Resolución do 18 de novembro de 2003 pola que se convoca un curso de actualización nos delictos relacionados co tráfico e os xuízos rápidos. - Diario Oficial de Galicia, de 27-11-2003

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 231
  • Fecha de Publicación: 27/11/2003
  • Este documento NO tiene versiones

Dentro das actividades programadas para o ano 2003 en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial de Pontevedra, anúnciase a celebración dun curso de actualización nos delictos relacionados co tráfico e os xuízos rápidos, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases: Obxectivos. O curso ten por obxectivo xeral dota-los policías dos coñecementos normativos e operativos fundamentais para o trámite de todo tipo de dilixencias relacionadas co tráfico e a seguridade viaria. Así como coñece-la actualización recente sobre delictos que se van axuizar polo procedemento de urxencia e tódolos aspectos relacionados con estes.

Publicación. Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, será obxecto de publicación noDiario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra.

Destinatarios. O curso vai dirixido ós membros dos corpos de policía local da provincia de Pontevedra.

Inscrición. A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas. 30 prazas. Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 11 de decembro de 2003, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial de Pontevedra-Área de Recursos Humanos e Formación (fax: 986 80 41 41) : avenida Montero Ríos, s/n, 36001 Pontevedra; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas. O curso realizarase en datas do 15 ó 19 de decembro de 2003. O horario será de 16.00 a 20.00 horas. Contido. O curso desenvolverase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse os seguintes módulos:

I. Os accidentes e os delictos contra a seguridade do tráfico, desde o punto de vista xudicial. Tipos e clases. A adopción de medidas cautelares.

II. O atestado policial. Conceptos e dilixencias xerais do atestado.

III. O atestado por accidente de tráfico. Dilixencias e informes necesarios que deben completa-lo atestado. A investigación de accidentes de tráfico.

IV. A alcoholemia nos conductores. A intervención policial nestes casos. Dilixencias que deben desenvolver segundo as circunstancias.

V. Outros delictos contra a seguridade do tráfico. A importancia destes. A instrucción de atestados e as dilixencias que comprenden.

Relación de admitidos. A relación de admitidos farase publica o día 12 de decembro a partir das 14.00 horas, tanto pola Deputación Provincial de Pontevedra como pola Academia Galega de Seguridade, que os interesados poden coñecer e confirma-la súa asistencia chamando ós teléfonos: 986 59 00 21 (AGS) ou 986 80 41 00, ext. 306/307 (Área de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Pontevedra) .

Lugar. O curso desenvolverase no Concello de Sanxenxo, no Auditorio Municipal do Pazo Emilia Pardo Bazán, avda. Miraflores, s/n.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións. Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial de Pontevedra, se é o caso, poderán modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración eás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 18 de novembro de 2003. Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez Director xeral da Academia Galega de Seguridade

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)


No hay versiones para esta norma