RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2013, da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de novembro de 2013 polo que se declaran festas de Galicia de interese turístico a Feira Franca Medieval de Betanzos, a Festa da Anguía e Mostra da Caña do País de Valga e a Festa da Vieira de Cambados., - Diario Oficial de Galicia, de 12-12-2013

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 237
  • Fecha de Publicación: 12/12/2013
  • PDF de la disposición

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, esta dirección dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta na súa reunión do 28 de novembro de 2013, que a seguir se transcribe:

«Declarar festas de Galicia de interese turístico, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, as seguintes:

- Feira Franca Medieval de Betanzos, que se celebra no segundo domingo do mes de xullo e toda a fin de semana correspondente, no concello de Betanzos (A Coruña).

- Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, que se celebra na última semana do mes de agosto, no concello de Valga (Pontevedra).

- Festa da Vieira, que se celebra do 18 de xullo ao 21 de xullo, no concello de Cambados (Pontevedra)».

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2013

Mª Nava Castro Domínguez

Directora da Axencia Turismo de Galicia


No hay versiones para esta norma