

Enderezo: ul. Chalubinskiego, 8-pietro 36.


No hay versiones para esta norma