Resolucion do 2 de decembro de 2009 pola que se fai publico o acordo plenario polo que se establece o numero, a distribucion de asuntos e a composicion das seccions do Consello Consultivo de Galicia para o ano 2010. - Diario Oficial de Galicia, de 22-12-2009

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 248
  • Fecha de Publicación: 22/12/2009
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 282/2003, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia esta presidencia

resolve:

Facer público o acordo plenario, do 2 de decembro de 2009, do Consello Consultivo de Galicia, polo que se establecen o número, distribución de asuntos e composición das seccións do devandito Consello Consultivo para o 2010, do teor literal seguinte:

Segundo o disposto nos artigos 15 e 16 da Lei 9/1995, do 10 de novembro, de creación do Consello Consultivo de Galicia e nos artigos 16 e 18 do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 282/2003, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia, na súa reunión do día 2 de decembro de 2009

ACORDA:

1. Establecer o número e composición das seccións do Consello Consultivo de Galicia en relación coas solicitudes de ditames correspondentes ao ano 2010 da forma seguinte:

-Sección primeira:

Presidenta:

Mª Teresa Conde-Pumpido Tourón.

Vogais:

Francisco Javier D'Amorín Viéitez.

Carlos Martínez-Buján Pérez.

José Luis Costa Pillado.

Secretario:

José Carlos López Corral.

-Sección segunda:

Presidente:

José Gonzalo de la Huerga Fidalgo.

Vogais:

Francisco Javier D'Amorín Viéitez.

Carlos Martínez-Buján Pérez.

José Luis Costa Pillado.

Secretario:

Juan José Gallego Fouz.

2. A distribución de asuntos entre elas efectuarase por quenda alternativa segundo a orde de entrada da solicitude de ditames.

3. Que, de acordo co parágrafo segundo do citado artigo 18, se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2009.

Mª Teresa Conde-Pumpido Tourón

Presidenta do Consello Consultivo de Galicia


No hay versiones para esta norma