Resolución do 18 de marzo de 2005 pola que se convoca un curso sobre a intervención psicolóxica en catástrofes e situacións críticas. - Diario Oficial de Galicia, de 07-04-2005

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 66
  • Fecha de Publicación: 07/04/2005
  • Este documento NO tiene versiones

Dentro dos programas de actividades que o Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia ten previsto realizar no ano 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a realización dun curso sobre a intervención psicolóxica en catástrofes e situacións críticas, que deberá desenvolverse de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos. Que os responsables das agrupacións de voluntarios e dos servizos de Contraincendios e Salvamento teñan presente que as circunstancias en que se pode ver o seu persoal no desenvolvemento das súas actividades poden ser moi duras e difíciles de afrontar de maneira individual, polo que é necesario ter uns coñecementos e adquirir unhas técnicas que, aínda que básicas, lles permitan dar respostas axeitadas a tales situacións, e podelas canalizar de maneira axeitada.

Segunda.-Destinatarios. O curso vai dirixido a:

-Responsables das A. V. P. C. (presidente, xefe, subxefe e xefe de unidade) .

-Mandos do Servizo de Contraincendios e Salvamento (parques de bombeiros) .

Terceira.-Desenvolvemento.

1. Prazas: o número de prazas ofertadas para este curso é de 27.

2. Duración e datas: o curso desenvolverase durante os días 25, 26, 27 e 28 de abril de 2005, en xornada de mañá e tarde, cunha duración de 30 horas.

O horario será o seguinte: de 9.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

3. Lugar: o curso terá lugar no Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na Avda. da Cultura s/n, 36680 A Estrada (Pontevedra) .

Cuarta.-Solicitudes e prazo de inscrición.

1. A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

2. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar cuberta a máquina ou con letra moi clara a instancia que figura no anexo.

3. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 18 de abril de 2005.

4. As instancias deberán vir asinadas polo presidente da agrupación e seladas e, no caso de haber máis dunha solicitude da mesma agrupación, relacionadas en orde prioritaria. Este será requisito indispensable para ser admitido no curso.

5. As instancias deberán enviarse por correo, fax, etc. á sede do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, nº fax 986 59 09 88 ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Quinta.-Contido. Nel trataranse os seguintes temas:

-Presentación, definición de obxectivos de coñecemento e metodoloxía formativa.

-Exposición e análise posterior de contidos psicolóxicos reflectidos en determinados casos.

-Características psicolóxicas das situacións críticas nas dimensións comunitarias, grupais e individuais.

-Características psicolóxicas das situacións críticas nos roles de damnificado e auxiliador.

-Procedementos e técnicas de intervención psicolóxica con damnificados.

-Procedementos e técnicas de intervención psicolóxica cos equipamentos de auxilio e os seus compoñentes.

-Adestramento en técnicas de protección psicolóxica para equipamentos de intervención.

Sexta.-Relación de admitidos. A relación de participantes admitidos para a realización do curso exporase no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sen prexuízo da oportuna notificación aos seleccionados, con antelación á realización do curso. Tamén poden confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 00 21.

Sétima.-Certificado de asistencia. Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia e aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el, e superen as correspondentes probas de coñecementos.

Oitava.-Modificacións. O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 18 de marzo de 2005. José Antonio Vázquez Taín Director do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

ANEXO


No hay versiones para esta norma